Estas imaxes antigas, son unha das razons de ser de iste blogue, nelas vemos estilos e costumbres doutras epocas.Consejos y avisos
31/5/09
Fin de ano no Liceo 1930
Estas imaxes antigas, son unha das razons de ser de iste blogue, nelas vemos estilos e costumbres doutras epocas.30/5/09
O tempo esta pra ir alí
Co tempo que fai, apetece ir dar unha voltiña por Oira, o problema e que según dice a prensa, vai ser que este ano non vai poder ser, seica esta "rompida" a piscina, vaia faena.29/5/09
O Mural mosaico dos Maristas
Ourense conta dende onte cunha nova e espectacular obra de arte no seu patrimonio.
No colexio dos Irmáns Maristas, e como peche oficial dos actos do centenario, (seguirá habendo actos ata final del curso), onte en presenza das autoridades locais, tivo lugar a inauguración dun espectacular mural, obra do Irmán Santa Marta.
Eu non son ningún experto na materia, co cal soamente podo darvos a miña impresión, e realmente non se me ocorre nada del que non sexa elogioso.
A primeira sensación que tes ao miralo, é de atracción, as cores son vivos, e irradian unha luminosidade que require que che achegues a observalo de cerca, ao facelo, atópaste con gran cantidade de alegorías, que é difícil nunha breve visita, descubrir na súa totalidade, a maioría penso que ides ter que facerlle varias visitas para poder gozalo na súa totalidade, (iso non será problema, xa que el amigo Manolo é home amable, paciente e de seguro que termina exercendo de improvisado guía que vos axudase con algún detalle que se vos escape).
Non quero estenderme demasiado, co cal creo que o mellor é que o visitedes e gocedes da súa beleza.
Persoalmente quero dar as grazas ao irmán Santa Marta, polo seu excelente traballo, e pola breve sinopsis que onte nos fixo da súa obra, teño que recoñecer que é un pracer para mín antes descoñecido, o poder observar unha obra escoitando a explicación dos detalles, por parte do autor; na noite de onte démoslle un longo aplauso de agradecemento, totalmente merecido, e con esta entrada gustaríame continualo.
Grazas Irmán Santa Marta.
Sinto que a calidade das imaxes non sexa mellor, pero creo que serven para que vos deades conta da grandiosidad da escultura.
Os Sopistas de Compostela 1930
Chamáronme a atención dúas cousas: o numerosa que era a tuna; e o feito de que, dispois da visita, según a prensa local, os tunos partían cara a León e outras cidades do Norte, ata chegar a Barcelona. Tendo en conta a data e o que se tardaba daquelas en chegar a Barcelona ( con paradas en "outras cidades do Norte"), supoño que cando chegaran a Compostela, xa iría medio curso perdido.
28/5/09
A crisis
27/5/09
Club Unión Deportiva Orensana 1943
Dentro da serie de documentos antiguos que os meus amigos me teñen facilitado, unhos dos que millor se conservan, son este que vos traio hoxe, e o que o sustituiu, cando trocou a denominacion do clube, que vos mosterei noutra entrada.A mili no 1919
No ano 1919 posaban os "quintos", pro fotografo no Campo de Aragón.
26/5/09
Gardel no Teatro Losada
Esoutro día Don Santiago Mosquera, tivo a deferencia con este blogue de enviarlle esta xoia; como el di, "neses intres unha actuación de Gardel, era algo moi similar a unha hoxe de Bob Dylan", ou pensando nos rapaces novos, e coma si viñera Rihana. Magoa que a visita fora na pantalla do cine.Doulle as grazas a Don Santiago pola sua achega , e coido que e posible que apareza material seu noutras entradas, (a verdade e que non o coido, seino, xa que me ten achegado mais material).
O Burgas F.C. no 1931
"... De inxusto podese calificar o resultado do encontro que enfrentou o Burgas da cidade, contra o Coruña F.C. no estadio de Riazor na cidade Herculina, o marcador o finalizar o encontro, marcaba un 2-0, que non reflicte o gran esforzo feito polos nosos muchachos durante os noventa minutos.
25/5/09
Chocolates Chaparro
Mosteiro de Oseira
24/5/09
A ponte da Burga II
Estes días visitei en varias ocasions o Colexio das Josefinas, e tiven que pasar por esta Ponte, xa saliu noutras ocasions no blogue, e coñecedela todos; o asunto e que me fixei, que nos xardins da Burga, que son os que vedes na imaxe, faltaba a farola, seica estiveron facendo arranxos, e por algún motivo a farola quitouse do seu emplazamiento, (supoño e agardo, que seria pra facerlle un lavado de faciana), mentras non a colocan de novo, eiqui vos deixo a fotografía, pra que non esquezades como é.23/5/09
O Taller do Perille
En lugar de facer eu o comentario, douvos os datos que me facilitaron, o propietario da fotografía, Don Guillermo Álvarez, e o intermediario da "operación", Don Lisardo Mazaira.22/5/09
A Cedula Personal
Esoutro día ensineivos unha cartilla de racionamiento, hoxe mostrovos, a cedula personal que se utilizaba durante a Guerra, sin ela era moi perigroso moverse pola provincia.Josefinas
Volven as Josefinas a visitar o blogue, pra recordarvos, que o día 25 comezan os actos de celebración do 75º Aniversario, da sua chegada a Ourense, fixeronno nesta casa que vos mostro, xa vos falei dela na outra entrada, era de Don José Fernández, e nela estiveron tamén, as Escolas do Ave Maria, (no primeiro momento), e a falta doutra confirmación, (poidera ser este tamén o edificio que albergou durante un tempo, as mulleres do Internado Rivera), tamen o colexio San Fernando hay pocos anos desaparecido, (Un recordo a Dona Obdulia).
Rebuscando información da sua chegada, de momento soamente atopei estes poucos datos do edificio que ocupan hoxe:
No ano 1853, Don Santiago Saenz, montou nese solar as instalacions da sua fabrica de curtidos, aproveitando a cercania do matadoiro, existente na zoa, (habia que aproveitar tamén a auga da Burga).
Logo dos anos, no 1907, Don Santiago vendeulle o edificio, a Don Francisco Conde-Balvís, (o da electrica Balvís da Ponte Maior), nun principio, a idea era montar alí as oficiñas da empresa, pero finalmente decidiu convertilo en viviendas, e así foi como o atoparon as Madres Josefinas no 1940.
Fachada do Colexio, nela podedes ver que ainda non se tiña reformado o edificio do Colexio.
21/5/09
Cartel de Don Alejandro Veiras (1947)
De Don Alejandro xa vos falei noutra entrada, que por ahí tedes, e das ferias agropecuarias, que se organizaban en Ourense, tedes no blog de Julio Freijido Http://maquians.blogspot.com unhas cantas ímaxes.Os toros, Festas do ano 1920
Esta clase de fotografías, non precisan comentario, son simplemente para gozalas, nelas ábresenos unha fiestra ao pasado, para ver modas, estilos, e ata actitudes.A praza segundo di na traseira da propia imaxe, estaba neses intres, onde maís anos estivo, na traseira da Igrexa de San Pio X, onde recordovos que se tentou facer unha praza fixa.
20/5/09
A cartilla de Racionamiento
Dou por suposto que esta imaxe non traerá bos recordos a ninguén, fálanos de tempos difíciles, de dor, de pobreza, de fame, en fin, un dos peores momentos da historia deste país, como podedes ler nela esta era do ano 49, cando lle quedaba pouco tempo de existencia, afortunadamente.Canedo dende a Alameda do Crucero
19/5/09
Futbol Salesianos (publicada baixo ameazas)*
Confeso que de xeito totalmente inocente, e por petición dun amigo, colguei o outro día a fotografía do equipo dos Maristas no ano 61, non se me ocorreu pensar que a rivalidade existente naqueles tempos, continuase vixente na actualidade.Hoxe recibín un mail ameazante*, (o cal non reproduzo, por non asustar os posibles nenos que lean estas letras), no que se me esixía unha rectificación, ou polo menos un trato igualitario, co equipo rival, "Os Salesianos", por medo, e pra evitar conflitos, eiqui tedes o equipo que venceu ise ano a liga escolar.
Neste link que vos deixo, tedes moitos mais datos deles, eu non poño de xeito habitual estas fotografías dos Salesianos, xa que tedes un enlace a páxina de Secundino Lorenzo (Chicho), a dereita do blogue, na que esta recollido, caseque todo o material grafico do colexio.
http://www.galeon.com/sloren/compas63/foto27.htm
*Supoño que vos dariades conta que a maior parte da entrada é unha broma, que lle dedico a Chicho, o Casillas de Salesianos neses anos, hoxe en día un funcionario do estado, que se nega a traballar na bolsa e o banco.
Santo Anxo
Penso non equivocarme, se digo que para moitos de vós esta fotografía é moi difícil, se non imposible de identificar.18/5/09
75 Aniversario de "Las Josefinas"
17/5/09
A ponte das Lagoas no remate
A comezos do ano 1957, este era o aspecto que ofrecía a Ponte das Lagoas que xa vos mostrei noutras ocasións, esta ponte, foi unha obra necesaria para conectar o viaduto do ferrocarril, ao resto da liña, a saída do túnel de San Francisco, presentaba un nivel de vía, que facía moi complicada a conexión, a fin de alcanzar a altura necesaria fíxose esta obra de enxeñería. 16/5/09
"O Pepiño"
Do visitante de hoxe, xa vos falei nun par de ocasións, pero agardaba atopar unha imaxe un pouco mellor que esta.15/5/09
O bordillo da Praza
Xa vo lo dixen na ultima entrada que fixen desta fermosa Praza do Ferro, nos soportais da Ferraxeria Blanco Vega, durante unhos anos tiñan este desnivel, dacordo que serviria pra facer un descanso e botar un pito, pero coido que foi millor eliminalo.A casa do Correxidor e a vacina
Non pensedes que hoxe toca un comentario sisudo, sobre a chegada do primeiro corrixidor á cidade, nin do escudo da súa casa, (que menos mal que aínda conservamos), nin de nada verdadeiramente serio, ou si?.14/5/09
A Canella da Sinagoga
Da existencia dos xudeus na cidade temos moitas pegadas escritas; da súa localización maioritaria na Rúa Nova, (Lamas Carvajal), Barreira, Groria (Arcedianos), Tendas, en resumo polas proximidades do Concello, da súa capacidade de traballo , da súa habilidade para os negocios, ata aparecen referencias á súa habilidade coas cifras e contas, (varios membros da comunidade foron contables, contadores), se ledes o excepcional libro "Del Orense Antiguo" de Don José Adrio, atoparedes xa algunhas desas referencias.13/5/09
O Equipo do Carioco
Trabuqueime, e ainda que mo habian pedido, non colguei esta fotografía, solvento o erro, agardando que non se me enfurruñe ninguen.Sanatorio de Toén (A Conchada)



Plano e vestibulo do Sanatorio
Enfermeras do Sanatorio ano 60, detras podese ver as terrazas que tiñan as habitacions.
Coido que e moito mellor que vos de a sua vision do complexo sanitario o Doutor David Simón Lorda, aquí tedes o enlace a un traballo seu sobre o Psiquiátrico de Toen.
12/5/09
Historia "recente" do Básquet Ourensán
Fáleivos e falareivos da "prehistoria" do básquet en Ourense, maís hoxe traiovos esta imaxe do ano 64, que forma parte dun pasado máis recente.Os Maristas en Ribadavia
Aínda que Ribadavia non asomará de forma habitual neste blogue, (xa sabedes que o amigo Xullo Freijido ten un esplendido blogue con esa temática http://maquians.blogspot.com/ ), neste caso e tratándose dos Irmáns Maristas, farei unha excepción.
Esta imaxe e dos rapaces do colexio "San Jose", no ano 1921, no patio do Pazo
Nesta imaxen, aparecen o conxunto dos rapaces do Colexio, os Irmáns Maristas, (o irmán Jaime director), e mais o Sacerdote Don Leandro Rodriguez Arcos, a fotografía foi feita nas escaleiras da Igrexa da Virxe do Portal, no ano 1922.11/5/09
O chan na Praza do Ferro
Nalgunha fotografía que colguei con anterioridade xa vos comentei a posibilidade de que isto que hoxe vos mostro, fóra así, non sei en que anos presentaba este aspecto, a Praza, aínda que xa existía a Farmacia de Dona Amalia, co cal andará polos anos 50, ou principios dos sesenta, eu dende logo non o recordo.As Carmelitas
Estaba agardando a ter algún artigo un pouco máis elaborado, para presentar no blogue a esta outra institución educativa da cidade, (unha das primeiras de relixiosos 1879), e na única por certo que cursei, (non digo estudado, porque tiña daquelas 4 aniños).10/5/09
"Menchu" y el Festival del Miño
Para moitos Ourensáns iso foi unha afronta, e para porlle remedio, deciden crear un Festival Internacional, así naceu en xuño do 65 o Primeiro Festival Hispano-Portugués da Canción do Miño.

Tentarei poñervos noutra entrada unhadas suas cancions.























