Sabedes que non me custa nada agradecer a colaboración que me prestades, sen ela non sería quen de seguir achegando entradas ao blogue.Consejos y avisos
31/10/09
Crónica de los Obispos de Orense (1897)
Sabedes que non me custa nada agradecer a colaboración que me prestades, sen ela non sería quen de seguir achegando entradas ao blogue.30/10/09
O matasellos de Villaza
Desas cousas, que algúns gardamos, case sempre por unha motivación sentimental, quérovos ensinar hoxe esta, digamos carta, que me presta o amigo Afonso Bayón.Non é máis que un papel, como diría máis dun, pero ten algo especial, o cuño é do pobo de Villaza, ao cal está moi vinculado Alfonso.
O caso é que se vos fixades pode ser que ao amigo Secundino Lorenzo (Chicho), (do que tedes varios enlaces ás súas páxinas á dereita do blogue), tamén lle resulte interesante este simple papel, xa que por algún motivo cítase ao pobo de Alberguería; e enlazando con este segundo pobo, seguro que ao amigo Lisardo Mazaira, (o meu mellor colaborador), tamén lle toca un pouco a fibra, xa que ese era o pobo da súa señora.
Parece mentira, un simple papel, sen valor económico, e con todo que poida ter gran valor, ¡non todo é diñeiro!.
As explicacions escritas a maquina debaixo da carta, son do propio Alfonso.
Fútbol dos 50
Levaba tempo sen traer ao blogue imaxes futboleiras, pero revisando fotografías, en busca dalgunha que ilustre unha entrada do Seminario, entre as que me prestou o meu amigo Andrés Iglesias, atopei esta bonita imaxe.29/10/09
El Circo de los Horrores "Psicosis"
supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.Pequena Historia Fotografíca Ourensana XI "Luis Ksado" 1898
Xa en varias entradas, apareceu este artista, e algunha das súas obras, e a pouco que vos fixedes nelas, notardes que para min era un gran descoñecido, se que coñecía a súa obra, mais da súa biografía ignorábao todo.28/10/09
Seguimos co San Domingos
Xa sei que non e preciso lembrar que o final o edificio de Facenda, ou millor dito, de Hacienda, ou Delegación de Hacienda, (que Facenda e outra, e esta noutro edificio), levantouse, no solar do convento dos Dominicos, seguindo o plano que tedes enriba.
Non teño documentación que o acredite, pero xa estades cansos de pasar por esa rúa, e sabedes que por fin, o Bispo e o Parroco conseguiron o seu obxetivo, e a casa Parroquial tivo o seu terreno, estes obreros que vedes na fotografía, estaban a facer o edificio, pero no plano non entrou o pequeno solar da parroquia.27/10/09
Comida a la tropa en Panxón (Santiago Mosquera)
Non me decato de porqué había tanta tropa en Panxón, pois por eiquí moitos tiros non houbo, pero o caso é cas familias dos "bañistas" de Panxón decidiron darlles de xantar.
Nela aparece en primer termo a miña nai, non se pode negar que guapa, con dous caldeiros que debían conter o rancho e detrás toda a tropa sentada, e moitos deles non poden resistir a tentación de mirarlle as pernas, ou mais ben onde as costas perden o seu honesto nome.
26/10/09
Farmacia Bouzo
Grazas a amabilidade do amigo e colaborador Alfonso Bayon Nieto, podo ensinarvos esta xoia de imaxe, que atesora unha gran parte da historia da Farmacia en Ourense.25/10/09
Aguas de Villaza
Grazas á colaboración de Alfonso Bayón Nieto, (que seguiredes gozando en próximas entradas, a do
luns por exemplo), puiden realizar esta entrada.
coa colaboración da banca "Fuentes", lanzo internacionalmente este produto, e certamente con gran éxito; proba diso son os anuncios publicitarios que vos mostro, e moitos mais que se poden atopar nos diarios da epoca, tedes por exemplo un insertado no diario "La Vanguardia" do día 25 de febrero do 1906, na que nos dice "Especiales para el estomago y vias urinarias, facilitan la digestión, y no debilitan", o iste outro aparecido no diario "El Castellano" de Toledo, o día 30 de Marzo de 1917, no que a califica como "Reina de las de mesa".
24/10/09
Almacenes Duran
Xa apareceu unha referencia a este local, con anterioridade no blogue, daquelas tratábase dun abanico dos que se regalaban nas salas de cine, como reclamo publicitario, (moi efectivo, dado a súa utilidade nas salas que naqueles anos creo non equivocarme, ao dicir que carecían de aire acondicionado).
23/10/09
A Rúa Pereira (Avda. de Pontevedra)
A rúa Pereira, hoxe avenida de Pontevedra, non sempre presento o aspecto con que hoxe coñecémola, aínda que a escaseza de imaxes dela na que non estivese feito o edificio de Alfredo Romero, (por certo creo que xa vos comentei nalgunha ocasión, que naceu con vocación de hotel de luxo, aínda que finalmente dedicouse ao comercio, e hoxe niso continua, aínda que tamén acolle a unha residencia da fundación San Rosendo na súa parte alta), fainos ter unha imaxe fixa dela.22/10/09
Ano 49 os de cuarto do Instituto
Como me gusta o antigo, hei de ser coherente, e por iso admito que a autoridade censúreme, esta entrada tiña outro texto, no cal facía un comentario sobre o programa da escola do 1963, o light "San Severo".
Nas fotografías estan os rapaces de cuarto, e tamen outros de menos idade, daquelas ver unha maquina de fotos e querer chupar camara era todo un.
21/10/09
A rúa Curros Enriquez
A calidade da imaxen, non da pra mais, pero o pouco que se ve penso que e interesante.A fotografia corresponde o ano 1954, e foi feita por Bouzo, daquelas "Autos Santa Rita", ainda non lucia os Ferrari nin Porsche que se ven hoxe nesa esquina, mais que nada porque o que ahí habia era un taller de reparación, e nunha epoca, se non me trabuco, as oficiñas provisionais da Union Cristalera, que xa apareceron nunha imaxen da batalla de Flores, dixome un amigo que na traseira da mazá do lado , a do cine Avenida, habia un campo pechado, onde os rapaces xogaban o fútbol, partidos que remataban trinta - trinta e tres, (ou moi bos eran os dianteiros, ou si non xogaban sen porteiro, non polo que me dín, o partido arrancaba as tres, e remataba as oito, eso si que era forma fisica!!!).
O lado do Goberno Civil, ainda estaban a facer o pan, na Cooperativa Civico Militar, xa que a torre ainda se ia facer esperar.

Breve historia dos Maristas Ourense 0
Antes do verán, algún de vós preguntoume onde se podería conseguir o libro que con motivo do centenario da presenza Marista en Ourense publicou o ano pasado a editorial Edelvives. Loxicamente remitinos á dirección do centro, onde se, que de haber exemplares, con gusto daranllos.Parece ser que a algún lles pilla un pouco lonxe o colexio, (sen citar nomes), direivos que os antigos alumnos, andan distribuídos por toda España, ao meu mail chegaron peticións de Madrid, Barcelona, Canarias, etc., e algún un pouco máis lonxe, (E.E.U.U. por exemplo).
Debido a iso, e mentres non vos facedes con el, intentarei en varias entradas, mostrarvos un pequeno resumo, do traballo do irmán José Diego Nicolás das Heras, e de Dona Ana Martin Tolivia.
Algunha fotografía estará xa repetida no blogue, pero por seguir o fío da historia, publicareinas, (a modo de recompensa), incluirei algunha mais, das que ten o Arquivo fotográfico de Maristas, e non foron publicadas.
Espero que vos guste.
"CIEN AÑOS ENSEÑANDO A CRECER"
Irmans que formaron a primeira comunidade ourensá, posiblemente cos Irmáns Richard y Bertuald, (ano 1908)Os Irmáns Richard y Bertuald de Pontós Xirona, (procedían da casa de Aubenas Francia) deron o salto ata o occidente español, pondo en marcha a casa de Lugo, o 1 de Setembro do ano 1907.
Os poucos pensaron en Ourense, como a seguinte casa Marista, e o ver a acollida que lle dispensaba o Bispo Illundain, puseron en marcha o proxecto.
En Ourense o ano 1908 (entre os meses de Febreiro e Marzo) instálanse de aluguer no primeriro piso do nº 12 da rúa San Miguel. (no baixo esta hoxe o Restaurante San Miguel), os primeiros irmáns Maristas, Joseph-Amarin (director), Ernest-Paul (subdirector), Jean Photius (cociñeiro), Bernardom Sylvianus, Cyrille, De Néry (que seria sustituido no Nadal polo irmán Marie-Fortune).
Na web do colexio www.maristasourense.com podedes ver moitas destas imaxes, e algunha mais.
20/10/09
El Cortijo
Cando me deixaron esta fotografía, só fáltoume chorar, e é que non sei vós que recordos tedes deste local, pero os meus asegúrovos que son moi doces.Pido desculpas aos seus propietarios, e aos que esperabades datos do edificio, pero hoxe non toca (non sei quen dicía iso).
A imaxe corresponde a unha época, na que eu só entraba e saía do local, desde o cristal da barra-neveira, pedía o meu "soft" (como anos despois souben que se chamaba), aínda que a frase real, era: "deáme un de nata da maquina", iso, acompañado do importe, e eiquí viña o problema, cando a economía era precaria, cousa moi habitual, tiñas que conformarche cun de 10 ó 15, e neses, o cucurucho era de "palla", ahhhh!!!, pero cando tiñas cinco pesos e pedias o de 25 co seu barquillo, iso era un autentico pracer, aínda que tamén é certo que no momento que o xentil camareiro, (amigos en certas épocas), entregábache ese prezado artigo, comezaba unha carreira contra o tempo (sempre perdida), para que non acabase "escurruchando", (goteando) o prezado xeado no pantalón.
Anos despois, cando logo de duras batallas entre o Concello e os comerciantes da zona peonalizouse a rúa, descubrín a terraza; e con ela outros pequenos ou grandes praceres, segundo o día. Non sei se todos compartiredes comigo o gusto polos xeados, pero para os que non o coñecestes, direivos que tiñan unha copa especial, chamada "Copa Galicia", (nada que ver coas que organiza a Xunta), nove bólas de xeado ao gusto, regadas con nata e siropes varios, e por iso da dieta saudable, adornada con froitas variadas. Agora que o penso, aínda que eu nunca lle notei cheiro algún, debía emanar algún tipo de efluvio atrayente porque era deixala o bo do "Pereira" enriba da mesa, e a non tardar aparecer pola rúa do Paseo algún parente ou amigo sen présa, disposto a reclamar unha culleriña de apoio, e botarme unha man en aras do coidado da miña saúde, e o meu tipito.
Outro día seguirei, que agora mesmo teño que facer un recado cerca do parque do San Lazaro urxentemente.
Sempre nos quedara o Fri-flan da Ibense.
19/10/09
Buscando datos dos seus devanceiros
La semana pasada, os presente a Don Felisindo Romero Peláez, de quien su nieta Carmiña Romero está buscando datos desde Costa Rica.Gracias a vuestra ayuda, aunque sin confirmación fidedigna, intentaremos seguir avanzando.
Hoy os voy a dar dos datos que me han remitido, y necesitan de confirmación:
Por los apellidos, fechas y ubicación, Don José Romero Romero, padre de Don Felisindo, podría perfectamente ser hermano, o pariente al menos de Don Daniel Romero Romero, socio fundador de la desaparecida Banca Romero (de Don Pedro Romero Muelas), de Ourense, de ser así habrá que intentar buscar datos en Puebla de Sanabria, Zamora de donde era originario Don Pedro.
Por otra parte, me comentan que el apellido Peláez, de mas escasa difusión, está y/o estuvo relacionado con el apellido Coleman, (un mail de última hora, me comenta también la posibilidad de la relación del apellido Peláez en Xinzo, con el de Bobillo).
Sería necesario que alguien tirara del hilo en la otra rama, la de los Alonso del Pino, de los cuales no tenemos realmente ningún dato de su procedencia. Por si sirve de ayuda, Carmiña nos da los datos que ella tiene, lógicamente posteriores a los que buscamos, pero por si ayudan en algo, os los trasmito.
PRIMERA GENERACIÓN
-Felisindo Romero Peláez y su esposa Carmen Alonso del Pino, esposos, emigran a Costa Rica.
Con ambos emigraron también sus respectivos hermanos Manuel Romero Peláez y José Alonso del Pino (tíos abuelos míos)
SEGUNDA GENERACIÓN
Vinieron con sus tres hijas mayores, éstas nacidas en España de nombres;
Maruja-María del Carmen y María del Pilar
En Costa Rica tuvieron a:
Guillermo Serafín-María de los Ángeles-Félix-Enrique y María de la Luz.
La fotografía que ilustra esta entrada, es una muestra de agradecimiento de Carmiña, y se trata posiblemente de una de las fotografías del viaje que llevo a Don Felisindo hacia las tierras de Costa Rica.
18/10/09
Dende o Hotel Barcelona
Nos anos 50 e antes, xa existia eso da movilidade xeografica, referente o traballo; proba delo son estas fotografías feitas neses anos polo zaragozano tristemente falecido Don Jose Simón Simón, pai do doutor Don David Simón Lorda.
Don José recalou por primeira vez na cidade o ano 55, pra traballar como enxeñeiro técnico de obras públicas na Empresa Cachafeiro e logo para o Estado central/autonómico, durante unha desas estancias, fixo estas fotografías, que hoxe podemos disfrutar todos.
Comentame o seu fillo David: "as fotos son probablemente de 1957-8 e están feitas desde a fiestras do Hotel Barcelona, lugar onde se aloxou nos seus inicios e idas e vindas a Ourense".
17/10/09
Avance de la Provincia de Orense 1923-1929
16/10/09
Atenas de Galicia
15/10/09
Estampas de Galicia
O autor desta obra, será o próximo en figurar na "pequena historia fotografica ourensana" pola súa orde cronolóxica (pode que vos sorprenda a algún, pero así e, de feito formouse en Ourense coma fotografo), pero hoxe non recala no blogue por haber traballado en Ourense, se non por esta obra que realizo nos anos 30.
14/10/09
O edificio Simeón e o Padre Feijóo

Se queredes datos da estatua, visitade o enlace á web http://www.canedo.eu/, que aquí vos deixo.13/10/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana X "Jaime Pacheco" 1892-1899

Dos fotografos de principios do século, as datas son aproximadas, co cal o orden non e definitivo
12/10/09
Don Felisindo Romero Peláez
Esta entrada es de las que más placer me produce, escribir; nunca pensé que este blog, fuera algo más que un mero entretenimiento para mí y mis queridos lectores, y de paso colaborar a que no se olviden imágenes y nombres que forman parte de nuestra historia.Hace unos días recibí este mail, que reproduzco en parte.
"Buenos días
Soy nieta e hija de emigrantes gallegos, le escribo desde San José Costa Rica. Mi nombre es Carmiña Romero.
Mi familia emigró a América a principios del siglo XX, y tanto mis abuelos como mis padres y mis tíos han fallecido ya.Ya no nos queda ningún vínculo con España, solo lo que nos contaron nuestros mayores, y alguna que otra foto. De los parientes que puedan haber quedado no sabemos nada.
Entre una de mis posesiones más queridas, tengo una fotografía de mi abuelo Felisindo Romero Peláez Romero Peláez……"
En muchos de los mails que recibo, se me pide ayuda en forma de fotografías, y siempre que me resulta posible, intento complacer la petición, en este caso es más complicado, pero por intentarlo no se pierde nada.
Le pedí a Carmiña más datos, y al día siguiente me los facilito, junto con esta preciosa fotografía de su abuelo, (el estado de conservación de esta, pone de manifiesto el cariño con que se ha guardado).
Aquí os los dejo, esperando que entre todos seamos capaces de ayudar a Carmiña a recomponer la historia de su familia.
-Felisindo Romero Peláez: nació el 25 de octubre de 1870 en Xinzo de Limia, hijo legítimo y de legítimo matrimonio de José Romero Romero y Teresa Peláez Peláez. Así figura en el Libro V de bautizados folio 17vt., en la Parroquia de Santa Mariña de Limia.
Los padres de Felisindo eran por su cuenta cada uno hijos de primos hermanos (por eso los apellidos dos veces) y luego estos al casarse tienen su descendencia con los apellidos intercalados, por lo que tenían doble consanguineidad, muy común en pueblos chicos.
Su esposa y sus hijos no figuran en esta parroquia, por tanto suponemos se debió casar e ir a vivir en el pueblo de su esposa, donde bautizarían a sus hijas.
Felisindo emigró a Costa Rica a principios del siglo XX, probablemente en 1906
Carmen Alonso del Pino: hija de Serafín Alonso y Juanita del Pino.
Sé que ella era gallega, pues no hablaba español bien.
Tengo algún dato más de otros familiares, pero es necesario reordenarlos, por lo cual os los daré en otra entrada, aparte de que creo que es mejor ir por orden, y estos datos son los de más antigüedad.
11/10/09
Cronica de la Provincia de Orense
10/10/09
Semanario "La Republica" Ourense 1902
9/10/09
De novo o San Lazaro
Non pasou ainda tempo pra que esquecerades a fotografía anterior que vos mostrei deste rincon, mais que coñecido da cidade.8/10/09
Solidaridad
Dos compañeros de la blogosfera,
y Ángel Cabrera (http://blog.artecar24.com/),
No esperéis encontrar un artículo de calidad literaria, simplemente, es un recuerdo.
Solidaridad, honestidad, respeto, esfuerzo, compromiso y unos cuantos más de los que se entiende, son los valores que permiten la convivencia, cada día se ven mas desplazados por el peor enemigo de la humanidad, “el egoísmo”.
Del enemigo no os voy a hablar, ya lo conocemos muy bien. Lo que quiero, es recordaros una anécdota que se convirtió en marca de identidad del gran y entrañable Charlie Rivel.
“En una actuación entraba Charlie con su habitual maquillaje
a la pista, cuando desconsolada y escandalosamente un pequeñín comenzó a llorar.Charlie regresó al centro de la pista, y tras un breve instante de reflexión, comenzó a emitir su famoso aullido con sorpresa de todos los asistentes. De forma casi inmediata, el pequeño cesó de llorar. Charlie lentamente se fue acercando envuelto en sus llantos, y al llegar cerca del pequeño, este le observó y de forma inesperada, ofreció su chupete a Charlie.
A los que conocíais la anécdota os pido disculpas, y a los que no, espero que os haya gustado.
Creo que es la mejor forma de explicar que la solidaridad es algo innato en el ser humano, somos capaces de anteponer la necesidad de los demás a la nuestra. El problema es que en vez de cultivarla, solemos dejar que se marchite.
* Si queréis saber mas de la anécdota visitad estos enlaces.
http://es.wikipedia.org/wiki/Charlie_Rivel
7/10/09
A Catedral de Ourense
Envíame o amigo Santiago Mosquera, unhas fotografías, que atopou na Web do ateneo de Madrid ( http://www.ateneodemadrid.com/ ).
6/10/09
O carrito do Mangana
Fai uns días, estaba agardando a un amigo, preto dunha das paradas do autobús que temos na cidade, e de raspallón escoite esta conversación, que vou a transcribir; os personaxes eran: un señor que debía pasar con fartura os setenta anos e unha señora que non chegaba aos cincuenta, o señor chega á parada onde xa estaba a señora, e saúdaa:5/10/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana IX "Foto Chao (Ribadavia)l" 1900?
Ao falecer Don Serafín no ano 1907, o estudo pasa por herdanza á súa irmá Asunción, casada con Don Luís Chao Sobrino; a falta de coñecemento da técnica fotografica fai pensar nun primeiro momento ao matrimonio en vendelo, pero finalmente Don Luís decide intentar adquirir a formación necesaria, e continuar coa empresa; para iso trasládase a Ourense (onde non puiden saber quen foi o seu mestre, aínda que existían poucas opcións), pero polos datos que teño, Don Luís non quedo plenamente satisfeito, tendo que terminar de formarse pola súa conta.O espírito emprendedor deste cabaleiro, non lle permitía arredrarse ante as dificultades, (chego a xestionar á vez, unha xoiería, o estudo fotográfico, unha mercería, unha fábrica de confección de roupa, e unha fábrica de cadaleitos), e con esforzo, conseguiu dominar a técnica fotografica.
Especializouse na fotografía de estudo, e aos poucos foi formando aos seus fillos para que puidesen continuar os seus negocios; pero iso será outra historia.
Actualmente consérvase gran parte da súa obra, depositada no museo Etnológico de Ribadavia, xunto co resto da colección de Foto Chao, pero non é difícil atopar obras súas na maioría das casas de Ribadavia, e toda a súa contorna.


+copia.jpg)




















