Na entrada do rueiro, podedes ler, que nesta zona da cidade, enredase un pouco a identificación dos antigos nomes de prazas e rúas.
Na entrada do rueiro, podedes ler, que nesta zona da cidade, enredase un pouco a identificación dos antigos nomes de prazas e rúas.
Esoutro día, preguntábanme se non tería no meu arquivo algunha fotografía das obras da Torre de Ourense, e a verdade é que respondín que por desgraza, non.
Entrada rapida, pra recomendarvos que visitedes o blog do Doutor David Simon, nel atoparedes os datos deste xornal, descoñecido, millor dito, non rexistrado ata o de agora.

Plano das diferentes ubicacions que tiveron os Irmáns Maristas na cidade de Ourense.
.- 1 Rúa San Miguel (tedes foto no blog)
.- 2 Delegación de Defensa (no paseo)
.- 3 As Mercedes (Casa Romasanta), compartiu espacio temporal, ca dous (tedes foto no blog)
.- 4 Lamas Carvajal (Seminario conciliar San Fernando)
.- ? Xardín do Posio, (soo existen referencias orais da sua ubicación durante un corto periodo de tempo, non atopei datos escritos da sua presencia no que foi colexio do Divino Mestre, hoxe derrubado).
.- 5 Avda. de Pontevedra (retorno) (tedes foto no blog).
.- 6 Bedoya (actual).
Tentei atopar una imaxe inedita, pra continuar ca historia dos Maristas en Ourense, pero penso que non a teño millor que a que tedes eiqui.

Cando a miña amiga Reme Fitera, prestoume esta fotografía, pásome totalmente inadvertida; viña acompañada de moitos recordos, o seu pai, amigos, festas, rúas, demasiada información para asimilala nun momento; é por iso, que aos poucos, revísoas, e teño que dicirvos, que sempre atopo algo novo.
O único día da miña vida que estiven no Volter era o ano do COU. Eye in the Sky, Five Miles Out e Richard Clayderman. Entón sería no oitenta e dous. Pouco lembro daquela tarde. Un mozo que facía a mili en Ourense quixo pasar a tarde comigo. Non lembro como se chamaba e tampouco o identificaría xa nunha rolda de recoñecemento. Só lembro que me desacougaba moito a súa conversa. As súas historias de cuartel non me interesaban o máis mínimo e eu daquela, unha moza con poucas ínfulas revolucionarias, ata consideraba de mal gusto as súas queixas sobre os mandos e os seus plans de fuxida.
Pero o que importa daquela tarde é que a pasei no Volter. Mentirei a gusto e deliberadamente neste relato. Por pura honestidade. Chamémoslle ao mozo Alfredo. Para, para, e que se chamábase así, Alfredo. Seguro. Pero non quero tampouco fuchicar moito aí, non sexa que salgan outras pantasmas. Alfredo, si. Un rapaz moreno, con cara de boa xente e moi triste. Falaba pouco, e sempre do mesmo, do seu desexo de fuxir, da súa zuna por aquel sistema carcerario, e unha falcatruada moi grave que cometera pero da que eu non quixen enterarme moito. Pero ao importante.
Ocupada en quecer o bandullo dos peripatético, dos cultivadores de logos daquela pequena Atenas, irrepetible ínsua de prodixios e nereidas, como di o recompilador Almeida. Mágoa non ter reparado aquel día no alegórico fresco de Xose L. de Dios, e nas esceas dos mortos de Ferrol pintadas por Conde Corbal, ¿por que mortos se nos cadros aparecen traballando?, sequera puiden fixarme nos retratos que Vidal Souto e Xavier Pousa lle fixeran ao Tucho. Nin se me ocorreu ollar o teito para ver ao taberneiro dirixir coa súa batuta aquela orixinal orquestra de diletantes.
Non, non son da miña colección, nin sequera as coñecía, pero fai uns días revisando en e-bay, atopeime con cinco postais que aparentemente pertencen a unha serie realizada en Arxentina.
Non foi sinxelo, poder telo na miña casa durante uns días, e revisalo con calma, pero finalmente a amabilidade do amigo Carrión, fíxoo posible.
Nas últimas entradas, estoume a fixar que a miña curiosidade, está aflorando con demasiada frecuencia, e en moitas delas, solicítovos colaboración; pois a de hoxe é unha máis, síntoo.
Levaba tempo Don Antonio García Novoa (Perniñas), sen visitar o blog, e botábaselle de menos. Hoxe regresa, e podo dicir que moi acompañado.
Faleivos fai uns días, na entrada da rúa Pereira, deste debuxo, e hoxe móstrovolo; espero que perdoedes, que non sexa, no seu estado orixinal, (e que ousase darlle cor; é que cando me deixan as "Alpino" emociónome), pero é un xeito de animar aos interesados en velo, a que se acheguen ao arquivo histórico, e poidan gozalo, e se seica, porque non, animar aos responsables do arquivo a pensar nunha exposición sobre o tema.
Supoño que lembraredes as entradas do día doce e o dezanove de outubro, nas que vos falei de Don Felisindo Romero Peláez.
Presenteivos fai uns días este libro que o amigo Amador Rego tivo a xentileza de deixarme ollar; logo dunha lectura superficial, atopei datos, (dende logo, descoñecidos por mín, cousa que non e de extranar), que non figuran noutros libros do tema, que xa tiña leidos. E por ese motivo, que fago esta entrada, e posiblemente alguna maís, que axuden a completar os datos do Episcopoloxio que podedes ver no blogue.
Xa vos dixen fai uns días, que tiña recibido mails, en resposta a pregunta de que fora o que pasara ca estructura que tiña a catedral na nave central. (revisade as fotografías da entrada do día 7 de outubro, podedes escribir catedral no buscador e xa vos aparece).
O ano 1918, comezou a xestarse a construción do edificio máis representativo do modernismo, na cidade.
" A fotografía ten un valor engadido, aos persoaxes que nela saen; tratase posiblemente da primeira fotografia que se fixo en color, no estadio do Couto.
Desde a súa creación en marzo de 1850 (Rúa da Obra), foron incesantes as contribucións desta sociedade, á cultura ourensá; desde as exhibicións cinematográficas do Mestre Barbagelatta, pasando por infinidade de concertos, charlas literarias, exposicións, etc.Nas fotografías, que supostamente corresponden á década dos 60, só podo confirmarvos a presenza de don José Luís Feijoo Montenegro e Alonso, o resto de integrantes da compañía espero que algún de vós póidao identificar.
Estoutra imaxe corresponde á representación de "Katiuska", con música do mestre Pablo Sorozábal, da que os nostálxicos podedes oír un fragmento que aquí vos deixo.
Falando con algún vós, decateime dun pequeno detalle, non hai consenso, en canto a se os grupos eran totalmente amateurs, ou tiñan axudas económicas, deixo ese punto nas vosas mans, para que o aclaredes.
Fai uns meses colguei unha fotografía baixo o titulo, "O colexio do Manolo", esperando que o amigo Manolo (dilecto traballador da Deputación), ilustrásenos sobre o colexio que había nesa rúa antes de levantar o que hoxe é anexo do Otero Pedrayo.
Neste Ourense noso, sempre gozamos de xente ocurrente e orixinal; vou contarvos hoxe unha anécdota, que forma parte da tradición oral e que quen ma contou, asegura que os personaxes eran dous Ourensáns, non sei se da capital ou a provincia, eu por discreción vou empregar identidades ficticias, dado que realmente non veñen ao caso.
Non pensedes mal, non estou a utilizar o blogue con fines comerciales, nin me estou a desfacer dos meus libros, mostrovolos, pero non os teño, o dariba a verdade e que me gustaria telo, o dabaixo, supoño que algun doutor podera ter interese en botarlle unha ollada.
Á espera de que algún coñecedor do tema póidanos ilustrar, aínda a sabendas que a fotografía posiblemente sexa posterior en datas ao relato, imos falar dos comezos da banda de música Ourensá.
Non toleei (polo de agora), ese sonoro nome "Rapagatos" era o que tiña esta rúa, tamen tivo o de "Pixotaria", pero ese e menos musical, (e as veces pode dar mal cheiro), uns anos foi a rúa de "García Hernández", e hoxe coñecemola como a Rúa do San Miguel, (supoño que sera polo Santo, o do restaurante foi mais tarde........).
Fai tempo que non vos poño tarea; tamen e certo, que ainda esta sen resolver o asunto do coro da catedral, pero ainda que recibin algun mail, (que ninguen se me ofenda), non tiñan moita base documental, poreinnos en uns días, pra que me deades a vosa opinión.
No ano 1928, proximo a inaugurarse, este era o aspecto que ofrecia o edificio principal do Complexo Hospitalario das Lagoas.
No xornal mensual Ourense por barrios, (eiqui tedes o enlace a súa paxina web: http://www.ourenseporbarrios.com/ ), deste mes de Outubro, leo o artigo de "Pepe dá Guardesa", que como sempre nos ilustra sobre a historia de Canedo.OurensenoTempo
Copyright 2008 - 2025
Rúa Progreso nos 60 (General Franco) Andiven a revisar as vellas entradas do blogue, e aproveitando que tiña tempo, pero non conexión a ...