Consejos y avisos

28/2/11

Un Chalet na Avda de Buenos Aires

Levaba tempo esta fotografía no meu arquivo, e pensei que a tiña ubicada, vai ser que non esta tan claro.
Co gallo de localizar Villa Amelia, que como sabedes quedou identificada o luns da semana pasada; andiven revisando, e fixeime que onde eu pensaba que estaba este chalet, vai ser que non e.
A primeira ubicación, era na maza de edificios que estan na Avda de Buenos Aires, entre a nova urbanización de Xoan de Novoa, e Emilia Pardo Bazan. Agora as dubidas levanno a un pouquiño mais adiante e na beirarua de enfrente, ou preto do cuce de Celso Emilio Ferreiro, ou a rúa Noriega Varela.
Como xa fai moito tempo que por non poder atender os vosos mails, non vos poño traballo, vou intentar que seades vos os que me despexedes  as miñas dubidas.
Se podedes decirme onde estaba exactamente, agradeceriavolo, pra que teñades mais datos, seica ahí o lado na casa que soo se ve a parede blanca, estaba Fajauto na sua primeira localización na cidade.

As respostas o mail ourensenotempo@hotmail.com

27/2/11

A electricidad

Esoutro día un bo amigo fotografo de profesión, ensinoume un aparello dos que usaba o seu pai, pra retocar as vellas fotografías; un atril ou mesa de retoque, e como en moitas ocasions que me deixo levar pola miña memoria de pez, metin o zoco.
Eu dixenlle que eses aparellos funcionaban grazas a un espello que reflexaba a luz do sol, co cal ese tipo de traballos soo se podian facer polo día, e il deciame que o aparello non levaba espellos, que utilizaba a luz electrica.
Tiña toda a razón, os primeiros aparellos era como eu decia, pero loxicamente os avances da ciencia, foron permitindo que tamén estes aparellos tiveran a sua evolución, o seu avó, ou o seu pai, dous dos millores artistas da fotografia que tivemos na cidade, fixeronlle no seu momento un invento ao "Atril de Retoque", que permitia traballar ca luz electrica, co cal sobraba o espello.
Xa aproveitando e por se non o sabedes, en moitas das cidades un dos primeiros negocios que instalou a luz electrica, foron os estudios fotograficos, pra eles era un avance indispensable.
Pode que algún ata montara un grupo como este que se anunciaba na prensa o ano 1898.
Por certo o amigo fotografo por si queredes sabelo e Ernesto Schreck Mata, que ben merece un pouquiño de publicidade, polos traballos que presta o Arquivo visual Ourensán.
Pro mercores

26/2/11

Olladas dunha época

Con duas semanas de retraso, pero o fin falovos deste fermoso libro de fotografias.
O libro podese considerar o catalogo da exposición Tui Olladas dunha época, que ca colaboración da Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes e Imaxe, presentouse en Santiago de compostela en decembro do 2009, e meses despois en Tui.
A exposición, tiña como objetivos, conmemorar a Exposición de Galicia do 1909, e o mismo tempo, lembrar a figura dun dos millores coleccionistas de arte galegos, o avogado Tudense, Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez. Pero non me quero repetir, e de Don Ricardo xa vos falei fai moi pouquiño, podedelo ollar facendo clic eiqui .
Hoxe quero aproveitar este maravilloso catalogo, pra comenzar a adiantarvos algún dato ao redor dun libro que en pouco tempo (cun pouco de fortuna a mediados de Marzo), terei o honor de presentarvos xunto cos amigos do Arquivo Visual Ourensán.
Sin entrar en profundidades; a historia da fotografía en Galicia, penso que si alguen quere facela, tera que ter moito coidado, de non errar, o atribuirlle ubicación a moitos destes profesionais.
Explicome, no fondo Blanco Ciceron, como moi ben nos dín Maria Reis Camiña, Belén Saenz-Chas e Fernando Acuña, autores do texto, conviven fotografías, por exemplo de Gervasio Alonso Montenegro, iste profesional, podovos decir que perfectamente pode figurar na lista dos artistas que traballaron na zona de Vigo, e Pontevedra; pero perfectamente pode aparecer tamén no listado dos que traballaron en Ourense; sen embargo, na maioria das investigacions, falase case que soo, do seu traballo na rexion Andaluza, onde chegou a ter gran sona en Xerez. Semellante e o caso de Pedro Varela Ulla, (autor da magnifica imaxen, que se presenta na portada do libro), a quen podemos ubicar tanto en Lugo, como en Ourense, ou Tui, e finalmente asentase na cidade de Valladolid.
A causa e ben sinxela, nos comezos da fotografía, a maioria dos profesionais, tiñan que desplazarse dunha cidade ou vila a outra, a fin de poder vivir do seu traballo, a economia de finais do século XIX, non permitia que fora masiva a afluencia a os estudios fotograficos, polo cal eran eles os que collian os bartulos e buscaban os clientes.
Temos datos desa costume xa ata comezos do século XX, e así como un profesional da talla de Don José Gil, no 1904, ainda seguia con ese sistema de traballo. Certo e que se sabe de estudos estables con anterioridade, no caso de Ourense, dende o 1881, pero sempre con moitas dubidas, a hora de facer afirmacions, debido a esa mobilidade.
Deixareino por hoxe, pero seguiremos co tema mais polo miudo.

25/2/11

Terceiro curso do Instituto 40-41

Deciavos onte, que a ver se colliades carrerilla e seguiades enviando colaboracions. O caso e que cando pensaba que o venres ia ser cousa miña, e de feito xa estaba a entrada preparada, recibin esta fotografía cos fantasticos datos, que vos mostro. Sabedes que procuro alternar os temas, pero neste caso penso que o merece.
De agasallo de nadal, o amigo José Manuel Perez Vazquez, amablemente deixoume esta fotografía, que xa vos mostrei daquelas; pra mín xa era unha maravilla e ao pouco tempo ainda foi millor, xa que me permitiu poñerlle cara a Don Juan Saco, e a Don Jesus Soria, (grazas o meu amigo Andres I.). O amigo José Manuel aproveitando a memoria prodigiosa do seu pai, seguiu co traballo de identificación, e grazas a él podemos recoñecer a estes ourensans, que de seguro vaivos soar algún. Pola miña parte agradezolle que identificara a unha xovenciña Mª Teresa Delgado, dona de Don Xesus Ferro Couselo, e miña profesora do Instituto.
Eiqui vos deixo os nomes:
1. DANIEL VAZQUEZ
2. ¿
3. D. JUAN SACO MAURESO CATEDRATICO DE LATIN
4. D. GERMAN GUTIERREZ PROF CIENCIAS
5. RAMON SABUCEDO
6. FELIPE CRIADO MARTIN (PINTOR)
7. AVELINO FERNANDEZ OTERO
8. JOAQUIN RODRIGUEZ GONZALEZ
9. ¿
10. ENRIQUE REY LORENZO (PSTE. ONCE EN VIGO)
11. CESAREO PEREIRA RODRIGUEZ (O MELIAS)
12. JOSE FERNANDEZ VAZQUEZ
13. RAMON ALVAREZ QUESADA
14. MANUEL QUESADA ALVAREZ
15. AMADOR GONZALEZ ORDOÑEZ
16. SALVCADOR FERNANDEZ VAZQUEZ
17. BASILIO
18. SERGIO CANAL
19. CASTELAO
20. D. JESUS SORIA .CATEDRATICO DIBUJO
21. EFREN BORRAJO DACRUZ
22. EDUARDO PEREIRA AMADO
23. JOSE ANGEL VALENTE DOCASAR
24. GUSTAVO SOTELO PARAMO
25. STA. BARRETO (PROFESORA)
26. DOÑA Mª TERESA DELGADO (PROFESORA)
27. BERNARDINO GOMEZ IGLESIAS
28. LUIS DIEZ VIGO
29. MARTIN FERNANDEZ
30. YEBRA
31. SERVANDO ELLACURIAGA TESOURO
32. CESAR OLANO GURRIARAN
33. ALBERTO MEIJIDE
34. JOSE PEREZ DOMINGUEZ
35. D. LUIS SEARA BRULL
36. RAMIRO FERNANDEZ
37. EIRIZ
38. LUIS BECERRA GIL
39. ANTONIO MUÑOZ QUINTAIROS
40. JUAN FERNANDEZ PENEDO
41. ENRIQUE TOBAR BOBILLO
42. JOSE PEREZ RODRIGUEZ (EL DE LA MEMORIA INCREIBLE)
43. AUGUSTO GONZALEZ SEARA
44. ISIDRO FERNANDEZ
45. D. JAIME PEREZ-COLEMAN

Grazas de novo a Don José Perez Rodriguez, e o seu fillo José Manuel Perez Vazquez.

24/2/11

Maristas internos no 73-74

A ver si lle colledes gustillo o asunto; se vos fixades esta seman levo tres entradas, que son dalgun de vos, e pra mín de verdade que e un autentico pracer non ter que pensar en que vou poñer. (Eso mismo pasalle a miña muller cando ten que pensar no que vai facer de comida prao día seguinte, e desde fai tempo, procurolle axudar.)
Eiqui vos deixo os datos que me envia o amigo José Manuel Perez Vazquez, que xa ten axudado en mais dunha ocasión; tratase dos rapaces internos dos Maristas o curso 1973-74. Si podedes poñerlle nome a algun dos que teñen a interrogante, xa sabedes; tedes o mail a vosa disposición.
¿ , Reverter, Manuel Bayon Meleiro,?, Cobos, Blanco Pardo, Chao, Cobos, ?, ?, ?, Santiago Penedo, Gallego, Federico Cocho, ?

Gonzalo, Celis, ¿,?,¿,?,Gayo, ?, ?, ?, ?, Perez Vazquez, ?, Iglesias, ?

¿,?,?,?, Alvaro Gelpi, Miguez, Novelle, Fernandez Perez, ?,Giao, ?, ?, ?, ?,

¿,?,Luis Nogueiras, ?, ?,Cañizo, Alvarez Vazquez ,Chicho, ?, ?, ?, Jesus Rodriguez Dieguez, Ancochea, ?, Ordoñez

?,Antonio FidalgoLorenzo,?,?,?,?,?,?,?,?;?,?,?;Quevedo.

A ver si se anima alguien a identificar a los demas…
Cada interrogación es un lapso en la memoria…

23/2/11

Palacio Luminoso "Ernesto Foliers"

As opcions de entretemento que tiñan os nosos avós, e pais, non eran nin de lonxe as que hoxe en día podemos disfrutar, a pesares desa escasez, eles sabian pasalo ben.
O millor, froito desa escasez, sabian valorar o que tiñan. En canto a salas de variedades e incluso cafes, a cidade non estaba sobra precisamente, pero cando buscas información nas antigas publicacions, podes ter algun erro. A causa e que moitas destas salas cambiaban de nome e dono pero seguian no mesmo local.
Un destes casos, e o do cine "Pinacho", no cruce da rua do Paseo, ca de Cardeal Quiroga (hoxe Alejandro Outeiriño), esta sala pensei que xa tiña identificados os seus nomes, e hoxe grazas o amigo David Simón (Arquivo visual Ourensán), aparece un novo, (supoño que sería ahí, non teño datos doutra sala neses anos); O Palacio Luminoso, vense a sumar os xa coñecidos Cine Barbagelata, Salón de Variedades, e Salón Apolo; unha posibilidade, e que na época do cine Barbagelata, este fora o nome oficial, o de "Palacio Luminoso".
Outro detalle de interese que temos na publicidade que vos mostro, e o artista que se presenta, falamos do ano 1909, e si dades un paseo polo blog, veredes que o ano 1917, este artista tamén visitou a nosa cidade.
Oito anos no mundo do espectaculo e unha vida enteira, pero Ernesto Foliers, foi unha das grandes figuras do espectaculo, e o seu grandioso arte, permitiulle disfrutar do favor do publico, durante moitos anos. Folliers era un transformista e imitador das grandes do cuplé, as que según a prensa da época, nalgún caso "Lo hace mejor que ella misma", La Chelito (Consuelo Portela), La Fornarina (Consuelo Bello), La Bergés, La Goyita (Pepita Ramos), eran algunha das transformacions que o gran Ernesto facia.
Nesta actuación que se anuncia no cartel que vos mostro, do 1909, Ernesto estaba a piques de se converter na primeira figura do Price de Madrid, a meca do Cuplé, (o ano 1911). Se non me equivoco, a outra actuación que teño datada na cidade, do 1917, coincide ca sua xira de despedida dos escenarios.
Se atopo mais datos ou algunha grabación da época (vai ser complicado), dareivolos; penso que e un tema atrainte. 

22/2/11

Caixas de Aforros

O fio da exposición da que vos falei o Domingo "Faustino Santalices"; (por certo quero felicitar os organizadores pola sua previsión, e o que eu pensaba que ia ser un defecto, o final foi unha moi boa decisión; dalgun xeito dixen o domingo que a hora elixida pra facer a presentación non era a millor, e a verdade e que vista a concurrencia o acto, penso que foi unha idea magnifica, se chega a ser a unha hora mais comoda, o acto houbera sido complicado de realizar debido a cantidade de xente que concurriu. Por outra banda e un motivo de ledicia, ver que a cultura, ainda e capaz de mover á xente.).E aproveitando esta fotografía que podedes ver nela, (outra copia; esta pertence o amigo Pastor Fabrega), sirveme de nexo de union cun tema de candente actualidade. O vernes pasado, decidiuse por fín, cales eran as condicions de funcionamento das Caixas de Aforros.
 Deus me libre de opinar desas cuestions, tan sesudas, non teño nin o coñecemento suficiente, nin ganas de facelo.
O que si me gustaria e lembrar unha entrada que fixen fai pouco tempo na que co gallo das discusions que habia pra facer a fusión das caixas galegas (segundo semella, inutil), recordei o espiritu da sua creación. Pra ver aquela entrada   Preme eiqui, pero por se non vos apetece darlle o dedo, reproduzoa nesta entrada,cunhas pequenas modificacions. Daquelas falei do posible nome da fusión resultante, e hoxe penso que eso carece de todo interese.
"Caja de Ahorros Provincial de Orense. (C.A.P.O.)


As caixas de aforro, naceron pra facer fronte á necesidade de axudar ao pequeno aforrador; a inexistencia de sistemas de protección social, e o feito de que a banca privada, só mostraba interese pola empresa, e as grandes fortunas, levaron á clase política a mediados do século XIX, a fomentar a creación das Caixas de Aforros.
Os seus fundamentos pois, non buscan o lucro, senón o servizo á cidadanía, por iso nos seus órganos directivos, sempre estiveron involucrados os gobernos locais.
Cando no ano 1932, desde a deputación Provincial, Don Luís Fabrega Coello, impulsa a creación da Ourensá, Caixa de Aforros Provincial, buscábase, abrir unha porta a toda a cidadanía, para que co esforzo común, e unha "segura" política de investimentos locais, fomentásese o crecemento da Provincia.
Obrigado é recoñecer, que no caso Ourensán, tivemos que esperar ao boom da emigración, para que a nosa caixa vivise os seus momentos de esplendor, lonxe quedaban aqueles días, en que Don Luís achegábase á oficina da Caixa nos baixos da actual Deputación e logo de consultar como ían os movementos do día, (escasos ou inexistentes a maioría dos días), efectuaba un ingreso na súa conta.
A colaboración da Caixa, foi fundamental, para o crecemento das escasas industrias que se crearon na provincia, e pra a mellora na calidade de vida dos Ourensáns; a proximidade no seu momento foi fundamental.
Hoxe en día é evidente que non é viable un sistema case familiar, como era o da Caixa, pero algún modelo haberá que atopar, para que se poida seguir axudando ao pequeno empresario, e colaborar cos emprendedores locais."
A fotografía que ilustra a entrada, como xa vos dixen, podedes vela na exposición do Museo, que volvo recomendaros a sua visita. É complementaria a que tedes na antigua entrada:
 E o convite que se fixo pra celebrar o nacemento da "Caja de Ahorros Provincial de Ourense", e celebrouse no deposito de auga de San Francisco o día vinte de Marzo do 1933, nesta recoñeceredes a mais dos xa citados na anterior,  Don Luis Fabrega Coello, Don Justo Mendez Aguirre, Don Eleuterio González Salgado (Leuter), Don Constantino Añel, Don Manuel Suarez Castro, Sr. Vidán; a estes outros personaxes da historia da nosa cidade, Don Luis Xesta (corrección de Pastor F) , Don Faustino Santalices, (no centro con gafas escuras, na sua faceta de secretario do goberno Civil), Don Basilio Alvarez (o abade de Beiro), e por non aburriros, xa que esta fotografía e posible que volva a aparecer no blog precisamente pra identificar os maximos posibles dos personaxes, citar que o grupo folklorico que ía amenizar a xornada e sae na imaxen, e o  dos "Enxebres".
Eiqui vos deixo tamén un anuncio publicitario das caixas do ano 1989, queria por o de "Estamos con la gente", que tan famoso se fixo, pero non fun quen de atopalo. 

  

21/2/11

Villa Amelia, por fín (Paco Boluda)

Seguimos cas pesquisas, pra axudar a amiga Chus, que quere saber onde vivian os seus antepasados, na cidade. Despois de unha metedura de pata, confundindo o Sanatorio do doutor Pol Piñeiro, ca Villa Amelia;  parece ser que esta vez o dato esta confirmado, eso sí, grazas o amigo Paco Boluda, quen a parte de facilitar a fotografía, aporta os datos de como era esa fermosa casa. Leede a descripción, que e unha maravilla. O final a ubicación e na rúa Celso Emilio Ferreiro, cruce con Camino Caneiro.
"Aiquí está a foto. Non se ve moi ben.
 O edificio que se ve a esquerda, e a esquina do edificio principal de Villa Amelia e parte da sua terraza xa coa balaustrada parcialmente desaparecida. A rúa e Celso Emilio e o camiño de frente e Camiño Caneiro, ao fondo está o túnel de San Francisco.
Villa Amelia era un pazo urbán impresionante, aunque cando eu o coñecín xa estaba en decadencia. A entrada principal efectuabase dende un portalón que daba a actual rúa Celso Emilio Ferreiro. Por el accedíase a un xardín presidido por unha fonte circular moi parecida a da praza das Mercedes, solo que por estas datas xa non funcionaba como tal, senon que estaba rechea de terra onde se prantaran gran cantidade de rosais. Nos parterres deste xardín había sobre todo hortensias e camelios. Ao redor da fonte había unha especie de paseo para que puideran dar a volta os carruaxes de cabalos. Dende este xardín accediase ao pazo mediante unhas escaleiras de pedra con baranda de ferro que remataban nunha solaina que a modo de balcón percorría toda a fachada do edificio. No medio estaba a porta principal que daba acceso ao hall presidido por un gran espello e un monumental percheiro de madeira. A dereita estaba a porta do salón de baile, decorada con vidrieiras e a esquerda a porta que daba as estáncias personais da familia. Tamén lembro que na solaina tiña no fondo a esquerda o retrete, que viña a ser un cilindro de pedra cun burato no medio. Na planta de abaixo estaban as cociñas, a adega e as cocheiras onde se gardaban os coches de cabalos.
Contiguo ao edificio principal, a man esquerda, estaba a casa destinada ao persoal de servizo do pazo, como é loxico moito mais sinxela que o pazo. Tiña duas plantas, a superior para o persoal e a baixa para cuadras e un pequeno taller. A xente que traballaba no pazo tiña o retrete nunha casoupa de madeira no medio das fincas traseiras.
Detrás do xardín da entrada e separado por unha tapia estaba o xardín de arbores frutais con nogueiras, laranxos e figueiras que abastecían o todo o barrio, porque alí entraba todo o mundo. Ao fondo de todo, xa colindante ca vía do tren estaban as hortas e os viñedos, xa por entonces abandonados.
Villa Amelia naqueles tempos, anos sesenta, estaba ao coidado de don Eliseo, que se adicaba a venda de peles e que utilizaba a adega do pazo como almacén. Era unha excelente persoa, a sua filla Nelly montou anos despois o mítico bar Eirociño na praza do Ferro.

Foi unha pena a desaparición deste edificio, pois era un magnífico exemplo de pazo urbano. Na actualidade o seu solar está ocupado por un edificio que nos baixos ten un establecemento de coches de segunda man.
Unha aperta.
Paco Boluda"

Doulle as grazas o amigo Paco, e agora somentes falta, ver se alguen ten unha fotografía na que se vexa mellor, o edificio.

20/2/11

Exposición Faustino Santalices

Maña luns 21, as 11,30 no Museo Municipal, tera lugar a inauguración da Exposición
 "Faustino Santalices;
ciencia da gaita, consciencia da zanfona".
Moitos supoño que non poderedes asistir a presentación; eu intentareino, pero non sei como sera. O que si teño claro, e que buscarei o xeito de pasarme polo Museo Municipal pra disfrutar vendo a exposición; tiven a fortuna de poder leer o catalogo da exposición, e podo asegurarvos, que as fotografías que se van expoñer, vanvos gustar os que coma mín disfrutades cas bellas imaxes.
Por si eso non fora bastante, poderedes contemplar, xoias instrumentales, xa non somentes algunha zanfoña, senon tamén os aparellos dos que se valia Don Faustino no se obradoiro de Lutier, pra darlle vida a madeira, e facer que falara con ese ronco son destes vellos instrumentos.
Supoño que tamén sera posible escoitar algunha das obras que tanto ca gaita como ca Zanfona, grabou o longo da sua vida, e sin duda estara representado, o fantastico traballo de investigación que durante toda a sua vida, desenrolou, e permite que hoxe podamos disfrutar da musica folklorica galega co seu son orixinal.

Xa vos adianto, que cando remate esta   exposición, vai comezar outra que espero sexa do voso agrado, comisariada polo Arquivo visual Ourensan 
"Ourense, un século de fotografía"

19/2/11

Salesianos no Centenario V

E xa como remate destas entradas adicadas o Centenario dos salesianos na nosa cidade, recomendarvos o libro que ten editado a comunidade co gallo da celebración.
Aproveitando novamente o traballo do amigo Secundino, remitovos a sua web, onde fai unha moi boa presentación da obra.
E incluso na miña vagancia, utilizo as suas palabras, pra que sepades como facervos con el.
"Los interesados en el libro lo podeis pedir al Colegio de los Salesianos de Ourense que seguramente os pondrá en contacto con la Editorial.
La Editorial es CCS, c/ Alcalá 166 - 28028 de Madrid. Tfno.: 917252000."

Non descarto facer algunha entrada mais do colexio, pero polo de agora espero que os amigos que se me queixaron pola falta de seguemento do centenario, Salesiano, estean contentos.

Felicidades a toda a comunidade Salesiana, e a por outros cen anos.

18/2/11

Salesianos no Centenario IV

Non seria xusto deixar esta serie de entradas, sen que fagades unha visita a páxina do colexio dos Salesianos, na que tedes gran cantidade de imaxes e datos que falan da presencia e o fenomenal traballo feito por esta comunidad na nosa cidade. Web Salesianos Ourense.
Na fotografía, que vou procurar que ma deixen con mais calidade, podedes ver o antiguo caserón de Dona Carlota, promeira instalacion da comunidade Salesiana, e como era o entorno do colexio no ano 1912. A rúa Progreso, semellaba un camiño, e a falta de edificacions cercanas era evidente. Tedes que ter en conta, que cando se fixo esa casa, o seu destino ia ser unha fabrica de curtidos que buscaba aproveitar a proximidade do Miño, pra desempeñar a sua tarefa.
O que ia ser pra curtir peles, rematou sendo un centro onde se curten Homes.

17/2/11

Salesianos no Centenario III

"Romasanta"
 A entrada de hoxe, que continua as dedicadas o centenario dos Salesianos na cidade, e un agasallo do amigo Secundino, quen a pesares de contar cun enlace no lateral do blog (os seus fantasticos blog, e seica anda argallando un novo), ofreceume amablemente a oportunidade de utilizar algunha das suas imaxes no meu.
Voume limitar a poñervosos enlaces directos a zona do seu blog, onde se poden ver os datos das magnificas fotografías que nel podedes atopar, (conta tamén ca amable colaboración, dos Salesianos, que lle permitiron acceder o seu arquivo, o cal tamén e de agradecer).
Neste enlace tedes unha pequena biografía dun alumno do colexio, que conseguiu facerse un oco no complicado mundo do futbol nacional, (que eu saiba non pasa dos dez o numero de Ourensans que o conseguiron, Miguel Angel, Cortes, Rodolfo, Modesto, etc), Jose Luis Suarez Conde, "Romasanta" Preme eiqui. Xa postos, tedes tamén a de Cortes, neste outro enlace Preme eiqui
E por último tedes eiqui unha fantastica selección de fotografias do arquivo dos Salesianos, Preme eiqui, das que escollín esta, dunha procesión do ano 56 presidida polo  Bispo Don Angel Temiño Saenz, na que podedes ver o que era a casa da Xefatura Provincial do Movemento na rúa Curros Enriquez (que xa apareceu noutra ocasion no blog), e o seu carón o bar Retiro, por se non sodes quen de ubicalo, hoxe neses solares levantase o edificio do Banco Pastor na esquina do San Lazaro.
Pero realmente o motivo de escoller esta imaxen, e que entereime esoutro día, grazas o amigo Pastor Fabrega (do Arquivo visual Ourensán), de que as estatuas que estaban no xardín dese chaleciño que antes de ser da Xefatura, era a residencia de Gil Torre, ainda se poden ver hoxe na entrada do Xardín maternal no barrio do Couto.
Estou empezando a pensar que o fin e o cabo non e tan malo o tema de que as nosas fontes, estatuas e incluso pontes sean viaxeiros, alo menos escapan da desaparición a cambio de mudar a sua ubicación. (por desgraza non todas, por exemplo algunha farola, e algunha fonte, non correron a misma sorte).
De todolos xeitos, recomendovos que naveguedes un rato pola web de Secundino, esta chea de xoias que de seguro vanvos gustar.

16/2/11

Salesianos no Centenario II

 Tal e como dixen onte, eiqui tedes mais fotografías dos Salesianos.
Froito da sua tradición no basket, a gran maioria das imaxes que puiden atopar, son precisamente de equipos deste deporte. E ireivos mostrando mais, o amigo Nino, Miguel Abad e Bayon, algunha me teñen deixado. Hoxe sin embargo, acudo o incansable amigo Lisardo Mazaira, que desde que comeze esta aventura na rede, a estado sempre colaborando, non soo cas suas fotografías, senon tamén facendo unha labor de busqueda  extraordinaria, que novamente agradezolle.
Nas fotografías, das que non podo aportaros nomes, (deixo esa tarefa pra vos se queredes botar unha mán, xa que eu non os coñezo), saen os equipos de baloncesto, que daquelas chamabanse Savio uns e Bosco outros (tamén poderiades darme datos dese tema), en concreto son os do 52, e os do 53. Se vos fixades veredes que o colexio estaba en aqueles momentos en construcción. 
 E de agasallo eiqui tedes un anuncio da prensa, do ano 1925, eran dos que no mes de setembro os colexios, daquelas privados, facian pra dar a coñecer a sua oferta educativa.

15/2/11

Salesianos no Centenario I

Fotografía propiedade de Santiago Mosquera

Cando alguen ten a razón, e de xusticia darlla.
Estes días algún de vos, antiguo alumno de Salesianos, deume queixas, polo pouco seguemento que lle estou fa facer no blog, o seu centenario.
Razón ten, pero podo asegurarlle, que a intención, non e obviar a efemerides, da que publicamente felicito a toda a comunidade Salesiana, senon que na rede esta perfectamente representada pola propia web colexial, e as magnificas páxinas de Secundino, as que tedes un enlace no lateral do blog.  E por que non recoñecelo, no meu arquivo, son poucas as fotografías que teño do colexio e os alumnos, case que todas as que coñezo, son grazas precisamente a estas duas fontes.
De todolos xeitos, cos meus escasos posibles tentarei contentar o amigo. Hoxe eiqui tedes unha simpatica fotografía que o amigo Santiago Mosquera (Arquivo visual Ourensán), deixoume fai tempo, na que podedes ver como estaba a zona docampo de futbol; (hoxe totalmente remozado e fantasticamente cuberto con herba artificial), daquelas estaba un pouco mais afastado do colexio, e como podedes ver non tiña feitos os vestiarios, e botase en falta o pavillón da zona superior. O que non sei e que poderian ser esas columnas de pedra e a estructura que se ve os pes dos rapaces.
Maña mais.  

14/2/11

Día dos.... namorados

 Xa vos dixen en mais dunha ocasión, que non son moito dos días de..; pero e somentes porque estou aberto a recibir agasallos calquera día, non fai falta ter unha escusa comercial.
Pero penso que hai xente que si lle gusta celebrar eses días, pra eles, eiqui vos deixo estas duas imaxes, a de arriba, penso que ben poidera ser unha fotografía, ou ten toda a pinta de selo, pero o tela na mán, mais parece unha postal comercial. O que si vos podo asegurar e que o texto que ten pola traseira, fala de "afecto sincero", realmente e o unico que pon, "con afecto sincero,  Ribadavia 1917".
Por si acaso a anterior non fora unha postal de namorados, eiqui vos deixo esta outra, que forma parte das que a Editorial Fher, puso en circulacion desde os últimos da decada dos 50.
O resto da seman, vai estar adicado o Centenario dos Salesianos na cidade.

13/2/11

Os Castelaos de Ourense

Empeza a ser habitual, que os fins de seman, poñavos libros nas entradas, moitos xa os coñeceredes, pero supoño que pra algún pode ser unha maneira de facilitarlle que complete a sua biblioteca de libros con Ourense como protagonista.
Hoxe tiña pensado falarvos dun magnifico catalogo, Olladas dunha época, pero cando xa estaba feito, vin este na estanteria, e a verdadee que levaba un tempo esquecido, nela. Por non faltarlle ao respeto a Don Alfonso, e sabendo da xentileza do sr. Blanco Cicerón, cambiei o turno.
Os Castelaos de Ourense, e unha recompilación feita pola profesora dona Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, de todalas obras que nun principio, no ano 1986, e posteriormente no 1989, (data da 2ª edición, que e a que eu teño), obraban en mans de Ourensans. Non teño mais remedio que decilo dese xeito, xa que a maioria das obras eran propiedade daquelas, de Caixa Ourense, e hoxe con esta lea das fusións e bancarizacions, fai tempo que me perdín, e sinto non poder decirvos en que mans estan agora as obras. (quero pensar que seguiran por eiqui, agardando darlle unha forma legal o tema da propiedade).
Por si queredes buscalo nas librerias, ainda que non vai ser sinxelo atopalo, douvos os datos da obra.
CARBALLO-CALERO RAMOS, Mª Victoria. Os Castelaos de Ourense; Caixa Ourense 1989.
Vai ser mais rapido ir a unha biblioteca, e disfrutalo de prestado.

12/2/11

Cen anos de O barco nas fotos

Xa utilizei os datos deste moi bo libro, en duas ocasions, e posiblemente siga sendo de moita utilidade, pra outras entradas.
O amigo Natalio Blanco (do Arquivo visual Ourensán), foi quen tivo a amabilidade de deixarmo, e por fortuna tiven a posibilidade de facerme cun exemplar pra miña colección.
E un traballo, certamente moi bo, tanto na recompilación de fotografías, como nos datos historicos que aporta sobre a Vila do Barco.
O autor e coordinador e Don Gustavo Docampo Paradelo, e a edición corre a cargo do Concello de O Barco, ca colaboración da Deputación de Ourense, e a Conselleria de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia. Ano de 1990.

11/2/11

Dona Obdulia

Fotografía propiedade de dona Elisa Gonzalez Pombar (nora de dona Obdulia)
Nunha desas elucubracions bizantinas, que as veces metese a miña cabeza, pensaba en que ante calquera problema, sempre se poden adoptar duas posturas: o que non fai nada, e deixa nas mans dos demais a responsabilidade, (eso si, se a cousa sae ben, procura sacar tallada), e o que se decide e pon mans a obra.
este segundo, e certo que sempre pode acertar ou errar, pero eso nunca se sabra ata que non o faga. (se sae mal, os do outro grupo, frecuentemente vanno crucificar, pero e que e así a vida).
Ben esto a conto, porque esoutro dia lin varios articulos do merecidisimo homaxe, que se lle fixo a dona Obdulia Diaz e mais a sua filla, inaugurandose unha estatua na sua memoria, no casco vello da nosa Auria, podedes leelos nestes enlaces, (pra ler o de Cristina Huete no diaro El Pais Preme eiqui), (pra ler o da amiga Rosa Cid Galante, no seu blog, Preme eiqui); tamen lin, e foi o que me chamou atención, un foro, no que a xente opinaba da noticia, e a gran maioria tiñan palabras de agradecemento pra esta gran señora; o caso e que unha delas, decia algo semellante a esto, "por que temos que agradecerlle nada, ela fixoo sen agardar ningun homaxe".
Estou totalmente dacordo, ela fixoo porque saiulle do seu corazón, e o unico que esperaba era ver as facianas sorintes daqueles rapaces, que a vian como outra nai. Esa era a sua recompensa; pero a sociedade, penso que tamén ten a obriga de reconocerlle os meritos, a un cidadan que ca sua actitude beneficia os seus semellantes, como reza no lateral do blog, "de bien nacido es ser agradecido".
Ela non pide nada, pero mereceo. Grazas dona Obdulia.

10/2/11

Ervedelo 1925 (José Samaniego)

Non e a primeira vez que aparece este edificio singular no blog, e non vai ser a última.
O ano 1925 o fotografo José Samaniego, supoño que por encargo do periodico La Región, fixo unha reportaxe fotografica do edificio que dona Angelita Varela, mandou facer no daquelas pouco habitado barrio do Couto.
Na fotografía non se aprecia, pero a rúa Ervedelo daquelas, era de terra, e lucia eses arbores que vedes na imaxen, pasear pola zona de seguro que era como facelo por un xardín. Os edificios que se ven eran os destinados a Igrexia, e Biblioteca; e como xa sabedes o lateral que hoxe ocupa a rúa Vila Real, antes era unha parte da finca que rodeaba o edificio. Fixadevos tamen, que ainda non estaba feito o peche de pedra que semella a entrada a un castelo, cas suas torres. 
Como xa vos dixen, non ando sobrado de tempo, polo cal somentes vos mostro esta imaxen, pero en breve mostrereivos algunha mais das do reportaxe, xunto cos datos da obra, e os motivos que impulsaron a Marquesa de Atalaya Bermeja a ordear esta construcción.

9/2/11

Toreros na cidade

Que eu saiba, o cal non e garantia de nada, non houbo ningun mestre no arte do toreo, que fora paisano noso; afeccionados podo asegurar que si houbo moitos, e como mostra eiqui tedes esta fermosisima fotografía do mestre José Pacheco.
Como reza na propia instantanea, retrata o "grupo de aficionados que tomaron parte en la novillada".
Voume arriscar a que poucos sean os que entendan esta entrada, pero, quero decirvos, que o Arquivo visual Ourensán, nun curto prazo de tempo, vai tentar que o numero de mestres ourensans no arte de cuchares aumente, de xeito considerable, eso sí, somentes no papel; que non queremos entrar en disputas sobre si festa si ou festa non; eso son temas doutros foros.
Da fotografía lamentablemente non podo aportar ningún dato, nin siquera onde se fixo, (ainda que penso que se trata da estacion de Canedo), nin cando, (poidera ser nos anos 20). Supusen que vos gustaria vela, a pesar de que non teña datos.
Estade atentos e mais ou menos en dous meses entenderedes esta entrada, mais exactamente o 31 de Marzo.

8/2/11

O Paseo

Como podedes comprobar no lateral do blog, esta entrada, fai o número 100, na sección de rúas.
Por iso e a modo de celebración, móstrovos esta fotografía, creo que pouco coñecida, da nosa rúa do Paseo.
Desde que se lle mercou a don Juan Igneson, a súa casa, e posteriormente o enxeñeiro Sr. Trompeta, deseño o trazado desta rúa, aos poucos foi gañando en importancia, ata converterse sen dúbidas, na rúa máis transitada da cidade.
Calquera forasteiro que visite a cidade, o máis posible, é que pasee polas súas beirarrúas nos tempos en que estaba aberta ao tráfico, e polo medio da rúa, desde que se converteu en peonil.
O paseo foi e en gran medida segue séndoo, (en dura e desigual competencia coas grandes superficies e centros comerciais), o mellor escaparate da cidade. Escaparate en todos os sentidos, non só o comercial, senón tamén no social; houbo un tempo, en que os mozos viraban unha e outra vez, rúa arriba rúa abaixo, en sentido contrario, para que o "azar" fixese que se visen en cada xiro, e puidesen educada e respetuosamente saudarse; as parellas xa estables, sentaban nas terrazas das cafeterías diseminadas ao longo da rúa, "El Moderno", "La Bilbaína", "La Ibense", "El Miño", etc., para saudar ás súas amizades, (e de paso comentar o modelito que levaban); os centros de diversión alí estaban establecidos, o Pinacho, O Salón Apolo, O Teatro Losada, O Auria, etc., todas as artes tiñan cabida nas súas beirarrúas.
Unha rúa moitas vivencias, iso é a rúa do Paseo en Ourense.

Se rebuscades no blog, poderedes atopar imaxes de varias épocas, pero iso si tede en conta que o nome sufriu variacións, e que non sempre se considero unha soa rúa; homenaxeo en diferentes épocas a dúas persoas ao mesmo tempo.

7/2/11

Casa de Baños "la Moderna"

Revisando os diarios doutra epoca, (cada un ten os seus vicios, e este e un dos meus); atopei no diario La Region, do ano 1925, este anuncio publicitario da casa de baños "La Moderna".
Xa en mais dunha ocasión se mencionou no blog, cando falei da casa de baños do Outeiro, e tamén o falar dos fielatos. O que non tiña feito ainda, era mostrar unha imaxen dela.
Teño no arquivo, algunha de mais calidade, pero neste caso aproveitarei que xa ten a explicación das suas caracteristicas, no propio anuncio.
Non sei como andara o tema da propiedade dos manantiais, que daquelas como se pode ver eran privados, o que si sei, e que por andar xogando con eles, a Burga tivo algún problemilla. (cas cousas de comer....)
Pra os novos e os despistados, lembrar que ainda non fai moito tempo, estaba ubicada no fondo da praza de abastos, onde hoxe esta un solar preparado, pra... Ainda non se sabe que.

6/2/11

Moncho Borrajo. Poeta

O de poñerlle apelido a Don Ramón, e porque calquera día aparecera polo blog, como pintor, ou como actor, ou pode que na sua faceta de comico.
Fai xa un par de meses, que tiña que ter feita esta entrada, pero deixeille o libro a un amigo, ou mellor dito colleumo na miña casa, eso sí, despois de preguntarme si xa o tiña lido; e ata esta semán ,non poiden escanear a portada, pra que o vexades. Non, non tedes problemas de visión, o xeito de por o titulo, chama a atención, (algún día se podo, preguntareille porque ten duas consoantes o dereito).
O libriño, e unha recompilación de poesias, nas que dun xeito natural, (como ten que ser), trata o tema do "amor". Do libro non quero nin debo opinar, a poesia pra mín e algo intimo, e cada un ten que lela libremente e sin recomendacions.
Sen embargo de don Ramón, ou millor dito de Moncho Borrajo, se que quero comentarvos un recordo de fai anos que teño asociado con él.
Non lembrades un ourensán que penso que lle chamabamos "popotito", ainda que non podo aseguralo; que deciaslle calquera palabra ou serie de palabras e il facia nun instante una fermosa poesia. Nos meus doce anos, os cadernos das miñas compañeiras estaban repletos destas sinxelas rimas. Pois cando eu descubrin a Moncho Borrajo, na pantalla da tv, foi facendo algo semellante, e dende aquelas sempre que o vexo, venme a cabeza.
Disfrutade co libro e aproveitade de cando en vez pra incluir un pouco de Poesia na vosa vida. 

5/2/11

Musica Medieval en Ourense

 Este xoves pasado, presentouse no Centro Cultural da Deputación, este Cd; sinceramente penso que e unha xoia, e pon o punto final a primeira parte dun extraordinario traballo de recuperación feito por Don Manuel Rey Olleros.
Fai uns cantos anos, o monxes do Mosteiro de Silos, permitiron que os profanos poideramos achegarnos a esta Musica, (vai con maiuscula, porque como dixo na presentación, o responsable da edición Carlos Nuñez Deza, a historia da musica comeza, eiqui). Co cal xa non e algo novo pra os nosos oídos, o que si e novo, e é de agradecer, e que hoxe poidamos escoitar estas obras que se recuperan dos Arquivos da nosa cidade e  provincia. 
Os libros poden resultar algo complexos pra xente pouco entendida no arte musical, pero o cd, resultado deses estudos, pon o alcance de todo o mundo, eses sonidos perdidos no tempo. Por fortuna e gracias a un grupo de estudiosos, apoiados polas institucions, Deputación, Concello e Xunta de Galicia, esta parte da nosa historia volve recobrar vida entre nos.
Pra que o traballo tivera a categoria que merece, pediuse a colaboración, o director Alberto Turco, quen co grupo Gregoriani Urbis Cantores, deron vida a este magnifico Cd, a grabación fixose no marco incomparable da basilica dei Santi XII Apostolli de Roma.   
Facedevos ca obra, e disfrutade destes sonidos, que invitan a calma, tan necesaria nestes tempos. 
Pola miña parte, quero tamén felicitar o profesor Don José María Alvarez, quen na presentación, foi quen de en breves palabras, e con pequenas estrofas cantadas, facernos entender un pouco millor alguna das caracteristicas deste estilo musical.

4/2/11

Os Maristas no Barco

A proba de que non son un historiador, revélase perfectamente nesta entrada, e algunha máis das que fixen dos Irmáns Maristas en Ourense.
Se revisades o blog, veredes que á marxe da pequena historia dos Maristas na cidade que aos poucos vou facendo, de cando en vez, douvos algún dato que considero novo.
Unha cousa é atopar un dato novo, ou ata dous, pero neste tema, xa son moitos os que foron aparecendo.

Nesta ocasión, trátase da referencia, ao intento de instalación no Barco, doutro colexio dos irmáns, o cal houbese sido o cuarto xunto cos da cidade, Ribadavia e  o Carballiño.
Conta don Gustavo Docampo Paradelo, No libro "Cen anos de O Barco nas fotos", (Concello do Barco, 1990); que no ano 1912 o párroco Pablo Salvadores Ferreruelo, conseguiu que os irmans Maristas contemplasen a posibilidade de abrir un colexio no Barco. Para iso trasládase á zona, o asistente xeral da orde. (Puidese ser o irmán Stratonique, quen consta que pasou por Ourense o 11 de abril de 1913, aínda que non coincidiría coas datas achegadas polo libro de Don Gustavo, segundo el, abril de 1914). Nesa visita, decídese a adquisición dunha leira para construír o colexio. Sería a coñecida por Calabagueiros.
O comezo da 1ª Guerra Mundial, paraliza momentaneamente, toda decisión investidora; ata que ao cabo duns anos, o párroco Don Pablo, recibe unha carta na que lle comunicaban a súa renuncia a continuar co proxecto.
A referencia publícaa o diario "El Sil" nº 15 de maio de 1956 P.T.Hervella: e di que desisten : 
“… a causa de las circunstancias actuales, de los propósitos que le habían animado a la compra de la “Granja de Calabagueiros”, para instalar un colegio…."
Como descoñecemos a data da carta, non nos atrevemos a relacionar o feito, cos acontecementos do 1918, en que como recordaredes a epidemia de gripe, paralizo practicamente a vida da provincia. Pero o cumulo de circunstancias acaecidas naqueles anos, imposibilitou a instalación dos irmáns na zona de Valdeorras.

3/2/11

Quen o lembra II

Fotografia propiedade de Dona  Elisa Gonzalez Pombar
Penso non equivocarme ao dicir, que a fotografía antiga é unha excepcional fonte de información; certo é que non todos os datos que achegan, teñen o mesmo nivel de interese, pero sen dúbida, son datos que non admiten discusión.
A fotografía de hoxe, é desas que me achegan novos datos, carentes de interese posiblemente para moitos dos lectores, pero necesarios para coñecer a historia recente da nosa cidade, e facer aflorar vellos recordos, sobre todo nos lectores de máis idade, que son os que teñen máis posibilidades de coñecer directamente o que se ve na imaxe.
A rúa de San Miguel, (Pixotaria, Rapagatos como queirades, á min particularmente, gústame o nome de Rapagatos), inicialmente chegaba desde a Praza do Ferro, ata Progreso, actualmente remata no cruzamento co Paseo. A parte de abaixo que é a que vemos na imaxe; actualmente só conta con dous negocios en funcionamento, "La Coruñesa" (daquelas confeitería), e a "Colchonería Ulloa". Como podedes comprobar na foto (mais ou menos dos anos 40), non foi sempre así; "La Coruñesa", é a única que pode presumir de manterse no mesmo lugar, (agora coma cafeteria, pero...), e o local da colchonería continua con actividade, aínda que naqueles tempos, era o "Restaurante Gelasio". O resto dos locais, hoxe pasaron a ser dependencias da Deputación, pero por aí estiveron "La Camisera", "Guante Varade", "Almacenes Baladrón", (había outro comercio da familia nos baixos dos xardinillos), "Calzados Vitan" (o último que pechou), e que eu saiba ningún mais, pero é posible que outra fotografía auméntenos o número.
Se tedes mais destas e mas enviades, agradeceriavolo

2/2/11

Judo ourensán

A historia do Judo, e penso que todolos deportes relacionados cas Artes Marciais en Ourense, poiderase decir que e moi recente. Eso sempre que consideremos que mais ou menos 50 anos e pouco.
Nos anos 60 (poida que un pouquiño antes) un grupo de ourensans, comezaron a practicar no Pavillon dos Remedios, este deporte; e case sen darse de conta, viron como tiña unha aceptación inesperada.
Manuel Montero Vidal, (o unico que eu saiba, que continua a sua relación co Judo; hoxe no ximnasio Marbel), Llamas, "Lolo" (Manuel Perez Lopez ), e algun mais que non cito por descoñecemento, colleronlle o gusto a este deporte, e non tardaron moito en dispor dun clube na cidade, O Banzai, que co tempo pasou a ser o Judo Club Ourense. Case que dende os comezos, tivemos practicantes de gran calidade, e na actualidad seguimos a ter un nivel mais que aceptable.
As fotografias son propiedade de Manuel Perez Lopez
O outro pilar da cidade nas artes marciais, foi o Coreano Lee Dong Kyu, quen dende o ano 1974, ensina TaeKwondo na cidade.
Como podedes ver, esta entrada e bastante pobre en datos, pero un pouco, e intencionado. Gustariame que o mestre Montero, o amigo Lolo, ou algún entendido no tema, botaran unha man, pra ampliar a información. O facer esta entrada teño unha escusa pra solicitarlles a sua axuda.

1/2/11

Enrique e Arturo Perez Serantes. Irmáns????


Como  en tantas ocasions, reclamo a vosa axuda, pra conseguir mais datos.
No meu arbol genealoxico, figura este señor que vedes na fotografía, tratase de Monseñor Enrique Perez Serantes (Bispo de Camaguey 1922, e Arzobispo de Santiago de Cuba 1948).
O caso e que o non ser ourensán de nacemento (naceu en Tuy), e que a sua relación ca nosa provincia, o marxe das suas raices familiares, (os seus pais se que eran Ourensans); dende a sua saida do seminario Ourensán, limitouse as frecuentes visitas que nos facia aproveitando os seus viaxes a Roma e outros destinos que por necesidades do seu cargo requerian a sua presencia. Non esta totalmente xustificada unha entrada adicada a sua persoa.
De todolos xeitos, gustariame que me axudarades, a aclarar, se Don Enrique, era irmán de Don Arturo Perez Serantes. Por extrano que poda parecer, non fun quen de atopar case que ningunha información, do que foi Presidente da Deputación Provincial, e Deputado nas Cortes.
E por outra banda as vellas grorias da miña familia paterna, lembran as visitas do Arzobispo, pero non teñen claro se don Arturo era o seu irmán.
De selo, Arturo seria o irmán maior, e teria nacido preto de Bande, onde a familia residiu nos primeiros anos, ata que se trasladou a Tuy, onde naceu Enrique. Os pais de Enrique, eran Agustin Perez, de Freixo, e Regina Serantes de Allariz. 
Como digo, seria moi factible, pero non teño datos confirmados, e gustariame sabelo.
Grazas por anticipado pola vosa colaboración.
Postos a pedir, gustariame que os irmans Maristas, botaranlle un ollo a esta fotografía, pra que me dixeran se iste irman Victor Lorenzo, que sae na fotografía con Monseñor, e o mesmo que tivo un gran protagonismo, no regreso dos irmáns, a nosa cidade. Tedes a fotografía e algun dato neste enlace fai click.
Se queredes saber mais datos de Monseñor Enrique Perez Serantes, visitade estes enlaces.
Fai click eiqui e eiqui