Consejos y avisos

30/11/10

Os montes de Ourense "Bob Fisher"


Sabedes que gustame agradezer os esforzos, e as actividades altruistas, que axudan a que o noso Ourense sexa mais coñecido.
Fai unhos días un amigo da blogosfera, Bob Fisher, tivo a xenerosidade, de dar a coñecer esta fermosa recompilación, de fotografias dos nosos montes, e a sua natureza. Pra facilitar a sua divulgación, deixoume poñela no meu blog.
Tentade ollala sen presas, e disfrutade, deses recunchos, e belezas naturais, que temos na nosa terra, e moitos non coñecemos; tamén e certo, que algún deles, non esta nos circuitos habituais de paseo, e chegar a coñecelos, require as veces un esforzo inclusive fisico.
Por sorte, xente coma Bob, teñen duas pasions, que se complementan a perfección, por un lado é un fotógrafo, afeccionado, (pero cun alto nivel), e por outro un senderista incansable. Egoistamente, aproveitemonos das suas afeccions, e disfrutemos destas imaxes comodamente, asomandonos a pantalla do noso computador. 
Podedes tamén visitar os seus blogs, que de seguro vanvos gustar, (ten moitas mais fotografías da nosa provincia, de gran beleza), tedes mo enlace, no lateral do blog, pero eiqui vos deixo o enlace pra que vos sexa mais sinxelo. Bob Fisher 
Por certo, non se me pasou pola cabeza antes, pero nunca e tarde; teremos que pensar en pedirlle o amigo Bob, que nos deixe disfrutar da sua obra fotografica, na cidade. Que tal no proximo Outono Fotografíco??. A ver que podemos facer.

29/11/10

Un hotel en Ourense

Cando na entrada do venres, faleivos de "figons", e "jergones", lembrei que tiña unhas postais publicitarias, do Hotel Miño, supoño que nos seus primeiros tempos.
Outro día intentare darvos datos da construcción, e propietarios deste edificio, pero hoxe pra que vexades, que na cidade xa fai moito tempo que temos instalacions pra turismo de calidade; quero que vexades como eran as habitacions deste Hotel.
Hoxe en día pra atopar esta calidade, tanto en espacio, como no mobiliario, (fixadevos no armario de "Luna"), teriamos que ir a unha boa casa de turismo rural, ou algún Parador; os cinco estrelas, dende logo que tamén poderian competir, pero o estilo xa e moito mais funcional.
Así se entende, que naqueles tempos, houbera xente que o ir as cidades por periodos inclusive de varios meses, ou anos, non tivera reparos, en residir de Hotel; tamén e certo que posiblemente os prezos foran mais asequibles, que os actuais; verei de facer unha comparativa e xa vos direi algo.

28/11/10

O "novo" Arquivo Municipal

 O mercores pasado, o amigo Francisco Espino, director do Arquivo Municipal, tivo a amabilidade de invitarme a inauguración das novas salas, do Arquivo Municipal.
Nalgunha ocasión falei do estado, imos deixalo como "complicado", no que se desenrola o seu labor. Hoxe non e momento, pra pedir moitas milloras, eso, por desgraza temolo claro; así que habera que contentarse co que hai.... Bó, soo a xeito de suxerencia, o millor podiase facer un convenio co Centro Civico que comparte as instalacions alí na Cuña, e que se poidera compartir tamén o uso da sala de ordenadores, non sei se sera factible, pero e unha idea.
Deixemos o tema, felicitando a Dona Carmen, Don Francisco, e mais Don Fernando, polas milloras conseguidas; de seguro que o seu traballo non pode millorar en calidade (mais, xa e dificil), pero un pouco millorara en comodidade.    
 Co gallo da inauguración, fixeron unha pequena exposición de fondos, e sintoo que poucos teñamos sido os que a poidemos ollar; como sei que moitos non se enteraron da celebración, nesta e nalgunha entrada mais, mostrareivos algunha das xoias expostas.
Eiqui tedes, no primeiro lugar, o proxecto inicial do arquitecto Manuel de Navas, pra o edificio do Concello, que si vos fixades non foi o definitivo, pero as modoficacions tampouco foron moitas.
A continuación, tedes unha das primeiras urnas electorales que se utilizaron na cidade, ou eso,supoño, xa que ainda non tiven ocasión de confirmar a información, polo que non descarto, que fora unha urna de votacions internas do Concello.
E de remate, tedes un fermoso diseño de cartel publicitario, que haberia que investigar si chegou a ser realidade, eu pensoque me soa de velo nalgunha vella fotografía, o que non lembro, e si era na Praza Maior, ou na parte baixa dos xardins do Bispo Cesareo.
Pra rematar, agradecerlle o Concello que non se esquecera do Arquivo, e posibilitara estas milloras, pero o mesmo tempo, pedirlle que non o esqueza nas suas "oracions", ainda queda moito por millorar.
Agora que o penso, se cos "rezos" e bastante, teremos que incluir tamén o edificio do Carcere vello, San Francisco, o Arqueoloxico, Banco de España, e non sei se algun estaseme a esquezer. Nesa mesma exposición, figuraba un bando do alcalde Don Feliciano Perez Bobo, informando mais ou menos, (non lembro con exactitude os termos empregados), de que se habia pedido  a Virxe de Reza, que intercediera pra que se rematase a dura sequia que padecian daquelas na provincia.
Se sacar o santos a rúa pode resolver algún dos problemas que temos hoxe en día, eu ofrezome a levar unha das andas, por onde sexa preciso. 

27/11/10

Colección Aurelio Fdez Dopazo.

Faleivos desta exposición, a pasada semana, pero non me foi posible, ensinarvos ningunha imaxen.
Polo tema da propiedade intelectual, (que eu procuro respetar plenamente), non vos vou mostrar tampouco hoxe, fotografías das expostas, pero alo menos, e co fin de animarvos a que vos acheguedes o Ateneo, pra disfrutalas, ensinovos o cartel anunciador.
As fotografías que se mostran na exposición, podo asegurarvos que son dun valor historico excepcional. O artifice da colección, ten garantido o agradecemento dos socios do Ateneo, pola sua donación, e o respeto de todolos Ourensans, por facilitar que a podamos gardar e ollar de cando en vez na cidade.
Por outra banda, non son quen de imaxinar, o esforzo de Don Aurelio, pra conseguir reunir tan excelente colección, e dunha tematica, a 2ª Guerra Mundial, que por fortuna, non sufrimos de xeito directo; hoxe a rede poderia facilitalo un pouquiño, pero penso que el conseguiuno a golpe de traballo persoal.
Aproveitade o fin de semana, pra visitala, que o día 1 de decembro, penso que teredes que voltar pola sala de exposicions do Ateneo, pra ver outra autentica maravilla. As fotografías de "Ana Iglesias", das que xa falaremos con mais calma.
De paso vou aproveitar pra darlle as grazas a directiva do Ateneo, polas facilidades que nos diron, pra desenrolar a reunión do Arquivo visual Ourensán, A.v.O. nas suas instalacions. 

26/11/10

Pixotaria ou Rapagatos

Esta rúa xa protagonizou unha entrada, e incluso a fotografía era semellante; as diferenzas estan, en que a outra procedia dun libro de Don Alvaro de las Casas, publicado no 1928, sen embargo esta deixaronma no Arquivo Historico, e debe ser dos setenta, revisade a outra entrada, facendo clic eiqui:  Rapagatos.
Do que escribín, nesa outra entrada, non cambio siquera unha coma, como moito, añadir algun dato, mais, dos que os poucos vou descubrindo.
Neste edificio, que pasaba na imaxen, os seus últimos instantes na cidade, estivo o que se chamaba "Un figón", (non me atrevo a facer comparacions con ningún negocio actual, pra non ferir sensibilidades), viña a ser algo a si, como un restaurante popular, non o tipico bar de tapeo, senon que comias "con fundamento", pero eso sí, sen florituras, e sin mirar moito pola hixiene do lugar. Non poiden confirmar se o cartel que se ve "Claudio", corresponde cun negocio dese estilo, xa que si non lembro mal, no meu tempo, no baixo desa casa, estaba o negocio de "Chicho", o do Ballet Folklorico Ourensán, que non era outro, que unha especie de libreria; non o mal interpretedes, o de especie, e porque non lembro, si tamén tiña prensa, ou non, o que si lembro, e que eu mercaballe ali, os recortables de casas, portos, castelos etc, que logo con paciencia facia a miña nai ou,  algun penitente que eu collera por banda, poderiase decir que eu daquelas era un "promotor inmobiliario", magoa que non seguira ca afección.
Teño outra fotografía, que outro día saira no blog, na que onde nesta se ve o cartel de Claudio, viase outro un pouco mais rudimentario, que anunciaba "Jergones", supoño que nalgun tempo, a parte alta da casa seria algo así como unha fonda. Se continuo a darlle voltas o tema, vai resultar que nesa casa houbo en tempos un "Emporio Hotelero".
Por si andades despistados, e non ubicades a imaxen; na fotografía non se aprecia, moi ben, pero no edificio contiguo, xa daquelas estaba o Restaurante "San Miguel"

25/11/10

Farmacia Fabrega

Tedes no blog unas cantas entradas, nas que se fala da farmacia do Sr. Fabrega.
Moitos de vós, (os mozos), xa non recordades ningunha, e os maiores (como eu), identificamos esa Farmacia, como a do Paseo, a que hoxe é Farmacia Cobián. Xa nalgunha ocasión coménteivos o tema, pero creo que aínda non todo o mundo teno claro.
Logo de buscala, conseguín acceder fisicamente a esta postal, e o escaneo desvéloume algunhas sorpresas, que a primeira ollada, escapábanlleme; con respecto ao que hoxe "toca", tedes unha boa visión, da entrada e escaparates da primeira Farmacia Fabrega, a que no ano 1904 (3 de Xullo), abriu Don Luís Fabrega Coello, na esquina de Progreso coa Rúa do Alba, (hoxe seria esquina Progreso con Alejandro Outeiriño).
Ese edificio, aínda hoxe en pé (e esperemos que siga así), coido que pertencente á familia Espada, descendentes do Deputado Luís Espada, que deu nome á rúa; durante un tempo estivo ocupado en gran parte, por Don Luís; o baixo principal, era onde estaba o despacho de farmacia, que se complementaba, coa Droguería, (naqueles anos era habitual, a coexistencia das dúas actividades, aínda hoxe nalgunha zona rural, continua sendo así); a parte do baixo que quedaba na rúa do Alba foi en tempos o almacén, ao que foi preciso incorporar a entreplanta, e creo que ata algún piso do edificio, para poder aloxar todas as referencias, dos dous negocios.
Se aguzades a vista, veredes que no escaparate da esquina, facíase publicidade dos produtos de fotografía AGFA, e na fachada, mostra o cartel dos produtos Kodak, (lindando co local que ocupou a Imprenta do Sr. Magdalena, logo a Popular). Supoño que de aí lle virá ao meu amigo Pastor, a afección e os coñecementos, sobre a arte fotográfica.
A segunda Farmacia Fabrega, a que aínda moitos recordamos no Paseo, adquiriuna Don Luís, a Don Constantino Añel, para o seu fillo Luís Fabrega Santamaría. O responsable da decoración, deste histórico local, foi Don Constantino, quen se soubo apoiar nos mellores profesionais da época (os Irmáns Rodríguez), para facer o fermoso traballo de ebanistería, que afortunadamente, consérvase en perfecto estado, grazas ao bo criterio da actual propietaria Dona Margarita Cobián.
Espero que o amigo Pastor saiba perdoar os posibles erros, que involuntariamente, de seguro que cometín, e anímese a facilitarme un texto de maior exactitude e contido.
* Xa sabia eu que algun erro tiña que ter, senon non seria eu. Por sorte o amigo Pastor adoita levantarse cediño, e xa fixo unha corrección, eiqui vola poño tal e como a recibín.
Todo está muy bien, salvo que el negocio lindante con la farmacia en la calle del Progreso, era la ferretería de D. Francisco Villanueva, y después de ésta se encontraba la imprenta la Popular propiedad de D. Arturo Madalena. A continuación estaba el local donde se inauguro la primera oficina de la Caja de Ahorros Provincial ya en los bajos de la Diputación. En esta oficina me abrió mi abuelo Luis mi primera cartilla de ahorro con 25 pesetas.

24/11/10

A familia Gallego Dominguez

Poucas familias ao completo, son acredoras, do respecto e agarimo de toda unha cidade; pero este caso sen dúbidas é un deles. A familia Galego Domínguez, Olga, Pilar, Manuel e Luís, (a orde en que os cito, é realmente indiferente), creo que son e foron, un exemplo a seguir, discreción, traballo, xenerosidade e intelixencia, son só algún dos seus valores.
De Olga recentemente falecida, pouco se pode dicir que non se dixera; probablemente a mellor historiadora que tivemos en Auria; os seus Estudos, froito dun traballo meticuloso, son e serán documentos imprescindibles para quen queira coñecer a nosa Historia.
Luís, "O doutor Galego", xustamente homenaxeado o pasado ano, tampouco precisa presentación, a xente da miña xeración, pasou polas súas mans en incontables ocasións, e a pesar de que pola súa prescrición, adoitaban sufrir as nosas posaderas, (como lembro aquel Neo-Sincrobin 1 M), non creo que ninguén garde mal recordo del.
Manuel, o menos coñecido, era un comerciante amable, do que os meus recordos, limítanse a velo pasear cos seus amigos, pola rúa Doutor Marañón; os atardeceres do verán, era cando vías pasar por diante do Mar dá Marola, a aqueles tres cabaleiros; a casualidade supoño que sería a responsable de que tres homes de características físicas tan similares , altos e delgados, coincidisen; e digo tres, porque aos dous irmáns, Luís e Manuel, adoitaba unirse o pai dos Giles, (xa vos falei deles nalgunha ocasión, Afonso, Antonio, Aser e Susana, que vivían encima da Burga vella), o seu paseo a parte de lúdico, non se eu se tería ao mesmo tempo un labor de vixilancia?, que daquelas como xa vos contei noutra ocasión, os Giles, eu e algún máis, pareciamos Graxos dá Burga.
Pilar, a farmacéutica, ...., como espero que lea estas letras, non lle vou a dar o gusto de rifarme (de seguro que me vai rifar igual, pero....), co cal non serei demasiado empalagoso, só dicir, que é unha "boa persoa".

A verdade é que lle teño un gran afecto, a dona Pilar Galego, e penso que ela tamén mo ten a min. Coma se non teño que interpretar, que me deixase esta fotografía, que é das poucas que ten nas que saen os seus tres irmáns. Nela vemos este trió, Manuel, Olga e Luís gozando dunha tarde de merenda á beira do noso Miño. Así é como gusta lembrar aos seres queridos.
Ela dime que non ten ningunha fotografía na que estean os catro, pero creo que é a súa modestia, a que a impulsa a dicilo, verei se lle aparece algunha por unha esquiniña.

23/11/10

Outra vez a da Praza do Ferro

A sección de fontes, o día que faga unha reestructuración no blog, posiblemente pase a integrar a das Pontes, xa non por que sona moi semellante, senon que e complicado facelas crecer, o ritmo das outras seccions. E non e precisamente, por falta de imaxes historicas das fontes da cidade, desta por falar dunha en concreto, no meu arquivo pasan das trinta diferentes, e iso porque canseime de contalas, a do San Lazaro non lle vaia zaga, eso sí nas diversas ubicacions que tivo, e a do trigo pouco menos. Fotos non faltan, pero certamente a variedade si que e escasa; e na maioria dos casos hai que afinar o ollo, pra percibir as diferenzas.
Mentras fago esa reestruracción ide disfrutando desta nova imaxen. Enviouma fai tempo o amigo Ricardo Blanco, e recolle a etapa da reconstrucción da casa da Ferraxeria Blanco Vega, onde hoxe esta o Duque. Ainda que dende o meu punto de vista, foi das mais respetuosas obras de reforma dos edificios da parte vellada cidade, se vos fixades na fotografía o unico que non se moveu do sitio, e estivo protexido durante toda a obra, foron as columnas que conforman os soportales. O resto, "foise co vento". 

22/11/10

Zamora 8

Se se me ocorre facer esta entrada, nos anos setenta, case con toda seguridade, tivese problemas; probablemente acusáranme de revelar segredos militares.
O Reximiento de Infantería Zamora nº 8; con ese nome pechouse a etapa militar destas edificacións.
Hoxe non é ese o tema a tratar; tampouco vou falar dos dramáticos sucesos, acontecidos nesas instalacións; nin sequera de que nesa chaira que hai vedes, é posible que se celebrasen os primeiros partidos de futbol, na nosa cidade.
Hoxe púxenme a intentar identificar esas instalacións, entre as que discorreu máis dun ano da miña vida, (os mozos lectores, non o recordasen, pero antes, todos tiñamos que pasar unha tempada de máis ou menos un ano, facendo servizo de armas, "A Mili", pero ese tema tamén será para outro día), e non se se será por problemas da miña memoria ou porque realmente a fotografía correspóndese a unha etapa anterior á da miña estancia, o caso é que non me coinciden certos elementos, e algún de gran envergadura.
Como vedes na imaxe inferior, puxen algúns datos, sobre a localización dos diferentes servizos do cuartel, pero non todo encaixa cos meus recordos; o máis rechamante para min, é a proximidade entre o edificio histórico, (Convento de San Francisco), e o que se supón ocupaba a "Zona de recrutamento e mobilización", na miña etapa, recordo que estaban moito máis distantes. A explicación que se me ocorre, é que se derrubou ese edificio que se ve na foto, e levantouse outro ao fondo do "Campo de Aragón".
As cocheiras, á beira da residencia de oficiais, dáme a impresión, de que non estaban construídas.
O edificio que albergaba á Policía Militar, (hoxe sede dos Carrileiros da Foula), tampouco aparece na imaxe como esta en os meus recordos.
Non distingo, na imaxe, os polvorins, situados por riba da Galeria de tiro, pero e posible que non estiveran feitos, ou que estean tan ben camuflados, que non se vean. De todolos xeitos, a munición que se gardaba naqueles tempos no cuartel, era soo testemuñal; o verdadeiro deposito de munición, estaba nas instalacions do Cumial.
E as pequenas edificacións que están á beira da nave do P.P.O. (iniciativa creo que excelente, coa que moitos dos recrutas podían aproveitar o seu paso por "filas", para no canto de perder ese tempo, aproveitar para aprender un oficio, mágoa que na miña época xa non funcionase), non teño a imaxe clara de se estaban ou non; algunha si que había, e eran as "letrinas", pero eu non lembro que fosen tantas.
Se alguén quere achegar algún dato, ten o meu mail á súa disposición.

A modo de referencia, comentarvos, que eu estiven, a cabalo do ano 79 e o 80, e a miña vida transcorría, logo dunha breve estancia na 2ª Cía. Na Plana Maior Admtva. a oficina de armamento, os polvorins, e a galería de tiro.

21/11/10

Historias da Catedral (M.A. Gonzalez García)

 Fai xa tempo, que Don Miguel Ángel, autorizoume, a pór no meu blog, esta colección de pequenas obras (en tamaño); unha xa está desde aquelas a a vosa disposición, pero aínda non atopei a forma idónea de mostrárvolas. Algo terá que ver o meu escaso dominio dos dispositivos da rede; pero seguirei buscando a solución.

 De momento para pasar este invernal domingo, preséntovos outra das súas obras, aínda que o formato non sexa o adecuado. Polo de agora, non tedes outra, que facer clic enriba das follas, pra lelas dunha en una. Sintóo.
Que o gocedes.

Se algún de vós sabe algún sistema de subir documentos, "que sexa fiable e non falle cada dous por tres", agradeceríalle que mo dixese.

20/11/10

Menudo Outono

 Dende logo, xa non e ningunha sorpresa, ver a calidade que ten o Outono Fotografíco ourensán.
Don Benito Losada, cada ano, consigue superarse, a pesar de poñerse o listón cada vez mais alto. Xa non polas exposición que teñen rematado, senon polas que se poden visitar estes días, e as que ainda teñen que comezar, (a esperada de Ana Iglesias no Ateneo por exemplo).
Sexa como fora este fin de semana, temos tres opcions, no Museo Municipal, "Album familiar"; una recompilación de vellas e bellas, imaxes feita cas achegas de xente maior de sesenta anos, e cunha tematica común, o "viaxe". ca colaboura de Caja Madrid.
No centro Caixanova da Praza Maior, estan a esperar a nosa visita, case que todos os mestres da vella fotografía en Galicia, José Pacheco, e o seu irmán e alumno Jaime, Caamaño, Sellier, Pintos, Samaniego, (o da Coruña, non o de Ourense), Augusto Pacheco, Chao, e un longo etc de profesionais da imaxen; grazas os cales, temos imaxes do noso pasado. A esta exposición estades convidados a levar as vosas camaras fotografícas, e así poder facer unha fotografía diante dun vello Pano de Fondo; eses "escenarios" que montaban nos seus estudios (ou onde fora preciso), estes profesionais. Precisamente ese, o Pano de Fondo e o fio conductor desta fantastica exposición.
Por si fora pouco cas duas anteriores, no Ateneo, poderedes ollar unha espectacular mostra de fotografía belica, (II Guerra Mundial). Grazas a afección de Don Aurelio Fernández Dopazo, quen laboriosamente conseguiu facerse con autenticas xoias historicas, e xenerosamente tivo a ben doar ao Patrimonio do Ateneo, estes días podemos ver por primeira vez esta fantastica colección. Aproveito pra felicitar a Pablo Gonzalez, (quen se encargou da limpeza, e preparación deste material), por o seu traballo, sen dubida inmellorable.
O meu humilde consello, e que si podedes fagades un roteiro improvisado, e visitedes as tres, pero si non pode ser nun soo día, non vos preocupedes, que ainda estaran con nos unha temporadiña.

As fotografías de hoxe corresponden a Esposición de Pano de Fondo, pero si podo poreivos tamén algunha imaxen, das outras exposicions.

19/11/10

O meu Pepiño

Fotografía propiedade de Javier Torres
O Pepiño xa visitou o blogue noutras ocasions, unha a xeito de comentario, e outra cunha mala fotografía procedente dun recorte de revista; hoxe despois de moita busqueda, podovos mostrar unha foto de millor calidade.
Antes de continuar, teño que darlle as grazas a un novo amigo e lector do blog, Javier Torres, quen xa por esta fotografía ten o meu agradezemento, pero resulta que a tiña acompañada dunha preciosa serie de imaxes, de xente entrañable da historia da nosa cidade, algun deles xa anda polo blog, pero non dubidedes que vos mostrarei estas novas imaxes; pra que vos fagades unha idea, o Emilio, (Capitán Bombilla), que esta na colección de Javier, debe ter unhos quince ou vinte anos menos co que podedes ver no blog, preme eiqui.
O texto que ven a continuación, vaille soar os lectores habituais, xa que e o mesmo que no seu día acompañou as entradas que falaban do "Meu Pepiño".

"Por se serve de exemplo, acórdome dun deles, ao cal sendo eu pequeno víalle case a diario, refírome o "Pepiño", recoñezo que ao principio dabame un pouco de medo (os seus problemas físicos, e o avanzado da súa idade cando lle coñecín, non irradiaban precisamente unha imaxe feliz) , o caso é que aos poucos, (tamén grazas á carteira da miña avoa ou de quen me acompañase, que sufría os meus embates ao pasar diante das Josefinas), funlle collendo agarimo, e creo ou quero recordar que el tamén me saudaba co seu típico movemento de ombreiros e cabeza, (agora que o penso, lembro que tamén facia algo semellante a esbozar un soriso) ata o punto de que cheguei a tocarlle o seu abrigo, e ata o manubrio que tentaba el con pouco éxito facer virar para que se movese o seu asento.
Como podedes ver na imaxe, a vida non foi nada amable con el, descoñezo se foi por causas naturais, ou doutro índole, pero a súa situación física era lamentable, condenado a permanecer sempre pegado ao seu carriño, e dependendo sempre de alguén para todas as súas necesidades. Os únicos datos que teño del son, que vivía nunha casiña da Canella Cega, pola rúa do Vilar, preto da Igrexa da Trinidade, cunha sobriña que segundo me contan era quen se encargaba do seu coidado."

Algún de vos pode que lembre o carriño que sae na fotografía, eu dende logo que non; no meu tempo, Pepiño tiña un con rodas semellantes as que levan as cadeiras de rodas, e a diferencia, era que tiña un artiluxio no fronte, pra que el poidera moverse un pouco facendoo xirar cas suas mans. 

18/11/10

A casa do Concello

Cantas veces tedes pasado por diante da casa do Concello?, nalgunha ocasión pasousevos pola cabeza, pensar, seria sempre así?, desde cando esta ahí?.
Os poucos datos con que acompaño esta entrada, son extraídos do libro de don José Adrio, "Del Orense Antiguo".
Conta Don José, que o 3 de xaneiro de 1840, "se acordó hacer un guarda-polvo, al reló de torre del Ayuntamiento", resulta estrano pensar no motivo de facer un garda-po a un "reló" que está na torre do Concello, supoño que seria pra maquinaria que estaba a cuberto. (mellor deixo aquí o tema do "reló").
O seguinte dato do 1873, é moi significativo, por breve o transcribo completo:
"Un suceso ruidoso tuvo lugar en la madrugada del 24 de octubre.
Sin el menor aviso y sin que precediera la voz preventiva de sálvese quien pueda, se vino abajo toda la parte alta de la Casa Consistorial.
De entre los escombros fueron extraídos con síntomas de asfixia y serios magullamientos, los dos guardias municipales, que constituían el reten nocturno".
Sabemos que no ano 1882, a corporación ocupaba o vello edificio do Hospital de San Roque, cedido pola Deputación, mentres se realizaba a obra na Praza Maior.
En 1888, rematouse a obra proxectada por Don José Antonio Queralt Rauret, (o cal acto seguido comezou o proxecto do Seminario na alameda, por petición do Bispo Cesáreo).

17/11/10

Clases de labor

Intento non esquecerme de ninguen, pero e certo que teño moitas entradas pendentes; o Colexio das Josefinas, e un dos que teñen aparecido pouco no blogue, a pesares de que tiveron a amabilidade de prestarme moitas das imaxes do seu arquivo.
Non vos preocupedes, que ningunha das fotografías que me tedes prestado, deixara de ser mostrada, o seu e ter calma.
A fotografía de hoxe, corresponde a unha clase de Labor, nos anos cincuenta, (non sei se podo citar a propietaria, polo de agora e ata que mo digan, porei que e propiedade de Julia R.).
Daquelas as diferenzas entre home e muller, estaban moi marcadas, e humildemente, como home, teño que admitir, que elas levaban a peor parte, hoxe afortunadamente ten cambiado moito, (ainda falta, pero xa se leva andado un bo trecho), e imaxes como esta xa non se ven; non e que a imaxen en si fora denigrante, nin insultante, o problema estaba na lectura que se podia facer dela, e o que sinificaba, xa que non existian clases de labor pra homes.
O millor trabucome, pero penso que por discriminación positiva (termo moi en boga), son mais feminista que machista.
Pero eso sí, teremos que buscar un xeito de arranxar o problema; quen cose os botons na casa?, xa non hai que zurcir roupa?, aquelo de subir unha basta, ou remediar os desastrosos efectos das dietas no corpo, non ten arranxo?, temos que ir mercar un pantalón novo, porque se escangallou a cremallera?.
Non vou insinuar que o INEM teña que dar cursos de labor os parados; de certas cousas como fontaneria, electricidade e cousas así, xa o fan, e as mulleres seica participan o mesmo que os homes, (moitas veces con millores resultados), pero o millor as asociacions de veciños, se que poderian cubrir ese oco. Eso si, buscando a igualdad de sexo entre os participantes no cursillo.
O peto de seguro que o agradeceria, e non deixaria de ser outro tema de conversación; eu por si es caso, xa teño feito os meus pinitos co punto de cruz, e podo asegurarvos, que e moi relaxante. 

16/11/10

O paso do tempo

O fio da entrada de onte; non pola trapallada de montaxe que fixen, senon polo que vos lembrei dos: Onte e hoxe que puña nas suas vitrinas don Augusto Pacheco; gustariame que me dixerades, cales son as fechas aproximadas, nas que se obtiveron estas fotografías. 
A modo de pista, direivosque esta de arriba, fixose, ala polo ano 1900, e que as outras, mais que diferencia temporal, teñen diferencia de enfoque. E faciliño non?.

15/11/10

Montaxe de Pacheco

Xa o sei, non fai falla que vos queixedes, desde que Don Augusto Guedes de Castro, deixoume o seu arquivo, o nome do estudio familiar aparece de cotio no blog.
No caso de hoxe, tedes razón en parte, pero ten unha pequena xustificación, tamén e certo que a miña torpeza e falta de imaxinación, tamén teñen algo de culpa.
Se mirades con calma a montaxe fotografica que estouvos a presentar, e posible que mais de un lembre que a lo menos tres das imaxes, a xeito individual, xa apareceron polo blog; as fotografías forman parte da colección que ten na sua custodia o Arquivo Municipal (A.M.Ou), e fai tempo que mas deixaron, eso si, non estaban ordeadas, e a mín no se me "escurriu", ver que pasaba se as xuntaba; o caso e que falando con Augusto, e ollando a sua colección, feita en base a positivos das fotografías, vexo con sorpresa, unha panoramica (de bastante mais calidade que a que vos mostro), que me soaba, pero en varios cachos.
Cando tiven un momentiño, fixen a proba, e voila, as imaxes encaixan perfectamente unhas cas outras, agora que xa o sei , e con mais tempo, habera que facer o montaxe en condicions.
Aproveito pra recalcar que non todas as fotografías do Estudo, ou Galeria (como eles adoitaban chamarlle) Pacheco, son obra de don José, e pra ser sinceros, a maioria das feitas da cidade, e moitos lembramos ver no seu escaparate, na comparativa o antes e o despois, son obra do seu fillo Augusto, sen descartar, que algunha, tamen poidera ser do seu irmán José, (pouco, pero algun tempo estivo na cidade).
Se alguen se ofrece, podo deixarlle o material; seguro que moitos de vos, tedes mais habilidade co software de retoque que eu.
Eso si pidese total reserva, e custodia rigurosa.  

14/11/10

Pano de fondo en Ourense

Non quero que volva ocurrir o da exposición de onte, polo cal esta vez voume adiantar os acontecementos, e falarvos desta outra magnifica exposición.
O 24 de marzo, comezou a sua xira por diferentes puntos da xeografía Galega, esta mostra fotografíca, ben organizada, polo Centro de Estudos fotograficos de Vigo (Manuel Sendon, Xosé Lois suarez Canal).
Xa daquelas, comenteivolo, aproveitando a publicación do fermoso catalogo que a acompaña; (facede clic Eiqui   e revisade a entrada), por fin, arriba a nosa cidade, o día 18 deste mes, no centro Social Caixanova. Se non tivechedes a oportunidade de visitala ainda, agora tedes esta nova ocasión, pra ser sincero, penso que os que xa a virón, non teran problema en repetir.
Entre centos de marabillas fotografícas, poderedes descubrir algún dos montaxes que o mestre Augusto Pacheco, facia nos anos cincuenta, daquelas o photo shop non existia, pero el xa facia traballos de moita calidade, mirade senon a fotografía que acompaña a entrada, na que un  bo amigo del, estaba dentro de un tarro, non sei se seria de formol, tanto era o cariño, que queria conservar o amigo por sempre?, (non sei se a mín gustariame que me tiveran tanto aprecio, e menos se vedes algunha mais dos montaxes que don Augusto fixo con este mesmo amigo; a mín persoalmente, gustame ter a cabeza enriba do tronco, non diante).
Pero non vos vou decir nada mais, somentes recomendarvos que vos acheguedes pola sala, que seguro que vos vai sorprender.
O 18 de novembro, no Centro Social Caixanova, formando parte das exposicions do Outono fotografíco, tedes "Pano de Fondo". 

13/11/10

Unha recomendación

Case que non dou chegado a tempo, pero e que nos últimos tempos, ando un pouquiño aturullado, e metido en moitas "hestoreas".
O amigo Amador Rego, deume o recado con tempo, pero despisteime, e agora intento arranxalo.
Como vedes, dende o día 8 de novembro, podemos visitar a XXª Exposición filatelica numismatica do San Martiño, e ainda que soó restan hoxe e maña, facede un esforzo, e pasadevos por alí; eso sí, se pode ser non vaiades moi cedo; bo, podedes ir cando querades, pero a media maña, andaran por alí a maioria dos expositores, e con gusto daranvos as explicacions oportunas, co cal a visita ainda sera mais grata.
Ide con tempo, xa que a pesar de ser unha pequena mostra das coleccions que teñen os asociados, o volumen expositivo e amplo; podedes por exemplo, ver a relación da nosa cidade co mundo do selo, ao longo do tempo, neste tempo de setas, podedes ir aprender un pouco de micoloxia, ca colección da querida Pilar Gallego, o amigo Amador ten a fortuna de posuir unha boa colección representativa do Imperio Britanico, (con alguna xoiña; que vos conte a anecdota da señorita, que subiu un arbore, de Princesa, e baixouno sendo Raiña). Tedes tamén unha fermosa colección de calendarios antigos, propiedade de Don Alfonso Lopez, e moitisimas mais marabillas que de seguro vanvos gustar. 
Pra non esquecer a tematica do blogue, eiqui tedes unha fotografía de tres dos organizadores da primeira edición da Exposición San Martiño, os que quero agradecerlle a sua amabilidade, e felicitalos xunto a todos os integrantes desta asociación, que tanto esforzo levan feito, pra que podamos ver estas xoias filatelicas e numismaticas.
E broma, a fotografía esta manipulada, e obtivose a xoves, na sala de exposicions, o que non e broma, e o agradecemento sincero.
Noraboa polo traballo.

11/11/10

O Arquivo crece

Fondo Guedes de Castro


A Pía da Casca (casas que tiraron pra facer a rua Cabanillas Valle Inclán)
Sinceramente, déixoume mal sabor de boca a entrada de onte; pra ser máis exactos, ao vela publicada, deime conta de que estoume a facer un pouco egoísta; Augusto prestoume "unhas cantas" xoias, e eu só móstrovos un negativo.
Vou intentar remedialo, para evitar as vosas queixas e criticas.
Aquí tedes algunha mais desas fotografías, en próximas entradas, posiblemente retome a maioría para darlle forma de entrada habitual, pero polo de agora, gozádeas, como agasallo de San Martiño.

Ese mocetón, tamén esta identificado, e podo asegurarvos, que non escapaba do carro, o que si facía era estar atento, non fora ser que o vehiculo e mais el tiveran un accidente de circulación.
Polo que me contan, ese almacen de madeira, pertencia a Don Secundino Couto Solla, quen na outra beira tiña o seu almacen de materiais de construcción.

Non o comprobei, pero algunha creo que xa está no blog, formando parte do fondo que no seu día me prestou o Museo Etnolóxico de Ribadavia, a quen en breve, facilitarémoslles a información que o propio Augusto Guedes Bautista, (Augusto Pacheco), escribiu nas copias; supomos que estes datos son moi interesantes, para documentar e datar o arquivo que eles custodian.

10/11/10

O meu "vello" Mestre

A entrada de hoxe, estouna a facer con pracer, e de xeito, sinceramente agradecido.
Ainda o Domingo, faleivos dun dos meus mestres, Don Enrique Bande, e penso que xa presumín de contar entre esa longa lista de mestres que me intentaron desasnar (e non o conseguiron de todo, pero recoñezo que non foi culpa deles), a dona Teresa Delgado, (de quen estou agardando recibir unha fotografía, pra facer unha entrada na sua honra, debido a o seu recente falecemento), a señorita Pili, e Dona Encarnita (do colexio Rosalia de Castro) tamén foron citadas nalgunha ocasión. Pois ben, hoxe falareivos doutro, co que acabo de me reencontrar, e si xa tiña bo recordo del, o trato que me dispensou, fixo que me sinta moi agradecido.
Falovos de Don Augusto Guedes de Castro; con eses apelidos, non seredes moitos os que o recoñezades, pero se vos digo, que e o neto de Don José Pacheco, e fillo de Augusto Pacheco, penso que ninguen tera dubidas de quen falamos. (o tema dos nomes e apelidos desta saga de fotografos teredes que agardar a que saia o libro que se esta a elaborar por parte do Arquivo visual Ourensán, pra entendelo correctamente).
O redor do ano 73-74, Augusto, impartia a asignatura de Fisica e Quimica, no colexio San Fernando, da rúa Padre Feijoo, eu daquelas estaba medio pensionista no Colexio Menor "Calvo Sotelo", pero as clases tiñamolas nese centro, e ahí foi onde o coñecín; se me autoriza algun día falareivos da sua pasión polo motor, e algunha anecdota mais, pero polo de agora teredes que contentarvos, co que lle dixo o meu fillo esoutro día cando por casualidade apareceu no intre que estabamos a nos despedir.
" Eu daba clase de Fisica e Quimica, pero despois de loitar pra meterlla na mollera o teu pai, paseime a dar clase de Historia". (xa mas pagara....).
Despois desta ristra de bobadas; contovos o que de seguro e do voso interese. Don Augusto, nesa reunión, facilitoume o acceso a sua colección persoal de fotografía, na que figuran, tanto obras do seu avó, como do seu pai, as cales en breve estaran no Arquivo visual Ourensán, así como el mesmo, que manifestou o seu desexo de formar parte da asociación.
A xeito de aperitivo, a fotografía de hoxe que non e tal, da unha idea da calidade do arquivo que ten don Augusto; se a ollades con atención poderedes descubrir o Mestre Don Antonio Jaunsaras, tocando o vello Organo da Catedral. Pois xoias semellantes, forman parte do seu arquivo, que os poucos poderemos ir disfrutando grazas a sua xenerosidade.

9/11/10

O Balneario da Burga

O habitual e mostrarvos imaxes de edificios, ou lugares que existiron; hoxe mostrovos un edificio que houberamos querido que existira, pero non pudo ser.
Xa dende a epoca dos Romanos, a nosa Auria, tivo unha estreita relación ca auga, non en vano, as Burgas son o noso simbolo de identidade.
Algo se ten feito, e nos últimos anos, penso que se esta a traballar en serio, no lanzamento da nosa Provincia, como destino turistico termal, o de hoxe, non e unha queixa, senon unha lamentación.
Botadelle unha ollada calma, o plano que vos presento, e imaxinade o pulo que houbera tido nos comezos do seculo pasado a nosa Burga, con este formidable edificio na sua contorna; e ainda por riba, aproveitando o salutifero caudal da sua auga.
O 27 de Outubro do 1925, o inxeniero Pedro García Faria, considerado un dos millores do noso pais, rematou o diseño deste balneario, que iria ubicado, no que daquelas era a finca dos Taboada, (pra que vos fagades unha idea, seria onde hoxe esta o que chaman xardín de Cachafeiro, as escaleiras de Calpurnia *Abana, e moitos dos edificios que estan a esquerda da Burga), non consta que ninguen lle fixera o encargo, o que si sabemos e que daquelas,este afamado inxeniero do estado, traballaba en proxectos de saneamiento (Cartaxena, Barcelona etc), e estaba ligado os proxectos do Ferrocarril, polo cal poidera ser que tivera que vir dar unha volta pola nosa xeografía, e tivera contacto ca nosa Burga (loxicamente, e unha especulación); independentemente dos motivos, o feito e que o Sr. García Faria, decidiu facer un magno proxecto, no que a maiores do edificio que tentaria rentabilizar as augas termais da Burga, estaba previsto tamén facer unha zona publica de baños.
Supoño e penso que non me trabuco, que o altisimo coste economico de proxecto, foi o que impediu que se poidera levar o fin.
Un detalle curioso, e o de como chegou a cidade o traballo de don Pedro; que por certo posiblemente teña un valor engadido, que e o de poder ser o último traballo feito por el, xa que faleceu no ano 1927. Non sabemos se o encargado do seu estudo de arquitectura, ou o persoal da sua oficiña no Ministerio, ou si acaso a familia, cando revisaba os seus documentos, logo do falecemento, atopa iste traballo, e decide envialo as autoridades municipais, por si fora de interese a sua execución, recibiuse na cidade en maio do 28.
Si dispuxera de tempo, intentarei facer un par de entradas mais extensas, como merece este proxecto, ainda que o ideal seria que alguen con mais coñecementos decidira facelo, de ser así conta ca miña axuda no pouco que eu poda facer.
*Grazas a Pastor Fabrega pola corrección

8/11/10

Coro de Ruada

 Fai unhos días, o amigo Xaquín Vales, prestoume uns exemplares de libros os que non tivera acceso; e certamente, que llo agradezo.
Precisamente a xeito de agradezemento, poñovos hoxe estas duas vellas e fermosas imaxes, da Coral de Ruada, nos seus comezos. El supoño que xa as coñecera, ainda que na web da Coral, non saen; eu xa as teño visto na rede, e nalgunha publicación. Comprenderedes, que non me atreva a daros datos do noso Coro de Ruada, (e o do noso vai como Ourensán, xa que eu no tema do canto e danza, son moi limitado).
O que si podo, e recomendarvos que visitedes a sua paxina web, na que atoparedes moitisima información, dende as primeiras reunions na Villa Joaquina, ata os nosos días. Preme eiqui pra visitar a sua web Ruada 

7/11/10

Novo Libro de Don Enrique Bande

Esta entrada, e das complicadas, non sei como comentar a obra, sen que algún me rife;  non lembro, se nalgunha ocasión vos dixen, que Don Enrique Bande, foi un dos meus profesores, no Instituto, e dende aquelas, teñolle o respeto que corresponde como tal, (ainda que semella que hoxe en día non e así, pero eu pra certas cousas son un pouco antigo, ou eso din os meus fillos...).
Con esta aclaración, corro o risco, de que si falo moi ben do traballo, algún dos meus compañeiros daquelas, pode pensar que estoulle a facer a "pelota", e si o critico, pode ser que el se me enfade, e ningunha das duas opcions e do meu agrado.
Co cal vou actuar de Galego e non decantarme, por ninguha das opcions.
Facer un libro como este, e unha tarefa moi complicada, o titulo, e como vedes na portada: "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense" 1846-2005.
E un tema que podovos asegurar que me encanta, e fai moito tempo que estou a darlle voltas, de feito, podese considerar, que foi unha das razons polas que naceu iste blog. (outro día explicareivos a relación).
Voume centrar, que senon saireime pola tanxente coma sempre; como vos decia,  o tema e complicado en exceso; Ourense tivo a fortuna de contar cun elenco de mestres, que podese calificar, como "espectacular", algún vaime decir que esaxero, e non llo vou discutir. e cuestion de opinions, e de parametros de comparación. Apelidos como Macias, Otero, Garcia Mosquera, Saco y Arce, Moreno Lopez, Losada Dieguez, Padilla, Soria, Souto, Gaite, etc.(a lista e moito mais ampla, e no libro podedela revisar), dan unha idea, da calidade dos mestres que tivemos en Auria; mais ainda se vos aclaro que nesa relacion, non esta mais cun pequeno porcentaxe, dos que impartiron catedra, no Instituto, a eles teremos que sumarlle, os que o fixeron dende outros centros; e eiqui a lista xa e moito mais longa, non sei se vos soara, Don Amador e Don Saturnino Villar (os Irmáns Villar), Don Ángel Ferrín Moreiras, Don Sinforiano Hipolito Luengo, e a sua dona, Teresa Roquetas (Escola Laica Neutral), Don Vicente Risco, Don Manuel Sueiro, Don José Perez Villalba, Don José Abella, Don Luis Martinez Doval, Don Luis Rivera Feijoo, Xocas, Jaunsaras, Zorelle, Taboada Bonastre, Usich, etc etc etc.
Non sei se estou a conseguir, o meu obxetivo, por si es caso aclarovolo, se de verdad queremos facer un traballo exhaustivo sobre o tema, en vez das aproximadamente catrocentas paxinas que ten o libro, farian falla, a lo menos mil seiscentas, co cal xa falamos de case que una enciclopedia.
Don Enrique habilmente, centrou o seu estudo, no instituto, e no seminario, principales focos da cultura en Ourense, e cita algun dos outros grandes mestres que deixaron a sua pegada na nosa Auria.
Persoalmente, podo decirvos que a información que nos esta a facilitar, e magnifica, e froito dun duro traballo.
O que si lle vou reprochar, e que non me comentara nada, de que andaba nestes lios, porque de seguro que encantado lle houbera facilitado algunha fotografía como esta deiqui abaixo.
Se vos fixades na frecha que lle puxen, ese persoaxe, xovenciño e de gafas, e Don Ramón, daquelas supoño que se lle poderia chamar Ramonciño, pero eu non me atreveria.

6/11/10

Lumbudus

 A entrada de hoxe, realízoa con autentico pracer; en ocasións teño a sensación, de que os namorados da fotografía antiga, somos poucos, (aínda que me animo, pensando que moitas persoas non tiveron acceso a ela, e segundo vana coñecendo vanse unindo ao grupo).
O xoves pola tarde, asistín á inauguración dunha exposición de maquinas fotográficas antigas, encadrada no Outono Fotográfico. A exposición, en si, mostra algúns obxectos, de autentico luxo: tres álbums de retratos fotográficos, en miniatura, (non puiden evidentemente, tocalos, pero a primeira ollada, son ou ambrotipos, ou ferrotipos), preciosos, e difíciles de atopar; unha serie completa de cámaras espía de comezos do século XX, varias das famosas "Leica", un -ladrillo- (Argus C3), dos que fixo famoso a película de Harry Potter; e algunha xoia máis. É unha pequena mostra, da magnífica colección de Don Humberto Ferreira.
A amplitude da sala do auditorio, onde podedes visitala, unida ás necesarias medidas de seguridade, que obrigan a exhibilas en vitrinas, non colaboran ao lucimento dos artigos, pero aínda así, merece a pena darse unha volta pola sala.
O caso é que a entrada non vai dos obxectos exhibidos, senón das persoas que nola traen á cidade.

Fai uns meses, creouse na veciña poboación de Chaves, a asociación "Lumbudus"; tres dos seus integrantes, fixeron na sala, a súa presentación; e a medida que ían expondo as súas inquietudes e obxectivos, a mín dábame a impresión, de estar escoitando a calquera dos integrantes, da nosa asociación, o "Arquivo visual Ourensán". Terminada a presentación, establecemos unha agradable conversación, na que confirmamos, a similitude de obxectivos, co cal de xeito inmediato, mutuamente, ofrecémonos a unir esforzos.
Irémosvos facilitando aos poucos máis datos. De momento recoméndovos que visitedes un dos blogs, que esta asociación ten na rede, (son varios), se o percorredes con atención, é posible que nalgún momento, parézavos que estades vendo, "Ourense no Tempo" iso si, no canto das nosas rúas e prazas, transportástesvos ás de Chaves. Pra visitar o blog, preme eiqui, Chaves Antiga
Gozade a visita.

5/11/10

Residencia "Gomez Ruiz"

En ocasions, tirome o ruedo, e non levo protección; son privilexios de facer esto por hobby.
Esta e unha desas ocasions; fai tempo que me deixaron a fotografía que tedes arriba, e chamoume a atención ver o nome que se lle puso a esa  Residencia Sanitaria, (hoxe centro de salud Valle Inclán), supoño que pola miña "curta idade", non lembro que tivera ese cartel na fachada, e de feito pra mín o Sanatorio "18 de Julio" sempre foi outro, o ubicado na Rúa Xoan XXIII, (hoxe centro de salud Novoa Santos).
Estes días, o amigo Candido Ventim (do Arquivo visual ourensán), remitiume a que vos mostro debaixo, que mostra o mesmo edificio, cunha moderna ambulancia, agardando pra sair rauda pra prestar un servicio.
O ser xa duas as fotografias dese centro, en fechas pasadas, non quisen privaros por mais tempo de ollalas, pero non dín conseguido información, sobre este señor que daba nome a Residencia "Adolfo Gomez Ruiz"; atopei un cabaleiro así chamado, relacionado co Opus Dei, pero non fun quen de relacionalo ca nosa cidade, polo cal non estou certo de que fora él.
Como entre os socios do Arquivo visual Ourensán, temos uns cantos facultativos, algún deles tamén administradores de blog, (Cartas de Aloysius ,Diario de un médico de guardia Medycine ), espero que me podan botar unha mán.
Poderia falarvos da Sanidade tan en boga nestes días, pero sabedes que este blog e un xeito de evasión, e non quero que a miña pouca cabeza, se quente mais da conta. Tamén poderiamos facer un pequeno paseo polos centros sanitarios da cidade; pero ainda que vos pareza extrano, ese tema daria pra facer un libro, son mais dos que pensamos; entre o hospital da Trinidade, (que non esta claro, que fora o primeiro), pasando polo Hospital de San Roque (onde hoxe esta Correos), logo, o que se considera primeira residencia sanitaria, na rúa Progreso, onde estaba (Vanessa), e a última ampliación do CHOU, podemos estar falando perfectamente de mais de 70, centros sanitarios. Así que este tema, sera outro dos que queden pendentes. 
Se tedes datos deste centro, e o cabaleiro que lle daba o nome daquelas, xa sabedes o meu mail.    

Por si non leedes con claridade, o rótulo da ambulancia, (a fotografía e dun libro), di así:
"Delegación Nacional de Sindicatos
Obra Sindical 18 de Julio"

4/11/10

José Suarez

Como case sempre, ando estes días a pedir desculpas; o motivo hoxe, e ter esquecido, a un dos fotografos mais recoñecidos, internacionalmente, de procedencia Ourensá. Don José Suarez.
Na miña descarga de responsabilidade, teño que decir, que este afamado fotografo Ourensan, (pra ser mais exacto, Alaricano), ainda non tiña aparecido polo blog; porque existen profesionais infinitamente mais cualificados ca mín, pra falarvos del, sen ir mais lonxe, o amigo Xosé Luis Suarez Canal, quen e sobriño do artista. O caso e que fora cal fora a causa, non era loxico que Don José non xirara visita o blog. 
Agardando que Xosé Luis, o outro profesional, me remitan unha entrada de agasallo pra o blog, polo de agora teredevos que contentar (e penso que tiña que vos servir), ca que xa esta na web do C.E.F. Vigo, pra vela, preme eiqui.
O unico motivo e o de ter xuntos a todos os fotografos de Ourense, ou relacionados con Ourense, nun mesmo blog, pero no caso de Suarez, tedes na red, e nas librerias, (ou bibliotecas), moita informacion.
A xeito de comentario persoal, (non sei se xa o sabedes, pero como fotografo, son un autentico desastre, vale, tamen o son en moitas mais cousas, pero que lle vou facer, eche o que hai.... ); soo podo decir que as suas instantaneas, mostran unha sensibilidade, non habitual; a maioria das suas imaxes, mostran xente, e mais concretamente, rostros, neles sen moito traballo, poderedes descubrir o sentir deses persoeiros, ledicia, tristeza, sorpresa etc.
Ollade os recortes que vos poño o final, e decime se non e así.....   

3/11/10

Ourense dende....

Non e a xeito de exercicio, mais ben a modo de reflexión, mostrovos hoxe esta fotografía, penso que da primeira parte dos sesenta.
O que se ve, e significativo, o fondo, a igrexia de Fatima, non se pode ver se xa rematada ou non, pero lembrovos que acabouse de rematar a obra, no sesenta e dous. agudizando a vista, vemos a igrexia do Santo Anxo, (non e sinxelo vela, xa que a pedra estaba moito mais oscura que a de Fatima), seguindo pola zona, tamen se pode ver a cheminea dos Malingre, que algún día vos mostrarei unha fotografía, na que se ven duas chemineas industriais, moi cerquiña, a unha da outra, e unha sei que e a famosa de Malingre, pero a outra, polo de agora non teño nin idea. (xa pensei se poidera ser a da electrica do Balvis, o peda Ponte vella, pero noo me cadra o angulo).
Eiqui no primeiro plano, o interior do Simeón, a esquina da Deputación; e reinando no medio da imaxen, (non da barra do último bar que vimos aberto, como diria Sabina). O añorado Hotel Roma, co seu espectacular remate no tellado.
Todo eso vexo eu, e seguro que vos tamén, o que eu non consigo, e si podedes, gustariame que me axudarades, e dende onde se sacou a fotografía, pode ser na terraza do edificio de Dorzan, pero vense moitos tellados, que penso quedarian por detras deste; dende algún tellado da rúa Irmans Villar, (San Fernando), non se me ocurre cal ten a altura bastante, pra obter ese angulo, e a outra opcion, que se me ocurre, e na torre da Catedral, pero esta pra mín un pouco lonxana, como pra dar ese angulo.
Se tedes algunha idea, sabedes que me encanta recibir a vosa axuda, por certo sigo buscando a identidade da señorita da pasada semana, sei que e moi complicado, pero a ver si algún dos da quinta dos setenta aniños, lembra esa beleza.