Consejos y avisos

30/9/09

O bosque dos Salesianos

Varios dos meus amigos e colaboradores, faláronme desa masa forestal, que se ve á esquerda na fotografía, pero dous dos comentarios son os que máis me chamaron a atención.
É verdade que entre un e outro dos meus amigos, distan máis de vinte anos de perspectiva, pero sen dar nomes, vou repetir os seus comentarios para que vexades o diferentes que poden ser os lugares para unha persoa ou outra, en función de ...
O primeiro dos meus amigos (desde fai moito tempo cobra do estado, pero é un traballador incansable na "bolsa", o do "banco" xa lle vai menos ), é en verdade unha gran persoa (en todolos sentidos); pois ben , el contábame que en épocas pasadas, cando aínda ensinaba perna; con moita frecuencia víase obrigado a intentar bater un record de velocidade, a distancia era marcada polos seos "amiguiños", e tiña a saída nos arredores da catedral, (unha casa que por alí había e era utilizada por certo grupo xuvenil con adscricións políticas), a meta xa era outro cantar, el querería poder facer uns poucos metros logo de cruzar a ponte maior, pero por desgraza o aceite de ricino que os seus "amiguiños" obrigábanlle a inxerir en cantidades pouco recetables, obrigaba ao meu bo amigo a realizar unha parada entre os arbores desa selva, iso si cando chegaba ata aí, que non era sempre.
É por iso que mentres seguiu existindo, cada vez que tiña que pasar pola zona os seus recordos non eran moi agradables.
A historia do meu segundo amigo, bastante máis novo, aínda que tamén cobra xa do estado, fálanos de apaixonantes xogos infantís entre aquela natureza case salvaxe, en ocasións , perigosos intentos de emular a Jhonny Weissmuller, coas lianas, e primeiras conversacións con mozas, segundo di el.
Para J.L. desde logo que esa zona foi unha pena que desaparecese.
Na fotografía tamén marquei un par de cousas que merecen a vosa atención,
.-O rañaceos de Orense, que xa saiu noutras ocasións, pero nesta vese que cando se levantou, marcaba o sky-line ourensán,
.- O noviño complexo hospitalario, que podiamos ver orfo de compañía.
.- A imaxe das tres pontes facendose compañia dende facia pouco tempo
.- E mirando con calma, a antiga estación de Vicente Risco, xa sen uso, pero aínda en pé.
A fotografía é de comezos dos sesenta.

29/9/09

Mais Maristas

Fotografía cedida por Felipe Fernandez Chacon
O traballo coa crise, hai que intentar compartilo, e aínda que o amigo Ojea ten que dicirnos quen son os seus compañeiros de equipo, creo que é xusto que os demais intentedes dicirme quen son estoutros personaxes.
Non sei tampouco o ano en que se fixo a fotografía, e pra ser sincero, non estou seguro de que o escenario sexa o colexio Marista.
Facede un esforzo e haber se os identificamos.
Por aí tedes o meu novo mail, pero para descoidados ourensenotempo@hotmail.com.

O equipo de J.L.F. Ojea

Fotografia cedida por Felipe Fernandez Chacon
O amigo Ojea, deixoume fai tempo unhas fotografías dos Maristas, que podedes ollar no blogue, (deixoume outras que xa volas mostrarei), hoxe por medio doutro amigo, conseguín esta e a miña sorpresa foi decatarme da presencia do amigo nela.
A xeito de agasallo, por terme cedido as súas, póñolle esta, e espero que sexa el quen me diga os nomes dos seus colegas de equipo.
A fotografía debe ser do ano 60 ou 61, e como podedes ver esta feita no campo de fútbol dos Maristas.

28/9/09

"Relojeria Suiza" Rúa Pereira 2

Fotografía cedida por Leonardo Pascual-Bodmer Souto
Ata fai moi pouco descoñecía a existencia deste cabaleiro, e polo tanto non tiña datos da súa estancia na cidade, grazas ao blogue, (ese foi uns dos principais motivos da súa creación: descubrir máis datos de Ourense), puiden saber algo da súa vida.
Antes de nada pedir desculpas polo erro cometido na anterior entrada, nela situaba o seu negocio na rúa Instituto, (Lamas Carvajal), ata expuña a posibilidade de que coincidise en localización coa reloxería Portuguesa, pois non, a súa localización real era na rúa Pereira nº 2, ou o que é o mesmo, no edificio de Alfredo Romero, pola fachada á avenida de Pontevedra.
Don Otto Bodmer, debeu recalar nesta cidade, ao redor do ano 1900, (en 1903 xa tiña aberto o seu negocio), o seu oficio era o de reloxeiro, e a iso adicouse, fabricaba artesanalmente reloxos tanto de peto, como de parede, (aínda é posible ver algunha das súas obras en poder de ourensáns), e en menor medida tamén facia a traballos de xoiería.
Tivo unha filla, Ottita chamábanlle as súas amizades, aínda que o seu verdadeiro nome, era Elisa Bodmer; caso con Don Leonardo Pascual Santana, (Armería Pascual), concelleiro da cidade no período anterior á guerra civil.

27/9/09

Discoteca 3A


Xa vedes que era moi fácil.
Pois nesta entrada non penso contarvos nada, cada un que dedique un ratiño a "refollar" nos seus recordos, que seguro que ten algún da sala, certo é que o mesmo é bo que malo, pero, ¡que se lle vai facer!.

26/9/09

Cantos xogaron aquí ao parchís?

Coñecedes o conto de como unha e conto vinte, xa se comento noutra ocasión no blogue.
Pois este que vos mostro hoxe era un deses locais en que se adoitaban xestar esas aventuras, o tema é que non vou dicirvos cal é, podedes tentar adiviñalo, e se non sodes quen, mañá poderedes ver o coñecedisimo logo que con algún cambio, continua na cidade.
Para darvos unha pista, os dos anos sesenta, non creo que coñecesen a sala con esa decoración. Con outras, raro é o que non entrou nalgunha ocasión.

25/9/09

A Praza do Pescado


Fotografía Ksado "Revista autoaero club de Galicia"
Noutra ocasión mostreivos unha imaxe moi similar, pero posterior a esta; naquela falábavos da casa dos Galloso (C.E.O.), hoxe referireime á praza.
Esta praza que hoxe coñecemos por Praza das Damas, comezou sendo a "Horta dos Laranxos" (non sei a causa pero ma imaxino), paso a denominarse despois "Praza do Pescado"(neste caso si que está documentada a causa; era onde se puñan os postos de venda deste gran alimento), paso despois a ser coñecida polo nome de "Tetuán", e durante uns anos, en honra a Modesto Gonzalez y Fernández*,
(Era un alto cargo del Ministerio de Hacienda, protector de Curros Enríquez, autor de “La España de nuestro abuelos”, y de numerosos artículos que firmaba con el pseudónimo “Camilo de Cela”; muchas veces citado por su otro pariente Camilo José Cela.
Entre sus familiares se encontraban el médico Cesáreo Fernández Losada y el beato Fray Juan Jacobo Fernández.
El periodista Félix de Monterrey instó al Ayuntamiento de Orense a que fuese honrado públicamente, sumándose a esa propuesta el Concejal Pastrana; por todo ello el Concejo, en consistorio celebrado el 1 de febrero de 1898, acordó por unanimidad que: “Habiendo fallecido en Madrid Don Modesto Fernández y González, hacendista de fama, y escritor correcto, le conceptúa acreedor a que se perpetúe su memoria en esta Ciudad en la que nació.
Y a este efecto propone (Pastrana) a la Corporación acuerde dar el nombre de “Calle de Modesto Fernández” a la que en la actualidad se denomina “Tetuán”.
Así como se coloque una lápida conmemorativa en la casa número 2 de la propia calle.
Y la Corporación por unanimidad así lo acordó” (Archivo Municipal de Orense, Actas Municipales, 1898, fol. 9).
Estos datos los obtuve (entre la numerosa bibliografía a él dedicada) del libro de Antonio Meijide Pardo “Modesto Fernández y González (1838-1897) - Economista, escritor y periodista”, editado por la Fundación Pedro Barrié de la Maza en 1998.
O que de certo non sei, e o motivo do nome actual, alguen o sabera.
En rojo, corrección hecha por Don Federico Román Alonso, al cual le agradezco su colaboración. (280909)

24/9/09

O persoal do Roma

Fotografía propiedade de Don Guillermo Álvarez
Espero ter sorte e que algún de vós poida axudarme, a pór nomes a estes personaxes da fotografía.
Quen me presta a imaxe só comentoume, que nela está a cociñeira do hotel Roma, Dona Dolores, e que a fotografía foi feita na parte de atrás do edificio alá polos anos vinte.
Supoño que algún dos personaxes aínda andará entre nós, e de non ser así, seguro que algún parente pode dicirnos algo.

23/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana VIII "Jose Gil" 1890?

Teño que comezar a exporme, verificar mellor os datos; isto vén a conto, porque segundo avanzan as miñas pescudas en temas concretos, descubro inexactitudes, nalgúns casos importantes, é por iso, que a partir de agora a parte de seguir corrixindo as entradas nas que descubra erros, extremarei (dentro das miñas posibilidades) o celo por non cometer erros.
Dito isto hoxe tócalle a don José Gil y Gil, repetir presenza no blogue, (a entrada anterior non a eliminarei, para ter presente o que non debo facer)...
Nace o 4 de Abril En Rubia As Neves Pontevedra (1870-1937), en 1890 instálase en Ourense na rúa do Alba 18, e posteriormente en Progreso 73, durante uns anos deste período, formou sociedade con Jaime Pacheco, irmán e alumno de Don José Pacheco.
Trasládase a Vigo a principios do século XX (1905), aparte doutras actividades empresariais que puxo en marcha na cidade (venda de automóbiles Ford entre outras), foi pioneiro do cine en Galicia, facendo en 1917 a primeira película de ficción en Galicia "Miss Ledya".
Déixovos aquí o enlace á súa entrada na Wiki pedía, onde podedes ampliar datos.

Na rúa de Santo Domingo

A señora en que se converteu a encantadora señorita que no 51 facía á súa primeira comuñón, dime que o chalecito que se ve detrás dela na imaxe, estaba situado na rúa de santo domingo, á altura das actuais galerías Sol.
Es la única fotografía que teño na que se ve a casa en cuestión, e non teño ningún dato sobre ela, se me podedes botar unha man, agradézovolo.

22/9/09

Novas imaxes da construcción do viaducto

Aquí tedes unha fotografía creo que pouco coñecida da construción do viaduto.
Realmente son dúas fotografías, supoño que realizadas por don José Pacheco, (e unidas por min con non moita habilidade); a data descoñézoa, aínda que polo estado das obras podería ser que cara a finais dos anos corenta, presentasen ese aspecto.
Fixarvos no sistema de guindastres montado pra o ensamblaxe das pezas do "meccano", contrasta co empregado na construción da ponte nova, existe unha fotografía que non teño, pero a vin, na que o sistema de guindastres da construción do novo funcionaba por tracción animal.
Supoño que estaría ben feito o informe de "prevención de riscos laborais", fixadevos nos traballadores que esta nas puntas do entramado.

21/9/09

A Ermida do San Lazaro (fusión)

Esta é a terceira imaxe que vos mostro desta ermida, esoutro día pediume unha amiga e colaboradora, que lle mostrase a súa localización orixinal no parque, e estando nas miñas mans facelo, cumpro a petición.
A fotografía mostra o Parque ao redor do 1926, e como vedes foi pouco o que mudou, loxicamente e por iso poño a fotografía, a capela do San Lázaro aínda non comezara a súa viaxe ata Peliquín, falta o monumento de Asorey na entrada , xa que habería que esperar máis de 20 aniños pra velo no seu sitio actual, tampouco fixera o seu traslado a igrexa dos franciscanos, aínda que esa si que estaba ao caer.
O edificio onde ata fai moi pouquiño elaborábanse ricos petit choux (petisúes) aínda estaba en proxecto (Confeitería Ramos pra os despistados) e tampouco existían os que se aliñaban con el neste lateral do Parque.
Pola parte superior non teño datos fidedignos, pero penso que non se parecía moito ao estado actual, non creo que estivese feito ningún dos edificios que coñecemos hoxe.
E pola parte de abaixo, aínda que non se ve, houbo que esperar ao ano 1948 para poder ver o actual Goberno civil.
Como dicía ao principio, pouco cambiou, (ah esquecíalleme agora de terra o que queda é un pequeno arenero infantil, o resto é de baldosa), como vedes as escaleiras xa estaban, e pode ser que algunha árbore (dubídoo), en breve cumpra os cen.
Agardo que collades o tono ironico da entrada.
Por certo despístanme, as campás que se ven ao fondo, non me encaixa que sexan as da igrexa dos franciscanos, que poderían ser?

Amplíovos este anaco da imaxe, para que podades ver un pouco mellor ao señor que observa o xogo dos nenos, quen supoño será o propietario da máquina fotográfica que tedes na esquina, agardando clientes, era das do paxariño.

Eu non son capaz de recoñecelo, se vós podedes, dicídemo, grazas por anticipado.

O de fusión no titulo, explícase porque realmente o que estades vendo é a fusión de dúas fotografías; non moi profesional, pero dá o pego, ou non?

20/9/09

Da sala Auria

Deses obxectos curiosos, que me envían, e que agradezo, hoxe móstrovos esta joyita, un humilde papel, pero de algo que marco unha época na cidade, e xa coñecedes, "A Sala Auria".

19/9/09

A peza do mes (Setembro 09)

O museo arqueolóxico, a pesar de que leva inmerso unha tempada (vai pra oito anos), na restauración das súas instalacións, da Praza Maior, non descoida as súas outras actividades.
A presentación da peza do mes, é unha delas, e a verdade, coido que paga a pena que lle dedique unha entrada, máis que nada porque entendo que non é fácil en ocasións asistir á presentación en directo, que se fai nas dependencias que o museo ten en San Francisco, pero o que si podedes e ollar na web do museo toda a información..
Este mes a peza escollida, foi "un fragmento do paramento de peche do antigo coro medieval da catedral".
A Presentación correu a cargo de Dona Belén Lorenzo Rumbao.
Eiqui vos deixo o enderezo do Museo, que tedes sempre na dereita do blogue, nel tedes toda a información sobre a peza, e a actividad.

18/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana VII "Hermogenes Garitaonaindia" 1890


Don Santiago Mosquera non deixa de sorprenderme, co material que amablemente me cede, nesta ocasión vén completar a lista, (seguro que aparece algún mais), de mestres fotógrafos que recalaron por esta cidade, (bo, caseque podería dicirse que pola Rúa do Alba (Travesia daquelas), ou Cardeal Quiroga etc, como prefirades).
Envíame esta fotografía que polo anverso mostra a un rapaz novo, estudante do Colexio Cardeal de Monforte, e como podedes observar polo reverso, a data era o ano 1899, posiblemente a fotografía fose realizada con anterioridade.
Sorpresas agradables que tes algúns días, o que lamento é de momento non poder darvos máis datos deste fotógrafo ou fotógrafos, "Garita y Hermano", pode referirse a unha soa persoa, como me di don Santiago, ou a dous como dunha primeira visión dedúcese.
Non moito, pero algo novo se que podo aportarvos deste fotografo, que chegou a ter moita sona, coma retratista.
Hermógenes Garitaonandía Sánchez (Vitoria 1863-A Pobra do Caramiñal 1944).
O artista chegou por Ourense en torno a 1890, Trives?? e tras unha breve estancia en Santiago de Compostela (1900-1909), instálase no Caramiñal (1910-1944).
Entre os seus retratos podemos citar: la familia Borbón, Ramón del Valle-Inclán, Victoriano García Martí ou o escultor Mateo Larrauri.
Na dirección http://www.valle-inclan.org/galego/retratos.htm hay duas fotos feitas por el
Entrada orixinal o 5-6-09

O Trangallán

Se vos falo de Manuel Losada , poucos recoñecerédelo, con todo se nomeo a Manolo do Trangallán, rapidamente vénnos á mente a imaxe do Entroido, a esmorga e a diversión sa (bo tamén as empanadillas e o caldiño, pero esa e outra "hestorea").
Visita hoxe o blogue este ilustre Ourensán, por varios motivos, o primeiro agradecerlle o seu xesto de prestarme as fotografías que aos poucos vos irei mostrando, (algo tivo que ver o amigo Lisardo Mazaira, pero a el xa llo agradezo con frecuencia).


Nos seus anos mozos ata disfrutaron do seu arte noutros continentes. (Melilla)
Leva o Trangallán dende que ten uso de razón sendo un dos pratos fortes do entroido, dende un emperador romano, ata a parella de noivos, pasaron pola súa percha todo tipo de personaxes, Hitler, o León da Metro, moitísimas damas antigas, etc. Este traballo e entusiasmo, levo con xustiza aos ourensáns a nomealo rei do entroido no ano 1988.
Por iso, e este é outro motivo da súa visita, nestes días falouse da conveniencia ou non de realizar un entroido de verán, pois penso que el podería ser un dos que desen a súa opinión.

E pra rematar por hoxe, (xa vos advirto que teño máis imaxes del, polo cal volverá visitarnos en breve.

Preguntáronme en varias ocasións como era a prohibición de disfrazarse que existiu durante bastantes anos?.

Recordándovos que non son nin un remedo de Historiador, o que se vos podo dicir é: en contra do que se pensa, a prohibición non parte da época franquista, se non que xa no ano 1921, ditouse por parte do gobernador, un bando que dicía:

"Se prohíbe la circulación de máscaras por las vías públicas con caretas puestas, pintadas las caras o desfiguradas, de suerte que no sea fácil reconocerlas, se deja no obstante en libertad a los aficionados, para que puedan celebrar tales fiestas en locales cerrados”.

(Nestes días precisamente xulgouse a uns menores que aproveitando o anonimato que proporcionan as máscaras, dedicábanse a roubar a outros menores, co cal habería que pensar que medidas deste tipo poderían ter algunha xustificación, non todo o mundo sabe divertirse).

B.O.P. 4 de febreiro do 1921

Na época franquista, a prohibición estendíase tamén aos disfraces de "respecto", ou o que é o mesmo, prohibíase utilizar disfraces que puidesen ridiculizar aos estamentos relixiosos e militar.

Si todo o mundo entendera o entroido como o Trangallán a non tardar este seria millor co Brasileiro.

17/9/09

Hoxe van os maiores

Fotografía propiedade de Ricardo Blanco
Pra "celebrar", o retorno o colexio, esoutro día puxenvos a fotografía das nenas do instituto no ano 42, hoxe que lles toca os maiores, poñovos a do mesmo ano, pero dos rapaces, non pensedes mal, non me estou a posicionar no debate actual da separación por sexos na escola, simplemente mostrarvos como estaba o tema daquelas.
Sorte a todos no novo curso.

16/9/09

Hockey Feminino

Fotografía Arquivo Municipal
Si, non e preciso que vos freguedes os ollos, o titulo e correcto, e a imaxen non ten truco.
No Campo Loña, xogaban estas fermosas señoritas Ourensans nos anos 40, e polo que me contan non o facian nada mal algún trofeo levaron as suas vitrinas.
Na imaxen aparecen : Amparito e Chola Grandall, Marina Fernández, Lucita Rego, Maria Isabel Fernández, e ainda me faltan por identificar 6, se sabedes dalgunha mais xa sabedes o meu mail anda por ahí.

No fondo da primeira fotogafía podedes ver o edificio do hospital Provincial ainda quentiño.
Entrada orixinal 05-05-09

Avenida Wilson

Non, ainda non toleei, (estou nelo), supoño que ninguen dubida o ver ese letreiro do hotel Sila, de cal e a rúa na que nos atopamos, ainda mais o ver o que esta enfronte, de confecciones "El Faro" (Adolfo Dominguez).
Mais con todo eso, reafirmome no titulo da entrada, cando se abriu esa rúa, que levaba do Campo do San Lazaro, cara a Estación de Ferrocarril, non tiña nome, ata que no mes de Santos do ano 1918, co gallo do remate da guerra, acordouse darlle o nome de "Avenida Wilson", na honra do que foi 28º Presidente dos Estados Unidos, Thomas Woodrow Wilson, un dos principais artifices do remate da 1ª Guerra Mundial.
Loxicamente tamén tedes vos razón, a rúa e Curros Enriquez, pero eso foi dende o mes de xuño do ano 1925.

15/9/09

As obras do Pazo Episcopal

A verdade é que as obras nesta cidade é algo desesperante, sábese cando empezan pero non cando rematan, levamos uns anos nos que se fala habitualmente das obras do convento de San Francisco, eu mesmo dende este blog, realicei algún comentario sobre o lamentable da situación que padece ese edificio coas súas obras.
Pois ben, esquecémonos de que non é o único, aquí tedes outro caso flagrante, o Obispado, que pasa con el?, pensan algún día terminar a súa reforma, aínda non arrombaron sequera a entrada.
Huy... mandacarallo (como diria o meu amigo).
Perdón creo que metín a pata, e non mirei ben a fotografía, eu lin o de palacio episcopal, e xa me acendín, pero claro a reforma da imaxe fai uns aniños que se acabou, o que pasa é que coincide coas que se están facendo agora co Museo Arqueolóxico.
Desculpade o meu "erro".

14/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana VI "Pedro P. Rolle" 1886

Neste caso si que non podo aportarvos practicamente ningun dato.
O selo, que e o que teño xa o vedes, pon que Pedro P. Rolle tiña estudio ou traballou en Ourense, a data constame que e certa tamén, polo persoaxe retratado, e un cruce de datos con outra de Don Francisco Prieto, seria dificil de explicar, pero pra mín e valido.
Resumindo, Don Pedro R. Rolle fixo unha fotografía no ano 1886 en Ourense, eso e o unico que podo afirmar.
Xa sabedes se alguen ten mais datos, ten o blogue a súa disposición, pra contárnolos.

Os quintos

A fotografía que como vedes esta firmada por Villar Foto, supoño que estaria feita por Don Leopoldo.
Ao facer a entrada de onte, recordei que tiña esta fotografía.
Non conseguín datala, (a modo de referencia, polos uniformes, eu situaríaa ao redor da década dos trinta, pero pode ser dos corenta, opinade vós)(corrixeme o amigo Carrión e penso que lle vou ter que dar a razón, que a data debe rondar os anos vinte, entre outras razons, polo estado no que se atopaba o tristemente celebre Campo de Aragon, non se observa peche algún, co cal dos trinta non debera ser, e menos dos coarenta) , pero supoño que vos gustará; nela vese un grupo de quintos, diante do antigo depósito de auga de San Francisco, (rúa dá Canle).
O que se quería é aproveitar a entrada, para saber se algún de vós pode aclararme unha dúbida: O termo "quintos", de onde provén?, eu atopei catro posibles versións,
.- Juan II de Castela no século XV dita unha ordenanza, segundo a cal un de cada cinco homes de cada pobo, debía servir ao exercito, "contribución de sangue".
.- Sen localizar a orixe, pero posiblemente relacionada coa anterior (ou puidese ser a orixe da anterior), o quinto fillo home de cada familia, debía servir en armas ao rei.
.-A duración do servizo militar era de cinco anos.
.-Debido ao dereito dun quinto do botín que se reservaba para o monarca.
A ver si me podedes decir cal e a correcta, eu non o sei, pero inclinome polas duas primeiras.

13/9/09

A Sección Feminina


Por sorte na España actual, (algo tiña que millorar), os homes xa non teñen que cumprir o servizo militar obrigatorio, aínda así, coido que esa obriga aínda recórdase, ata a mocidade é fácil que oiara falar desa antiga obrigación.
O que posiblemente non recorden, é que tamén as mulleres tiveron que cumprir un Servizo Social.
Hoxe móstrovos, a cartilla, que se lles daba cando terminaban de cumprir o "deber Nacional".

12/9/09

Progreso

Quédome mal corpo esoutro día pola calidade da imaxe, que vos mostrei, por iso móstrovos hoxe estoutra, da mesma rúa, tomada desde un pouco máis lonxe, pero de mellor calidade.
A fotografía corresponde á década dos sesenta, na que se estaba aínda construíndo o actual palacio de Xustiza, pola beirarrúa da dereita, cóntanme que o segundo edificio alto que se ve, foi no seu momento a primeira residencia sanitaria, e o que ninguén me puido dicir, é que era o primeiro edificio de planta baixa que se ve na imaxe.
Quero aproveitar esta fotografía, pra solicitar información de vós.
Segundo algunhas fontes, o pequeno quiosco que se ve no primeiro plano (e que non fai tanto tempo que caeu, eu creo recordalo e son moi novo!!!!) , podería ser parte dun fielato, que indiscutiblemente habería na zona , pero a min paréceme máis ben un modelo de edificación máis recente, dada a súa similitude cos da parte inferior da praza de abastos, e outros situados en distintos puntos da cidade, o que estaba na entrada do Posío polo Padre Feijoo, o que estaba nas Mercedes, etc.
Se algún tedes datos sobre estes quioscos, agradeceríavos facilitásedesmos.
Enviame o amigo Ricardo Blanco un mail, no que me di, que o kiosko, era eso, soó un kiosco, os fielatos il di recordalos dun color grisaceo, e cunha construcción mais endeble que a de eses kioscos.
Por outra banda dime tamén que o edificio que se ve no primeiro plano a dereita de planta baixa, eran os talleres do plan: Promoción Profesional Obrera (proxecto do ano 1964 pra millorar a formación dos traballadores, e que se mantivo ata os anos setenta, chegando a incluirse tamén como unha das prestacions ligadas o servizo militar, montandose unidades do P.P.O. nos cuarteles).
Non discuto ningunha das achegas, o que se penso e que o edificio da imaxe poidera ser que estivera adicado a talleres do P.P.O. pero penso que xa existia denantes de darlle esa utilidade.

11/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana V "Jose Pacheco" 1882?

Fotógrafo de referencia para a cidade de Ourense.
O seu legado fotográfico é o mais extenso dos existentes, y eso que unha gran parte esta gardada e penso que sin catalogar, (polo menos seica que esta en boas mans).
Nado en Portugal no pobo de "Freixo de Espada á Cinta", (Serra dá Estrela), foi mestre de grandes fotógrafos, e viu o seu labor continuado polo seu fillo Augusto, o seu estudo sempre estivo na rúa do Alba, mudou de ubicación entre o nº 9 e o 13, pero non de rúa.
Supoño que parecera extrano, pero de don Jose Pacheco, que e de quen mais fotografías teño, sen embargo faltanme moitos datos, xa de comezo, non sei con seguridade cal e a data da sua chegada a cidade, de momento a fotografía mais vella feita por el e a que vos estou a mostrar, e a sua datación pode estar entre 1880 e 1882.
Como sempre xa sabedes se tedes datos, estareivos agradecido.

A banda de musica de Grou 1927

A banda de musica de Grou no 1927
Grazas a un veciño desta fermosa parroquia, descubrín fai uns días este blog, http://sempregrou.blogspot.com/ e sinceramente recoméndovolo, non só para que vexades algunha maravillosa fotografía, como a que ilustra esta entrada, senón tamén para que vexades un exemplo dos beneficios da tecnoloxía e neste caso concreto internet.
Grou para os que non o coñezades, é unha pequena parroquia situada entre Entrimo e Lobeira, que pertenze o Concello de Lobios, e que como moitos dos pobos da xeografía ourensá, viu como aos poucos os seus habitantes tiveron que buscar medios de vida noutras latitudes; durante a semana son poucas as persoas que podemos atopar polas súas rúas, o fin de semana sobre todo "á hora de misa" algún máis se achega a saudar a familia ou amigos, pero no verán raro é o que non busca un oco para achegarse a "Aldea".
Pois ben, páxinas como esta son as que permiten que por moita que sexa a distancia, as relacións entre os veciños non rompan, e dalgún xeito fomentan a supervivencia destes preciosos lugares. Un saúdo e felicidades polo blog.

10/9/09

Volta o cole III (Hoxe si)

Logo de tan longa espera hoxe é o día, os infantes felices (uns máis que outros) por reencontrarse cos seus colegas, os pais contentos, pola volta á normalidade, e moitos avós dando saltos de alegría (con coidado que os ósos xa se sabe...), por recuperar a tranquilidade; non é o mesmo velos un ratiño, que ter que estar con eles caseque todo o día.
Por iso felicidades a todos.
Aos profesores, darlle ánimos e as grazas pola súa paciencia.
Pra ilustrar o día, aquí déixovos unha imaxe creo que case inédita, dun grupo de colegialas, que hoxe estarán no grupo das que dan saltos de alegría, trátase das alumnas do 1º Curso de Bacharelato do Instituto ( hoxe Otero Pedrayo)o ano 1942.
Posiblemente algunha xa non estea connosco, pra elas un cariñoso recordo.

9/9/09

Layton no Airiños

Comenza hoxe unha semana de entradas deportivas, pra ver se así se motivan os rapaces, e deixan as consolas, e aproveitan o tempo de lecer, pra facer deporte, bo tamen os maiores poderiamos tentar facer algo mais, que ven nos viria pra modelar a Lorziña.


Fotografia da colección particular de Lisardo Mazaira
Levaba tempo tentando atopar esta fotografía, pero non era quen, (teño que millorar o sistema de arquivo, como o vexa algun dos meus amigos, correnme a boinazos), o fin atopeina, e podedela ver.
O marxe dos cabaleiros que saen na fotografía,
Arean, Arce, Dacoy-Luis Antonio
Barbosa-Manolo Navas-Perla I- Antolin
era o ano 58 aproximadamente.
A fotografía ten outro valor engadido, foi tomada no "Parque Airiños", do que xa vos falei noutras ocasions, e aparece por ahí un anuncio publicitario, estaba mais ou menos, onde hoxe esta a Biblioteca Provincial, e chegaba case ata o cruce de Xoan XXIII.
Entrada do 6-7-09

Volta o cole II

Tranquilos que aínda non é hoxe, na imaxe obtida esta mañá, podedes observar, aos infantes que esperaban o autobús que os levase ao colexio pra comezar o novo curso.
As ganas que teñen de comezar leváronlles a intentar adiantar o regreso ás aulas, pero non pode ser, hoxe aínda tedes que seguir sufrindo as vacacións, mañá xa poderedes comezar a gozar de novo.
Bromas a parte, se non me falla o meu informador a fotografía corresponde á viaxe de alumnos do colexio Maristas, para presenciar a vitoria dos seus compañeiros na gran final do concurso de televisión "Cesta e Puntos" do ano 1969.

8/9/09

A solución III

A calidade da fotografía, non é a máis desexable; con todo coido que pode servir pra que recoñezades o final da rúa progreso (zoa do Parque Infantil, ou alameda do Cruceiro como queirades), na década dos 30.
A imaxe do outro día, estaba tomada aproximadamente á altura das actuais escaleiras que unen Progreso con Concello, esta se non me equivoco tomouse desde onde hoxe esta Arana (aprox.). Aínda que me consta que algún a recoñeceu con gran facilidade, non todos conseguírono, e non debe estrañarnos, de todos os edificios que se vían na fotografía, só un segue hoxe en pé.

As Josefinas dende A Burga

Deixáronme estes días unhas postais, entre as que estaba esta, (aínda que vos pareza estraño, aínda son moitas as que me faltan); de paso que me permite seguir co tema do regreso ao colexio, se que á directora do colexio das Josefinas, Dona Mercedes Álvarez, gustaralle vela.
Na imaxe (á que lle dei uns retoques), podedes ver o edificio do colexio ao pouco de terminar a súa rehabilitación, o mellor de todo é que como o muro daquelas era moito máis baixo que o actual, a visión do edificio era máis ampla.
Se buscades en entradas antigas, cara ao mes de maio atoparedes entradas nas que poder ler detalles da historia do colexio e o seu edificio.

7/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana IV "Francisco Prieto" 1881

Fotografía propiedade de Don Lisardo Mazaira
Esta entrada é unha das que con máis gusto realizo, e iso que cando tiven nas miñas mans esta xoia a primeira reacción foi de rabia, rabia porque a miña crenza e procura do primeiro fotógrafo que traballo con estudo en Ourense, (que sempre crin que era Don Aquillis Bocconi), viñase en baixo.
Comentoume a posibilidade da súa existencia Dona Ana Malingre, fai poucos días, e eu en principio descárteino, (por ignorancia, recordo que o meu é afección, un profesional non tivese os meus fallos), a sorpresa é cando nun lote de fotografías que me presta Don Lisardo Mazaira, vén xunto a outras xoias de Fotógrafos Ourensáns e do exterior, (que vos mostrarei en futuras entradas), esta fantástica fotografía, que aínda encima ten un estado de conservación optimo, supoño que grazas aos coidados de Don Lisardo.
Transcribo aquí o texto do cartón fotografíco.

TALLER DE FOTOGRAFIA FOTOTIPIA
Y FOTOLITOGRAFIA DE
F. PRIETO
ORENSE
Calle de Pelayo nº 20.3º Galería
Frente a la plaza de la Leña próximo a Posío.
Gabinete montado en 1881 con toda clase de
aparatos modernos, se hacen en el establecimiento
y a domicilio de día o noche, aun que vaya viento
este nublado o llueva, retratos instantáneos e
inalterables grupos orlas vistas, producciones hasta
el tamaño de dos o más metros, así como todo otro
género de trabajos pertenecientes al arte.
SE CONSERVAN LOS CLICHES"
Podo ampliarvos algún dato, en 1889 estaba en Pontevedra, habendo pasado antes por Marín, realizo as fotografías da homenaxe ao Padre Feijoo en 1887
A entrada orixina, hoxe correxida, foi feita 6-02-09

Alcaldologio

Menudo "palabro" que me inventei.
Levo moito tempo querendo facer unha listaxe dos alcaldes que tivemos na cidade, e teño que admitir, que o asunto e máis complicado do que poida parecer, a lo menos pra mín.
Grazas as vosas colaboracions, (incluso o que se conformou con indicarme que na excelente tesis doctoral de Don Jose Somoza Medina habia bastantes datos), case esta feita a listaxe dos alcaldes da cidade, pendentes de facer o remate eiqui vola deixo.
Algun dato pode que sea erroneo, ainda que tentei evitalo sintoo, as reiteradas aparicions de algun deles, asi como o feito de que nos principios os cargos eran de renovación anual, fanno mais enrevesado, certo e que acudindo o arquivo municipal, poderianse despexar todalas dubidas, pero pra eso fai falta tempo. Se algún de vos quere facelo, Don Francisco Espino de seguro que lle vota unha man.


.- Ilmo. Sr. D.García López de Chinchilla (1480?)

.- Ilmo. Sr. D.Tirso Perez Romero (1814 y 1821)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Sánchez (1821 y 1822)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Pérez Montero (1823)

.- Excmo.Sr. D.Jose Maria Montenegro(Marques de Leis)(1835 y 37)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Seijo ?
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Bahamonde (1855 y 1856)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Maria Pedrayo Silva (1860?)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Pereiro Rey (1880)

.- Ilmo. Sr. D.Juan Fuentes Pérez (1883)

.- Ilmo. Sr. D.Feliciano Pérez Bobo (1887)

.- Ilmo. Sr. D.Juan Taboada Tundidor ?

.- Ilmo. Sr. D.Ricardo Novoa (1891-1894)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Pereiro Rey (1895-1897)
.- Ilmo. Sr. D.Ildefonso Meruendano (1897-1899)
.- Ilmo. Sr. D.Tomas Fabrega (1900-1902)
.- Ilmo. Sr. D.Miguel Francisco Gutierrez (1902-1903)
.- Ilmo. Sr. D.Adolfo Rodriguez Obaya (1903-1904)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Rodriguez Iglesias (1905)
.- Ilmo. Sr. D.Modesto Varela Sotelo (1906-1907)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Rodriguez Iglesias (1908)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Fuentes Garcia (1909)
.- Ilmo. Sr. D.Modesto Varela Sotelo (1909-1911)
.- Ilmo. Sr. D.Ildefonso Meruendano (1912-1913)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Feijo de Sotomayor (1913)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Taboada Gonzalez (1914-1915)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Feijo de Sotomayor (1916)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Pereira Rodriguez (1916-1917)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Varela Fernandez (1917-1918)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Saco y Arce (1918-1919)
.- Ilmo. Sr. D.Cesar Rodriguez Conde (1919)
.- Ilmo. Sr. D.Alejandro Mosquera Caride (1919-1920)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Villanueva Lombardero (1920-1922)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1922)
.- Ilmo. Sr. D.Rogelio Nuñez de Couto (1922-1923)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1923)
.- Ilmo. Sr. D.Alejandro Mosquera Caride (1923)
.- Ilmo. Sr. D.Narciso Rivas Martinez (1923-1924)
.- Ilmo. Sr. D.Olegario Muñiz Alvarez (1924-1925)
.- Ilmo. Sr. D.Matias Bobillo Bobillo (1925-1926)
.- Ilmo. Sr. D.Marcial Ginzo Soto (1926-1929)
.- Ilmo. Sr. D.Jesus Soria Gonzalez (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Marcial Ginzo Soto (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Villanueva Lombardero (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1930-1931)
.- Ilmo. Sr. D.Luis Fabrega Coello (1931-1932)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Alvarez Dopazo (1932-1934)
.- Ilmo. Sr. D.Santos Fernandez Fueyo (1934-1936)
.- Ilmo. Sr. D.Rogelio Nuñez de Couto (1936)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Suarez Castro (1936)
(ultimo alcalde da Republica, asesinado no 37, no Campo de Aragón(Cuartel de San Francisco)*1
.- Ilmo. Sr. D.Marcelino Mira Cecilia (1936)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique González Anta (1936-1937)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Saavedra Caballé (1937-1938)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Paco Núñez Romero (1937-1938)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique González Anta (1938-1941)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Valencia Fernández (1941)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Olano Fernández.(1941-1944)
.- Ilmo. Sr. D.Alfredo Serantes Morais. (44-48)*
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Valencia Fernández. (1948-1954)
.- Ilmo. Sr. D.Leoncio Areal Herrera. (1954-1956)
.- Ilmo. Sr. D.Domingo Saavedra Sánchez. (1956-1958)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Taboada Salgado. (1958-1962)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique Alonso Cuevillas Crespo (1962-1963)
.- Ilmo. Sr. D.David Ferrer Garrido (1963-1970)
.- Ilmo. Sr. D.Ricardo Martin Esperanza (1970-1974)
.- Ilmo. Sr. D. Miguel Riestra París (1974-1977)
.- Ilmo. Sr. D.Celso Vázquez Gulías Alvarez (1977-1979)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Luis López Iglesias (1979-1983)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Caride Tabares Castro (1983-1987)
.- Ilmo. Sr. D.Jorge Bermello Fernandez (1987)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Veiga Pombo (1987-1990)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Luis Mondelo (1990-1991)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Veiga Pombo (1991-1995)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Cabezas Enríquez (1995-2007)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique Novoa López (Temporal 2007)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Rodríguez Rodríguez (2007).
*1 Corrección de Carrión.
*D.Alfredo Serantes no figura no libro dos 20 anos de paz no mandato de Franco
publicado orixinalmente 17-04-09

Volta o cole I

Nada máis lonxe da miña intención, que angustiar aos próceres do futuro da cidade; pero creo que vai sendo hora de que comecen a pensar en retomar as súas obrigas.
As vacacións acábanse, e o novo curso está a piques de comezar, quizais uns días antes conviría que se fosen axustando os horarios, á vez que se van preparando os apeiros, vestimenta e porque non unha visita ás barberías, que como non houbo tempo nestes meses, as greñas non deixasen ver os libros, e despois xa se sabe...
Aquí déixovos unha imaxe cedida polo Irmán Vázquez, da antiga barbería, (coido que non se fixesen moitos traballos de barbería nela), que no colexio Maristas, daba servizo aos alumnos do internado, e aos externos que así o quixesen, ata a década dos sesenta.

6/9/09

A comisaria das Lagoas

A maioria ainda o recordaredes así, hoxe nese solar esta o C.E.I.P. As Lagoas, e a comisaria de Policia.

5/9/09

A Torre de Ourense (Manuel Gomez)

Fotografía de J. L. Fernandez Ojea, na que se ve a "Torre" nos 70
Esoutro día pusen un anuncio publicitario dun anis, feito en Ourense "Anis Compostela" cuxo fabricante era M. Gomez, a botelliña de agasallo que pedia non chegou, debe ser que xa nos existen, xa sei que se non fora así algún de vos de seguro que ma enviaba, pero o que si chegou foron uns datos da fábrica e o fabricante, remitidos por don Manuel Domínguez Quiroga, da Web http://www.canedo.eu/ que vos transcribo a continuación.
"M. Gómez era Manuel Gómez y tenía su “bodega” (Licores Gómez) en la calle Mercado, en El Puente, en el mismo edificio en el que estaba el colegio de la Divina Pastora, de las Madres Calasancias, las mismas del Santo Angel del Couto a donde yo fui de párvulo.
Fue el que construyó el llamado “rascacielos” del Puente Nuevo, (con el nombre de “rascacielos” llamamos los de mi generación y superiores al edificio más antiguo que hay antes del Puente Nuevo, en la margen izquierda del río, son solo 8 pisos pero cuando lo hicieron era el más alto de la ciudad. Si pasas por allí lo reconocerás porque la línea de la fachada sobresale de todas las otras".
Doulle as grazas o amigo Manuel Dominguez e aproveito pra recomendarvos que visitedes a sua páxina, estou seguro que vaivos a gustar.

4/9/09

O Gran Circo Feijoo


O ano 1870, nace en Vilanova dos Infantes (Celanova), Don Secundino Feijóo Mendez, e con el ábrese unha páxina da historia do circo, non só de Ourense, se non a nivel mundial. (o seu pai Manuel Feijóo Mendez fundara unha charanga e andaba nas festas)
Non puiden pescudar a que idade púxose a traballar, pero dende logo moi noviño, comezou como músico no circo "Fasy", posteriormente montou un número de touros amaestrados, co que acompañado pola súa muller Dona Francisca Salas Cerdán percorreu Europa.

Aos vinte anos, e xa con gran experiencia no mundo do circo, Don Secundino decide montar o seu propio espectáculo, e con máis ilusión que medios, lánzase a percorrer todo o país; acompáñanlle nesa aventura veciños da cidade, os cales ao longo da traxectoria da empresa foron incontables, (baixo a carpa circense, era habitual escoitar carallos, e demais lindezas, diso encargábanse os de Toen, Alongos e Sobrado, destes últimos algún "coñecido" pola miña familia "política", o admirado Manuel Rego Nieto, fruto do seu cariño as xentes de San Pedro de Moreiras, dinos nos seus escritos que todo o elenco de traballadores do circo eran dese lugar, e pode que foran maioria nalgun momento, pero non podemos esquecer a todolos musicos de Alongos), e unha das causas das súas habituais visitas á cidade.

A chegada de Don Secundino, non pasaba desapercibida, os seus carromatos engalanados, algunha das feras e a case totalidade da troupe circense, desfilaban pola rúa do Progreso e Paseo anunciando a súa chegada.

Este desfile, que en todas as cidades tiña gran impacto, na nosa tiña o engadido de poder ver a ese tío, irmán, pai etc., que regresaba a descansar ao finalizar a tempada, ou facer unha breve visita no medio desta, (no ano a lo menos nas festas da cidade Don Secundino procuraba non fallar).

Os emprazamentos da carpa foron variados; aínda que o habitual era velos na Alameda, segundo cóntanos don Anselmo López Morais, os primeiros anos o emprazamento foi outro "no solar da actual casa de Felipe Santiago*, Secundino Feijóo montou o seu primeiro circo no que figuraba un número de touros amaestrados", (algunha fonte substitúe os touros por vacas, catro para ser exactos, que bailaban ao son dunha gaita).
*Onde hoxe esta "La Región".

Por non alargar a entrada farei proximamente outras, e aproveitarei pra facerlle algo de publicidade ao meu amigo Suso Silva, que eu saiba il e a sua irma son os unicos da "saga" que continuan a traballar no espectaculo.
Non quero pechar con todo a entrada sen recomendarvos a lectura do Libro de Don Manuel Rego Nieto "Historia dun circo" 1997, e preguntar se algún de vós poderíame prestar o publicado en 1992 "Os homes do circo (aqueles ourensáns)", que me resultou imposible conseguir.

3/9/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana III ."Aquilis Bocconi" 1875?

De xeito mais lento do desexado, pero vou descubrindo datos deste que considero dos primeiros fotógrafos establecidos en Ourense, (recórdovos que o meu é só afección e podo estar equivocado).
Ata o de agora polos anuncios que se publicaban en prensa, sabiamos que no ano 1878, tivo o seu estudo na Rúa "Porta dá Aira" nº 31 (Reina Vitoria, actual Rúa Xullo Prieto Nespereira), e ata podedes ver na anterior entrada, as súas tarefas de traballo.
O novo, é que podo mostrarvos o "logo da empresa", e que como podedes observar o señor Bocconi tamén tivo estudo aberto en Pontevedra, o mais posible e que posteriormente á súa estancia en Ourense, pero este dato se que necesita ser contrastado, faise en base ás posibles idades dos personaxes que saen retratados na fotografía.
O que tedes en color Bermello, e parte da entrada que estou a correxir, podedes ver que estaba un pouquiño despistado, eiqui vos deixo os datos que poiden contrastar.
Posiblemente a súa chegada á cidade sexa no ano 1877, ou un pouco antes, coincidindo coa do seu irmán Patricio Bocconi a Vigo, o cal (segundo o libro de Roberto Ribao Fernandez), en 1877 comprou o estudo de Don Ramón Buch e Buet en Vigo, abrindo posteriormente estudo en Pontevedra.
Xa vedes, eu pensaba que Aquillis marchara, e resulta que tiña un irmán, sintoó haber tido ese erro.
Publicado orixinalmente o 10-01-09

Exercicio III

Como vexo que non vos incomodan estes traballos, eiqui vos deixo outro exercicio, non e moi dificil, co cal somentes vos vou dar unha pista, que ainda por riba pra moitos de vos non arranxara nada.
A pista e: "a fotografía de finais dos 50, e propiedade de Don Antonio Cid Miranda (Candido)."
A resposta o martes 8.

2/9/09

Don Juan Manuel Amor Pereira

Os retos menos sinxelos, son os que mais atraen a nosa atención.
Fai un tempo, caeron nas miñas mans, uns papeis, nos que se falaba dun Ourensan, descoñecido para mín , Don Juan Manuel Amor Pereira,
Foi nado en Ourense o 14 de abril do ano 1841, seus país foron Don Nicolas Amor, (San Cibran das Viñas), e dona Rosa Pereira, (Ourense).
Estudou en Madrid, na Escola Facultativa de Diplomatica da Universidade Central
Casou con dona Manuela Rolán, da cal tivo dous fillos, Emilio e Maria, (Emilio foi profesor ben coñecido do instituto provincial, e xa figura o seu nome nunha entrada deste blogue).
Morou a lo menos os seus últimos anos, na rúa Progreso, no edificio que ocupaba no baixo o estudo de foto Sanjurjo, (daquelas numero 45).
O día 1º de Maio do 1875, en sustitución de don Bonifacio Ruiz Abad, (primeiro director da biblioteca provincial), e recollendo o cargo de mans do axudante deste, Don Juan Leonato, (que interinamente ocupou o cargo no tempo que levou o nomeamento), foi nomeado Director da Biblioteca Provincial, (pertenecía o corpo de Arquiveiros do estado).
Morreu nesta a sua cidade o 8 de xullo do 1911, sendo enterrado no cemiterio civil
Xorden do resto de datos biográficos que atopei, alguna incongruencia, e posiblemente algún erro, de difícil aclaración, a xeito de exemplo, lendo un traballo do seu sucesor Don Juan Fernandez (Xesta), dinos, “el 28 de Abril, por haber cumplido la edad reglamentaria, fue jubilado el Jefe de la Biblioteca, persona dignísima, cuya probidad y cultura demostró en el desempeño de su cargo durante treinta y seis años, sucediéndole el autor de esta memoria el 11 de julio de 1911”, a falta de referencia o ano da jubilación, xa que a frase anterior fala do traslado da biblioteca o edificio do Insituto no 1896, temos que supor que a jubilación somentes a disfrutou menos de catro meses, e a toma de posesión do seu sustituto, foi a tres días da data do seu pasamento?.
Poñovos a continuación, as frases que suscitou o noso persoaxe nun persoeiro coma Don Vicente Risco, e que co gallo do cabo de ano do seu pasamento publicaronse nun pliego, xunto cas de outros persoeiros que xa vos irei mostrando.

Las fuertes individualidades, suelen emplear toda su fuerza en la conquista del éxito. Así son los que las gentes aclaman como profesores de energía.
Juan Manuel amor quiso que la pureza resplandeciese en sus acciones, palabras y pensamientos, y empleo su energía en vivir según su conciencia, con la noble entereza de un filosofo antiguo.
Este fue su triunfo y es el ejemplo que nos dio con su vida seria digna y austera.

Vicente Risco

Os que sabedes algo da vida deste gran home, teredes claro que , falta moito que contar; tentarei facelo noutras entradas, pero gustariame conseguir alguna imaxen del, pra poder adornalas, si algún de vos pode facilitarme fotografías del, estarialle moi agradecido.