Nos últimos tempos, leeime cos fotógrafos da cidade, descoidando os das vilas e pobos da provincia. Non me comprometo a facilitarvos todos os datos, pero se polo menos, os que puiden descubrir cos meus limitados medios. Estoume referindo, aos Chao, (Ribadavia), Godas (Carballiño), Álvarez (Celanova), e un longo etcétera, que con calma iremos mencionando.
Hoxe tócalle a quenda, aos profesionais que realizaron o seu traballo no Barco de Valdeorras, ou no Barco, como queirades chamarlle.
Como en todas as zonas da provincia, os inicios foron protagonizados polos fotógrafos itinerantes, dado que non era sinxelo rendibilizar naqueles tempos o investimento necesario para montar estudos fixos. Por iso comezamos esta aventura, ao redor das últimas décadas, do XIX.
Os primeiros nomes, son realmente suposicións, pero que cremos con certo fundamento. Nomeariamos nesta época, a Pedro Varela e F.Prieto, quenes con base na cidade de Ourense, sabemos que se desprazaban habitualmente en procura de clientes; estes dous cabaleiros, penso que se lles ha de ter en conta, á hora de buscar material fotográfico, en calquera zona da Provincia. Seguidamente e con mais visos de comprobación, citaremos aos irmáns Garita, polo menos Pablo e Hermógenes, teñen moitas opcións de ser os artistas que retrataron ás familias Barquenses, a súa estancia moitos anos en Trives, facilitaríao. E para terminar este grupo dos posibles, e como nexo de unión, citaremos a dous dos profesionais dos que se existen probas do seu paso polo Barco, trátase de Conrado Tome, e José Pacheco, polas fotografías que se coñecen, poderiamos datar o seu paso pola vila cara ao ano 1889, data na que traballaban en sociedade.
O primeiro de quen temos constancia do seu establecemento fixo na vila, é don Eugenio de Puga García, fundador do "Bazar del Siglo", quen realizo a edición de cartóns postais como a que vos mostro hoxe. Polos datos que temos, a súa dedicación á fotografía non o era de forma profesional, senón máis ben como afección; é por iso, que á marxe das fotografías que deron lugar ás postais, non coñecemos produción de retrato de estudo.
De quen se podemos asegurar era fotógrafo de estudo, era do Segoviano Martín Gómez García, que abriu o seu estudo na rúa da estación, Don Martín viu o seu labor continuado polo seu fillo Joaquín, con quen a parte da fotografía uníalle a profesión de pianista, a cal no caso de Joaquín, relaciónalle tamén cos primeiros momentos do cine no Barco, xa que el era quen no salón "García Valle", amenizaba as exhibicións cinematográficas co seu piano.
Intentarei facer unha segunda entrada, para non facer esta demasiado longa; faltan por citar, nomes como Pedro Tertuliano Hervella, Blanco Pascual, Manuel Barrio, Rufino, e posiblemente bastantes máis que descoñezo.
recomendovos que leades o libro de DOCAMPO, Gustavo. Cen anos de O Barco nas fotos, Concello de O Barco 1990, nel tedes unha fermoaa recompilación de fotografía e moitisimos datos de interese..