Consejos y avisos

31/12/08

Síntoo

Fotografía da nevada do 1918 aldea de Nestares (Colección del pueblo de Campoo)

Este está a ser un ano moi duro para os meus amigos, teño que volver acudir a un que quedou atascado noutra nevada, axiña que lle resolva o problema (como moi tarde nos reis magos), volverei publicar no blogue.

Mentres tanto feliz 2009 para todos.



O Posio nevado nos 50

29/12/08

Hospital de peregrinos da Trinidade

Plano.
Basado nun plano de Coello do 1856
Por suxerencia, do Doutor Simon Lorda, debido á actual epidemia de cólera que se sofre en África, fago esta entrada do primeiro hospital que operou nesta cidade, nel tívose que loitar (o a lo menos tentouse) contra esa dura e cruel lacra.
Temos constancia, de que polo menos desde o século IV a.d.c. esa zona da vila, foi utilizada polos moradores da cidade; a existencia de restos de enterramentos de varias épocas, así o confirman.
Posiblemente a súa localización xusto no limite da vila, (acceso as Portas de Aíra (b) e do Vilar(a)), e o seu anterior uso como necrópole, deron lugar a que nos finaís do século XII edificásese un "Complexo Hospitalario" formado por, abadía (C)* igrexa (B)* e hospital de peregrinos(A)*.
O Hospital (A)*, da existencia do edificio do hospital (ou Hospitalillo da Trinidade, tivose constancia xa no ano 1194), estivo en pé ata o ano 1862, que despois de tempo sin ser usado, e ante un estado de ruina preocupante, desfixose, para dar lugar a aliñación da Rúa Pelaio.
A Abadia (C)* caeu sete anos mais tarde, a causa da necesidade de abrir a Rúa Pelouriño (Colón), car o novo Xardín do Posío, (Rúa do Padre Feijoo), ano 1869.
A Adega (D)*, na Rúa Pelouriño desapareceu no 1883.
A porta da Trinidade no 1916 dende fora. *no plano (2)
A igrexa (B)* afortunadamente, segue hoxe en pé, e por casualidades do destino, o hospital de San Roque na alameda, que foi a causa principal do decaimiento e desaparición do Hospital da Trinidade, acabou contribuindó a embelecer a entrada do atrio da igrexa no 1927.
A porta, no 1916 antes do traslado da do Hospital de San Roque. no plano 1
Se queredes ampliar a información tedes un marabilloso libro de Yolanda Barriocanal López, "Hospital, Igrexa e pazos da abadia da Santisima Trinidade" editado pola fundación Caixa Galicia.

As Lavandeiras

Hoxe segue na zona, aínda que poucos sábeno, está nos baixos da Praza de Abastos, e recibe poucas visitas, as lavadoras conseguiron que a moitas casas non lles sexa necesario; o progreso ten esas vantaxes, non todo é malo, o contrario pero temos que saber aproveitar o bo.

A Praza nos 60

60
Fotografía de Isabel Calviño, Terra Gallega.
Nesta fotografía vemos un dos mellores momentos da praza maior, negocios puxantes, (Fermín Garcia, Terra Gallega, Demetrio Borrajo, o despacho de Don Jose Perez Avila), signos de identidade locais, (a leiteira coa súa cantará na testa, o limpiabotas), tamen se ven marcas doutro momento puntual da historia, (a oficiña da F.E.T.), o que e evidente, era que a praza daquelas era moito mais "vivida".

27/12/08

Don Ramón e o seu xesto.

Xesto 1.
Esta entrada, non era para hoxe, pero non me puiden resistir.
Este fin de ano, será o primeiro en que saian a celebrar o ano novo algúns dos nosos concidadáns mais novos, e como os costumes mudaron, o do Liceo, segundo parece é para vellos, as festas en pisos, son inviables, (coas novas teorías, no salón das casas, cabe moi pouca xente, será para aforrar enerxía por iso da crise, ou para fomentar a natalidade?), co cal o que queda é sufrir as inclemencias meteorolóxicas no Correxidor, iso si con saias de pouco pano.
Eu polo menos teño o consolo, de que Don Ramón lles bote un ollo de cando en vez, e eles nalgún momento aínda que só sexa por respecto ao Patriarca, compórtense.
Se alguén non entende a relación destas fotografías, co comentario, que se fixe no xesto de orador de Don Ramón, e bótelle unha ollada á súa estatua no Correxidor. (Tedes unha foto por aí no blogue).
Xesto 2.

Nados no 58-59

Fotografía cedida por Don Justo Salgado
Arrojo, Firvida, Rivera, Suarez, Salgado, se me axudades a completar datos, poreivos mais destas, o que non a teña, xa sabe botón dereito, gardar imaxe como... e a recordar vellos tempos, sen artroses, sen depresión, sen hipotecas, que vidorra, xogar, ligar e de cando en vez estudar.
(Vixiade a Prospera, que xa se sabe os cincuenta.....).

Debe pertencer ao primeiro curso de Bacharelato (1968-69) e o titor Fidalgo ou, como moito,segundo (1969-70).
Paréceme distinguir a (dende arriba á esquerda):
Jorge Osuna,Tomás, Peter Cachafeiro ou ben Jorge Hentschel , Jose Manuel Sanchez x x x x x x Sas(?), x
Pedro Araujo, x x, Arturo Alonso, Arrojo, x x x x x x, Alfonso Fírvida
Justo Salvador Salgado Sanchez, Julio Rivera(?), x x x x x x, Coté, x x, Boente
Melchor Barja, Cobo(?), Blanco, x, JM Pérez Fernández(??, x, Jorge Iglesias Suarez- Noguerol (Gugu) x x x x
Realmente moitos dos descoñecidos -x- non o son tanto, xa que aínda hoxe nos falamos, pero os anos son os anos... e caras e nomes non cadran. (en negrita outras aportacións)
Grazas a Xose Lois Carrión pola axuda.

25/12/08

Mestres no 1895

Album familiar 2.
Fotografía do Albúm familiar
Ano 1895 unha nova promoción de mestres, acaba os seus estudos e reúnese no Xardín do Posío, para inmortalizar o evento, entre os novos difusores de cultura, atópanse Dona Syra González e Don Delfín Sánchez. (a fotografía, e a mais antiga das que teño datadas feita por Don Jose Pacheco).

24/12/08

Bo Nadal


Belen de Baltar Ourense (Praza de San Cosme)

23/12/08

Filomena Dato (Ourense 1856- Coruña 1929)

Arquivo da R.A.G.
Filomena Dato Muruais naceu no 1856 na cidade de Ourense, a pesares da senda aberta por Cecilia Bölh de Faber (Fernán Caballero) e Rosalia de Castro, en canto a participación da muller na vida cultural, inda foi necesario moito traballo para conseguir que fora algo normal ver unha muller dando unha conferencia, ou colaborando cun xornal.
Coincidiu no tempo con escritoras coma Sofia Casanova, Fanny Garrido e Emilia Pardo Bazan, co cal a lo menos non se sentiu soa nas súas inquedanzas.
Do seu traballo, temos moitas colaboracions cos xornais ourensáns, e galegos, (de algunha carta de agradecemento recibida por Don Luciano Cid Hermida direutor do Albúm Literario Ourensán, deducimos que non era sinxelo ter unha reunión privada con ela, de feito era unha muller de cuxa vida privada case nada se sabe, a sua casa na rúa de Santo Domingo, era un bastión inexpugnable para os que non fosen amigos ou recomendados), a mais de co Albúm Literario, tamen difundiron a sua Poesia,"El Heraldo Gallego" y "Galicia Recreativa.
No ano 1891 publicou o seu unico libro integramente en Galego "Follatos", libro de poemas dedicados á Infanta Isabel Francisca de Borbón.
No ano 1906 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega. Morreu na cidade da Coruña o 27 de Febreiro de 1926.

Tedes que perdoarme que esta entrada sexa tan concisa, pero o meu amigo Fernando Roman Alonso, vai regalarnos en datas próximas aos Ourensáns cun libro biográfico da nosa poetisa, polo cal prefiro, que sexa el quen nos achegue mais datos sobre Dona Filomena.

1913 homenaxe a Curros, procede da Revista "Vida Gallega"

De esquerda a dereita Hermida, Lustres Rivas, García Martí, Sofía Casanova, Rey Soto, Filomena Dato, Fernández Mato, López Aydillo, Docampo, Domínguez Yrantes e López, o canteiro autor do monumento.

22/12/08

Fatima no Couto

Dende que se rematou a Igrexa de Fatima, no barrio do Couto, a xente do barrio, mostrouse disposta a protexela.
Aquí vemos aos aguerridos protectores da Virxe, nos anos 60 saía a percorrer as rúas do barrio, para que todos os veciños, aínda que estivesen enfermos, recibisen a súa visita.
Unha das visitas obrigadas da virxe, era ao estadio do Couto, ela intercedia para que ao equipo fóselle ben, pero os xogadores tamén tiñan que pór algo da sua parte, e non todos os anos era posible.

19/12/08

A revista "Nós" cap.1

Aínda que sexa difícil de entender, esta entrada e outras que farei desta "PUBLICACIÓN", dubidei moito sobre se facela, ou non; xa de antemán recórdovos a miña total ignorancia sobre o idioma Galego e nunca me atreverei a pór en dúbida as decisións dos próceres que rexen o destino desta que era "Vella Lingua"; pero recoñezo que sacar á luz estes textos pode dar lugar a que os nosos novos estudantes incorran en erros gramaticales, o uso de xiros , apostrofes, apocopes, cedillas e vocabulario doutras épocas, chocan coas actuais regras "normativas".
Por iso pido de novo desculpas, pero penso que estes textos, aínda que só sexa pola beleza estética da maioría deles, deben ser vistos por todos os Galegos.
Por certo non se podería estudar unha reedición, para facilitar o seu coñecemento.
Perdón po-la minha osadia.

Releede con detemento esta lista de redautores, a de colaboradores tampouco desmerece esta xoia.

Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós.
É a ansia qu´oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa do mañán, o que nos fai sair. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeneración que se deprocatou do seu imperioso deber social, de crearen pra sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a nósa autividade creadora. Nós ven a recoller todos ises esforzos d´integración da Patrea galega no seu xa rico polimorfismo.
Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intucionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posiciós posibles respeito das catro antinomias da mente contemporanea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos.
.........
Recórdovos que non publico comentarios, o que se fago é lelos, e se teño forma,contestalos, tedes a miña e-mail, por aí.

18/12/08

Paseo?, Vicente Perez?, Fermín Galan??.

s
Foto Pacheco
O titulo é broma, creo que non hai dúbida , neses momentos xa era a rúa do Paseo.
Esta é outra orixinal visión da principal rúa da cidade, o solar baleiro, é a actual entrada á praza de Paz Nóvoa, ao fondo vese outra vez o refuxio do "Sacro Corazón" e a Delegación de Defensa, podedes ver a localización do Banco da Coruña.
O que non entendo, é por que se fixo peonil?, observar o tráfico existente, ese se que era un "Paseo".

"A casa dos lentes" 1920

Esta é a segunda vez que sae no blogue esta casa comercial, a anterior era do ano 39, esta corresponde ao ano 1920, e é o anuncio que aparecía no primeiro número da Revista "Nos".

17/12/08

Trives no Tempo "O Casino"

Fotografía facilitada polo Concello de Trives
As tardes, noites de verán, este era o centro de reunión dos Triveses de Pro, e os seus visitantes, (que eran moitos), faladoiros, partida, e diversión.
Só bótase en falta a presenza de belas damas, (estas só acudían cando había baile).
Que non se interprete como critica, pero ese era o reflexo da Galicia matriarcal, o traballo de casa facíao a muller, e se era necesario axudaba ao marido, co cal elas tiñan menos tempo de lecer.

16/12/08

Xardíns Bispo Cesareo

C
Facilitáronme esta postal de Ourense, e ao mesmo tempo, descubrín que teño mais de cen visitantes de Barcelona, por iso ao subila ao blogue, polo interese que ten, quero que sirva de agasallo de agradecemento para eses amigos, que tan longo traxecto realizan, para visitar o meu blogue.
Na fotografía, que con mais calma revisarei, podemos ver os Xardíns do Bispo Cesareo, con posiblemente a súa primeira configuración, vemos que o muro do Seminario, ocupaba gran parte da zona que hoxe é Xardín; que posiblemente a maioría das casas da Rúa Instituto (Lamas Carvajal) tivesen horta, e quero interpretar que a porta da cidade situada nesa zona, indefectiblemente tería que estar situada no que foi colexio Maristas, ou moi próxima.
Un saudo os Ourensáns de Barcelona

O Pazo de Xustiza

Fotografía facilitada por Don Lisardo Mazaira Saburido
O outro día, lin un artigo do profesor Alfonso Vázquez Monxardín no diario "La Region", co cal coincido plenamente.
Falaba da triunfal retirada do escudo que permanecía na fachada do Pazo de Xustiza, e do mesmo xeito que el (penso), considero algo innecesario o disporse de forma especifica o "A por eles", dende a miña ignorancia, atrévome a apuntar:
Primeiro o uso da "Dannatio Memoriae" practicada a lo menos en Roma y Exipto, chegaron a ser un gran obstáculo para os estudos históricos, desas grandes civilizacións, (abrir unha tumba no Cairo, e atopar borrados os cartuchos do nome do Faraón, supuñan unha gran desilusión para o Arqueólogo, tamén é certo que abrían as portas a un novo reto).
Borrar as pegadas da existencia de alguén , non consegue restaurar a perda sufrida, con todo non quitalas, pode servir para lembrar que esa etapa é mellor non repetila.
Non seria mellor que nos preocupásemos de que os libros de historia que estudan os nosos fillos, redáctense desde un punto de vista independente, e clarificador, para que as novas xeracións, saiban o resultado das accións?.
Segundo, de consideralo imprescindible, non seria mellor eliminar eses símbolos, de forma natural e sen alharacas nin grandes espavientos, ao cambiar o nome da Rúa Capitán Eloy (coma exemplo), no canto de buscar un nome de circunstancias "Concordia", non seria mellor haberlle posto o nome de Don Luís Galego, ou Don Eustaquio Alvarez Eire, "Caito" ou Don Jose Pacheco, ou calquera outro dos moitos cidadáns que poden merecer unha homenaxe da cidade.
Non me extendo mais, eiqui vos deixo esta fotografía, adicada o profesor Monxardin, qeixabase no seu artigo de non ter visto o escudo en cuestión, gardome unha parte da fotografía, para facer outra entrada, dese edificio e os darredor noutra ocasión.
Pido desculpas, o profesor Monxardín refiriase o escudo da Subdelegación de Goberno, non o do Pazo de Xustiza, que tamen se eliminou recentemente. Perdón polo erro

15/12/08

"Pajes del Sagrado Corazón" 1918 y 28

Pajes
Intentarei que o irmán Belarmino, ou o irmán Vázquez facilítenme mais información, sobre esta agrupación, pero dou por feito que tería que ver con algunha das actividades caritativas, ou de colaboración coa cidade dos irmáns Maristas, pode ser que sexa a base para a actual asociación do 10%, que colabora con familias pouco afortunadas de Ourense, dando axuda académica, económica e o mais importante agarimo e comprensión; para iso un grupo de alumnos e profesores, dedican parte do seu tempo e moito esforzo, desde aquí grazas a todos os implicados por esa xenerosa actitude.
As fotografías, corresponden aos anos 1918 e 1928, cando o colexio aínda estaba na actual Delegación de Defensa, e aínda que non vou dicir quen son os cabaleiros que saen nelas, si vos comentarei que todos foron parte importante no crecemento de Ourense, aí están Médicos, Avogados, Empresarios, Comerciantes e grandes traballadores que nesta cidade deixaron (e deixan, que algún aínda fuma) a súa pegada.

14/12/08

Bo Nadal

Nestes días é costume felicitar o Nadal a todos os amigos e familiares, eu quero aproveitar este blogue para felicitar tamén a todos os Ourensáns, os que están e os que se foron, os que naceron aquí, e os que sintense de aquí, para todos
Bo Nadal
dende Ourense no Tempo

Se non me trabuco, esta é a primeira felicitación do Nadal da historia, foí patrocinada por Sir Henry Cole en Londres, (1843), e mostraba unha ilustración de John Callcott Horsley.

13/12/08

O barrio do Couto?

s
Nesta fotografía, non farei comentario, déixovola como deberes para o fin de semana, a verdade que é que cando a descubrín, custoume situala, os cambios que sufriu a zona son moitos, ata a ponte creo que non é o mesmo.
Gozádea.
Resulta moi agradable descubrir, que teño algún lector, e ver que están dispostos a facer tarefas no fin de semana, recibín varios comentarios, dando indicacións sobre a fotografía, e considero que son correctas.
O edificio que fai esquina Jesús Soria con Ervedelo (ata hai pouco Farmacia Gasalla), segue en pé, tamén aguanta as arremetidas do tempo, o que esta enfronte, rematouse no 1928.
Unha das dúas pontes, que segundo parece confluían no que hoxe é cruzamento de Doutor Fleming con Ervedelo, era Ponte Pedriña, desaparecido durante unha riada, o grande, substituíuse intencionadamente polo actual.
Á dereita comezaba a levantarse a leira Bartolo, nos comezos do que hoxe é Antonio Puga.
Mais achegas.
De acordo que o complexo do Santo Anxo (promovido por la Marquesa da Atalaya Bermeja) vese que non esta rematado?, co cal a fotografía ten que ser de antes do 1925 data na que se rematou, e posterios a 1918, na que se comenzou, penso que o mais acertado he datala no 1923-24 po-lo adiantado da obra. ( Eu non vexo ben se esta rematado ou non, pero non me coinciden as datas, si leedes mais arriba, veredes que o edificio diante de "Gasalla" era do 1928).
Gracias de novo po-las achegas.
Seguide enviando datos que encantado publicareinos.

Unha "Gran" empresa Ourensá

Andres Pereiro na sua empresa
Xa vos decatariades, que en ocasións me deixo levar polos sentimentos, mais que pola razón, e cando falo deste home adoita pasar.
Cando falabas con el, a primeira impresión que che daba, era a de que estabas ante un verdadeiro animal, o seu ton de voz, o seu vocabulario, ata o seu físico, corroborábano, tiña o look de auténtico camioneiro dos de pelo en peito, e calendario de moza no camión, iso si lle faltaba a barriga cervexeira (o exceso de traballo, e o seu nervio non lle permitían "aldropar").
Nesta ocasión, que non será a última, vén ao blog, para ensinar a súa empresa, nos 50 e 60 xente como el, a base de traballo duro e moito sufrimento, montou "empresas", unipersonales, e foron parte importantísima no levantamento económico do país, eles non sabían de mercados de futuros, nin de stock-options, a base económica que eles crearon era adoitada, e non "castelos no aire", como a que crearon os "gurús" da economía actual.
Así nos vai.

12/12/08

O solar da Torre anos 50

Quero darlle as grazas á miña amiga Manuela Canal, pola súa amizade, e por cederme esta fotografía.
Seguindo co fio da entrada de onte do Parque, hoxe ensínovos esta fotografía, na que se ve o solar da Torre, antes da súa existencia.
Fáltanme datos, pero nese emprazamento, creo que estaba a "Cooperativa" (cívico militar), e faláronme tamén dunha panificádora, non sei si se trataba do mesmo, o que si consta, é que o edificio realizouno Reverter, e tiña outra das chemineas, que balizaban o Ski-Line Ourensán.
Á dereita á beira do "Carrito" (autobús) estaba o chalé de Gil Torre, que xa apareceu noutras ocasións neste blogue.
Na esquina da actual rúa "Xocas", cóntanme que estaba unha carnicería, e en fronte ao solar da Torre, edificouse o Sanatorio "Garcia do Villar".

11/12/08

Outeiro da Forca II (San Lazaro)

S
Esta fotografía, forma parte dunha colección de postais das que xa coñecedes algunha mais.
Móstrovola hoxe, porque as protestas de veciños e comerciantes desa zona, con motivo das obras que se están realizando na rúa Bedoya, considero que están inxustificadas, e para que se entenda, véxase o estado da rúa antes das devanditas obras, eran ímperativamente necesarias.
Fixarvos que non é que falte a Torre, é que tampouco esta o Goberno Civil (Delegación do Goberno), nin o Instituto Nacional de Previsión (I.N.S.S), o que se esta é a capela de San Lazaro, (a que se traslado a Peliquín, e mostrareivos con mais detalle noutra entrada).
E xa postos a queixarse, mellor seria que se reivindicase a devolución das vistas, que se observan na foto, aínda que recoñezo, que o necesario progreso, faio inviable.

Cuidado capilar (1900)

10/12/08

A porta do "San Roque"

Toda porta ten as súas historias que contar, ven pasar á xente, e observan; igual que as persoas, hainas groseiras, que procuran pechar o paso, e hainas amables, as que sempre están dispostas a botar unha man.
Esta que vedes na fotografía, eu encádroa nas amables, abriuse ao pé da alameda no ano 1562 (Bispo Fray Francisco Blanco) para dar auxilio a todos os ourensáns enfermos, aínda que é certo que nos anos da súa creación, os medios eran escasos, con esforzo e comprensión, moitos enfermos atopaban alivio aos seus males.
Despois, a partir do ano 1856 empezou a dar paso aos deputados provinciais, á audiencia, ao Concello (mentres se restauraba o edificio da Praza Maior), circulo católico de obreiros (ata o ano 1903), cociña económica (aproximadamente ata 1912).
En fin, por unha causa ou por outra raro era atopar a un ourensán que non traspasase o seu limiar.
Adicada ao Ilmo. Sr. Don Tomas Congil Gil actual párroco da Santisima Trinidade.
O edificio mantívose en pé, aínda que en estado ruinoso ata o ano 1927, pero a nosa porta, decidiu seguir sendo útil noutra localización uns anos antes, e trasladouse ao atrio da igrexa da Trinidade.

9/12/08

"A Molinera"

Unha xoia.
Fotografía propiedade de Dona Lourdes Glez Rodicio, cedida por Don Miguel Doval.
Ao pé da ponte de Marcelo Macías, resiste aos embates do progreso este edificio, o seu valor arquitectónico, é "escaso", á marxe de que é a única cheminea que recorda a antiga industria ourensá, e o edificio cadrado de tres plantas, que se ve na foto, era dos poucos que contaban cun tellado a oito augas, algo moi orixinal e raro en Ourense.
Para os nosos maiores, é moito "mais".
Na posguerra, establecéronse uns postos de "Fielato", eran puntos onde se cobraba un imposto aos campesiños, que traían os seus produtos á cidade, iso encarecía o produto, e restrinxía o seu acceso a parte da poboación, xa empobrecida per se, entón xurdía a picaresca, (nalgún xeito consentída?).
Onde hoxe esta o edificio de telefónica, estaba situado neses tempos un dos fielatos, e "A Molinera era o lugar perfecto, para facer unha parada antes de entrar á cidade, a escusa era o deixar algo de gran para moer e recoller ao marchar, (era para uso persoal) e de paso botar un grolo que sempre había bo viño, o tema era que entre o gran sempre quedaba parte do resto da mercancía esperando un momento mais propicio para pasar, o normal era esperar á noite, (para non molestar ao persoal do Fielato, que xa tiña demasiado traballo), e en moitos casos, utilizar véredas do Barbaña, para gozar da paisaxe ribeirega, ou achegarse á "Casa de Baños", (que a hixiene é importante, e a auga da Burga e mediciñal).
Do outro lado do fielato, actual Avda. de Zamora, e arredores do Posío, xurdiron mesóns,e tabernas, que por necesidade dos fregueses, pechaban a moi altas horas, ou non pechaban. (hoxe chamaríanse postos de traballo indirecto), posiblemente o Bocas e o Milhomes (Esmorga) coñecesen moi ben ese ambiente, "con premiso dá súa cara", xa que frecuentaban a taberna da tia Esquilacha, situada na zona.
"Salvemos a Molinera".
Grazas a Don Miguel Doval, por prestarme esta magnífica fotografía, e a Dona Lourdes González Rodició, por habela conservado.

5/12/08

A neve

Tedes que desculparme, pero durante uns días, vou estar ocupado, chamáronme estes amables cabaleiros da fotografía, para ver se podía axudarlles no seu infortunio, quedaron atascados na neve; e con gran sacrificio achegareime á montaña, botarlles unha man, por caridade cristiá.
Un saúdo.

4/12/08

Paseo 1921

s
Esta fotografía con gran carga histórica, ten un gran valor, por ser a mais antiga das que amosan o que había "mais alá do Hotel Miño". (que eu coñeza)
A ferraxería (bazar) de Don Andres Perille Orozco (anteriormente1905 ubicada fronte o Seminario, na rúa Progreso), o solar da lado, usábao outro irmán Perille, de garaxe para os seus autobuses, que facían desde aí o inicio do seu percorrido, (hoxe nese solar están as Galerías Centrais), a construción da Chevrolet, e non teño claro se esa casa pegada á obra, é na que aínda hoxe esta o estudo de Villar Foto.
A fotografía, reflicte a homenaxe da cidade, ao político Conservador, Don Luís Espada Guntín, deputado en Cortes, Ministro de Fomento, Ministro de Instrución Publica e Belas Artes, e Presidente do Tribunal de Contas do Reino.
(do cal faremos no seu momento unha entrada especifica).
Publicouse o 1 de Abril de 1921 na Revista Branco e Negro, e o seu autor foi Don Jose Pacheco.

3/12/08

Foto Mazaira 1 (1940)

Fotografía propiedade de J. Campillo
Procedente de Chantada, nos anos 40 chega á cidade Don Lisardo Mazaira López, naqueles intres existía a moda dos "fotógrafos do minuto", os clientes achegábanse ás oficinas, (barracas), instaladas na "Barronca" da alameda, e alí estes profesionais con mais habilidade que medios, facían as súas fotografías, case sempre utilizando panos orixinais de verdes paisaxes ou ceos estrelados e algúns obxectos como equinos brancos de cartón, ou magníficos turbo reactores.
Fotografía propiedade Foto-Mazaira
O do minuto supoño que sería polo típico "dáme un minuto", o certo é que a entrada do negocio estaba sempre chea de cabichas de "Caldos", e non lle botemos a culpa á escasa dilixencia do persoal municipal de limpeza.
Don Lisardo e a sua Dona Manuela Saburido Vazquez (a primeira muller en Ourense que adicou o seu tempo a fotografía), sufriron as incomodidades desas magníficas instalacións, ata que se puido permitir o traslado a un portal, situado na Avenida de Pontevedra, á beira do café "A Unión", debeu de coincidir cun momento en que se decidiu eliminar as casetas, xa que tamén o seu veciño Sanjurjo , trasladouse ao seu estudo na rúa Progreso, á beira da "Regidora". (do relevo po lo seu fillo, tamén Lisardo Mazaira (Saburido), falaremos noutra entrada)

2/12/08

Os Alumnos Maristas


Desde que descubrín as fotografías dos Irmáns Salesianos, (que podedes ver na súa sección), con todo o grupo de alumnos, púxenme a buscar algo parecido dos Irmáns Maristas, e de momento non o atopei. (Por descontado, que existen as fotografías de cursos, que algunha xa vos mostrarei, pero de gran grupo non).

O mais parecido é isto que vedes aquí.
Se a loxística permíteo, (retratar a 1300 persoas, non é sinxelo) este ano histórico para o colexio, si que terá un recordo gráfico de todos os que forman a comunidade educativa.

Axiña que se faga daréivola á coñecer.

1/12/08

Os últimos días da "Chevrolet"

s
A verdade é que esta é a terceira vez que aparece este edificio neste blogue, pero creo que debido á súa situación estratéxica é comprensible, e non será a última vez que apareza este cruzamento.
Esta fotografía reflexa os últimos momentos de existencia da Chevrolet, aínda que xa prestara servizos temporalmente como oficina do "Banco Hispano Americano", para os ourensáns seguiu sendo a Chevrolet ata o final.
A imaxe corresponde a finais dos anos 60, durante unha batalla de flores, (pero iso xa se imaxinaba, non ??.

Exposición Carrileiros

Sinto haberme decatado tarde, pero aínda estamos a tempo.
Os amigos de "Carrileiros" dende o 23 de novembro ata o 7 de Decembro, acollen nas súas instalacións unha coidada exposición conmemorativa, dos cincuenta anos da apertura da liña Coruña Ourense Zamora, en horario de 17 a 20,30, podedes achegarvos á antiga "Zona" do cuartel de San Francisco e gozar dela, así como ver as orixinais instalacións que ten a asociación.
De paso que vos achegades a gozar da exposición tedes oportunidade de coñecer a súa magnífica revista "Cadernos de Istoria e Arqueoloxia Ferroviaria" .

Toni Perez y "Los Arquinos"

Toni
As festas, era o momento mais esperado do ano, mentres bailaban no xardín ou na alameda, as parellas podían arrimarse un pouco mais do habitual, chegando nalgún caso a crear alarma social.
Bromas a parte, esta fotografía é dos primeiros anos dunha "mítica" (como se di hoxe en día) orquestra ourensá, "Os Pérez", naqueles anos unha das de maior caché.
Non vos fixedes no cantante que é un intruso, (o del non é nin o micrófono, nin a trompeta, é home de copas e bandexas) o real esta agachado.
A foto é dunha das súas actuacións na Mejicana, substituíndo ao Pick-Up.