Pouco antes de comezar o montaxe da exposición, por medio do amigo Lisardo Mazaira, contactei con Don Francisco Alvarez; con ese dato, non vos estou a decir casé que nada. Pero pra moitos se vos digo que e o neto de Don Francisco Alvarez de Novoa, o autor de "
Pé das Burgas", seguro que xa o identifican. (
por certo teño que facer un par de entradas deste xornalista, escritor, etc, que a pesares de ser nado en Granada, sentiuse Ourensan de corazón).
Pois ben coma case sempre, nin vou falar de Francisco, nin do seu avó; senon do seu pai. Reinaldo Alvarez.
Nos estudios de fotografía hoxe contase ca axuda do Photo Shop, que sin dubida facilita en gran manera o traballo de retoque; pero antes da era informatica, o retoque como sabedes faciase por autenticos artistas, en moitos casos pintores, (non vou opinar cal e millor, se o traballo manual ou o informatico, sabedes que me gusta deixar pra vos eses temas); un destes artistas era Reinaldo Alvarez (realmente Reinaldo era funcionario, pero a sua aficción era esta), penso que xa nalgunha ocasión o teño mencionado no blog.
Reinaldo era un dos amigos, e digo amigo, e non empregado, porque no estudio de Pacheco, a vida, polo que eu sei, era de traballo, pero nun ambiente moi relaxado, os habituais irmáns Xesta, Luis Ksado (no seu periodo de formación), Jaime Pacheco (o irmán e alumno de José), foron dos primeiros en disfrutar dese ambiente.
Co paso do tempo, foron deixando espacio, a unha nova xeneración, Toni Román, Carlos Velo, Xocas, amigos do fillo de Don José, Augusto, compartían aficcions con Reinaldo Alvarez na segunda etapa do estudio.
Este grupo, a parte de traballar no estudio, gustaballe sair tamén a expresar as suas inquedanzas creativas no exterior, así foi como naceu a idea de rodar a que supoño primeira pelicula Ourensa, "Las aventuras de Pokrowsky", (desaparecida polo de agora, pero non perdo a esperanza de que algún día apareza nalgun arquivo), e a coñecida "O carro e o home". Pero tamén facian algo mais ludico como idear montaxes fotografícos simpaticos, tal e o caso da fotografía que vos mostro; nela podedes ver a simulación do atropello do propio Reinaldo por parte dos seus amigos, outras veces xogaban cas placas de negativos facendo que xurdiran xemelgos de algun deles, ou com xa vos ensinei noutra ocasión, como un deles propinabase unha paliza a él mesmo.
Fotografías deste estilo, xurdían precisamente grazas a ese ambiente de amistad e camaraderia que existia no estudio Pacheco. Intentarei mostrarvos mas deses simpaticos traballos, e espero contar ca axuda de don Francisco Alvarez, pra darvos datos do seu pai.
Agora que me dou conta teño tamén que falar dos varios retocadores que tivemos na cidade, xa que na maioria dos casos, non se coñecen; quitando os que logo co tempo pasaron a traballar como fotografos, Felix Dopazo Luis Xesta ou Mari Arredondo, etc. o resto permanece no mas absoluto anonimato, e penso que non e xusto. Nomes como Antonio Iglesias Gonzalez, Antonio Rodriguez Rodriguez, Fernando Iglesias Sanchez, Manuel Bautista (xenro de Pacheco), a lo menos, merecen ser citados na historia da fotografía Ourensá. A ver si o amigo Fernando Valcarcel, busca un ocó, e nos poñemos a elo.