Interior da clinica do doutor Villar na rúa Pereira 3, fotografia publicitaria de Pedro Ferrer. ano 1903
Non quero enganarvos, por iso recoñezo que esta fotografía ocupa o lugar doutra, por vagancia. Espero que os García del Villar non mo tomen a mal; outro día falarei do seu avó, (nalgún momento, xa o citei), e outro día retomaremos ao matrimonio Dainow.
Realmente hoxe quería falarvos de Mr. Cheriguain, don Arménak, pero non atopo a fotografía que teño do interior da súa consulta en Progreso 40 - 42, e se a do doutor Villar na súa consulta da rúa Pereira 3 (Avda. de Pontevedra). Para o caso valerá.
Pois ben Don Armenák, vencendo as reticencias que suscitaban as súas orixes, era de Constantinopla Turquía, (recordade as incursións de piratas turcos na costa galega, Apunte de Pastor Fabrega); conseguiu facerse un oco na sociedade Ourensá de principios do século XX, o seu bo facer como dentista, colaboro a iso, pero o seu matrimonio coa que cremos filla de Manuel Vales Penedo, (podería ser neta, pero a información facilitada polos actuais descendentes, e a similitude de nomes de pai e fillo complican a confirmación), pintor e fotógrafo Ourensán autor da restauración e mellora das pinturas do altar maior da catedral ourensá, rematou por facilitar a súa integración na nosa cidade.
Espero que o amigo David Simón, (investigador da historia médica da nosa cidade), poida aclararnos máis datos deste profesional, e de quen supomos o seu fillo, Atilano (Atilano Moreno?), quen mantivo a clínica aberta, ao trasladarse don Arménak a Xixón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario