Consejos y avisos

30/4/09

Colexio Curros Enríquez

Fotografia Jose Luis Fernandez Ojea.
Penso que e a primeira vez que aparece iste centro escolar Ourensan no blogue, pero non desesperedes que estou en elo, mentras eiqui podedes velo, o edificio estaba coma hoxe, as diferencias co actual estan nos engadidos que se foron facendo, a cuberta dunha parte do patio e o mais significativo.
No entorno se que houbo moitas modificacions, xa o marxe das Lagoas, que ainda estaban valeiras, vemos que na Rúa Saenz Diez (Circunvalación), faltaban moitos dos edificios actuais.
A fotografia sen data exacta eu penso que ten que ser comezos dos 70.

Salesianos o Pavillon

Pouco ten que comentar esta imaxen, ei tedes o pavillon do colexio Salesianos antes de cubrilo, quitaronse as bancadas do fondo, e fixeronxe vestiarios.

29/4/09

O Asilo ano 59


Coido que somos moitos, os que lembramos o Asilo, na ubicación da Avenida de Bos Aires, dacordo que quedaba mais a mán, pra as visitas, e cooperantes, pero hoxe en día os velliños poden recibir unha millor atención, froito da comodidade das novas instalacions, ( e inda por riba o que quere axudar faino igual).
O terreo deixado polo asilo, como sabedes a maioria, e a urbanizacion da Praza de San Antonio.

Progreso 71-73-75-77

Pouca imaxe, e moito comentario, pido desculpas de antemán polo tamaño do comentario desta entrada.
A imaxe mostra o lugar onde mais anos vivín nesta cidade, xa noutra entrada fáleivos del, e mencione algún dos negocios que por alí estaban na miña época, Avance, Olegario, Diéguez, La Regidora etc, eses eran o centro e norte da miña residencia, hoxe tócalle a quenda ao sur xeográfico da miña infancia.
Pegado a Olegario, que era a "casa de á beira", co seu salón de beleza, de encantadora propietaria, creo recordar que se chamaba "Pepita" (na foto pon Quica, pero supoño que seria anterior a mín), ^pero que coñazo^, (perdón pola expresión), ter que esperar a que á miña nai puxésenlle o casco galáctico (secador), a miña curta idade, non permitía escapadas sen vixilancia adulta, e os venres que sempre tocaba perruqueria era difícil atopar un penitente disposto a pasear ao pequeno.
O Carón da perruqueria, atopamos, eu non o lembraba as oficiñas da Agrupación Deportiva Couto, (de ahí vira a miña afección o deporte, e a miña querencia polo barrio do Couto).
A continuación segundo a fotografía, (os meus recordos non alcanzaban a ese negocio) "La Industrial", segundo datos orais de xente mais antiga que eu, negocio de comestibles e aveños do fogar, (non oso contradicir a miña informante, mais que nada porque ten dereitos maternais sobor de mín pero na fotografía podese ler no escaparate, que tiñan chegado novelas novas, co cal algo de livraria tamén terian, bomas a parte, poñoo en pequeno por medo a miña nai, pero La Industrial era unha das Imprentas da cidade, e tiña o despacho o publico nese local), a continuación (non se ve na imaxen, pero non vos preocupedes que xa vola ensinarei), unha tenda das de verdade, "Santorum", como dicía na placa da fachada de Don Benito Alonso Santorum, (segundo me confirma o meu axudante carrión, non ten nada que ver co actual colmado Santorum), e a continuación o palacio dos golosos, A Confeitería "La Trinidad"; querería continuar, pero pensar naqueles borrachos (hummm), os milhojas (humm), e as cañitas (hum), (por petición popular incluo no lote as tartas de Moka, que tamen se despachaban en porcions, e pa o meu eran un pouco "secochas", secas en cristian) que naquela casa fabricábanse, puxo en marcha as miñas papilas gustativas, e corre risco o teclado do meu computador.
A falta dun estudo mais exhaustivo, coido que a instantanea corresponde os comezos dos 60.
Noutra entrada dareivos mais datos.
Sinto que o texto inicial sufrira unhas cantas modificacions, pero eran correccions necesarias.

28/4/09

Bazar Outeiriño

Fotografía propiedade de Don Marcial Feijoo
A imaxe de hoxe, é como moitas das que vos ensinarei, dunha batalla de flores, (aproximadamente do 58*). *Corrección feita polo amigo Carrión.
Esta dedicada a un profesor de instituto, que moitos coñeceredes, Don Pedro.
Na fotografía podemos ver o local de negocio que ocupaba unha parte do edificio Chevrolet, alí como podedes observar, desenvolvía a súa actividade o "Bazar Outeiriño", na outra, creo que coincidindo no tempo, (polo menos algúns anos), estaba situado o negocio familiar deste profesor, o "Bazar Pedro".
Aproveito tamén esta entrada, para recordarlles aos responsables do diario "La Región", que eles mellor que eu, saben que o material grafico que aparece en internet, non é de libre difusión, e menos, cando no seu uso, existe un beneficio económico.
Tal e como lles comuniquei en dúas ocasións, se desexan utilizar material deste blogue, deben porse en contacto comigo, (teñen o meu teléfono e o meu e-mail), e eu non teño inconveniente en polos en contacto cos propietarios da imaxe, a fin de que se lles dea, ou non a autorización pertinente.

Antonio Fernández Bordas

Antonio Fernández Bordas (Violinista).


Don Antonio Fernández Bordas -Violinista Ourense 1870 - Madrid 1950
Dentro do grupo de ourensáns que destacaron nas artes, non podía faltar este personaxe.
Dende moi novo, trasladouse a Madrid, onde dedico a súa vida á música, chegando a ser unha personalidade destacada no panorama nacional, estudo con personalidades da categoría de Pablo Sarasate, e Jesús de Monasterio, a quen anos despois (1921), sucedería no cargo de director do Real conservatorio de Música de Madrid.
Como concertista participo na "Sociedade de Cuartetos de Madrid" (fundada no 1863 por Jesús de Monasterio), a Sociedade de Concertos e a Orquestra Sinfónica de Madrid.

27/4/09

Fotografía Historica A Deputación


Hoxe visita este blogue, unha fotografía historica e orixinal, propiedade do Arquivo Municipal de Ourense.
Collinme a liberdade de facer unha copia retocada co fin de que vexades o detalle orixinal que ela ten con moita mais claridade.
No ano 35 ou 36 as festas de nadal, fixeron posible que algún fotografo, (non me consta cal, ainda que supoño que seria Pacheco, ou tamén puidera ser Villar, pero non o sei), fora pola noite a obter este documento; a maiores da bandeira, tedes que fixarvos moi ben e veredes na porta un (posiblemente), municipal facendo a vixilancia do edificio, "momentos dificiles os que se vivían".

26/4/09

A educación dos fillos


Os que me seguides, supoño que xa vos destes conta de que un tema que me preocupa sobremaneira, é o da educación dos fillos; xa noutro momento fáleivos do xuíz Emilio Calatayud (2009), ao que naquel intre acompañaba o Ourensán Don Emilio Amor (1934), ata poderiamos enlazar con este tema a entrada do admirado Don José Adrio titulada "Los alumbrados dá cibdade", (1900), pois hoxe e para que vexades que o tema tratouse desde sempre, tráiovos un artigo de 1922.
Grazas ao amigo Julio Freijido, (de quen podedes visitar o seu marabilloso blogue http://maquians.blogspot.com/), souben da existencia do periódico "Noticiero do Avía", e aínda que Julio avísanos dunha próxima entrada de interese sobre o mesmo periódico, ao meu fíxome un favor, xa con esta.
Na cabeceira do exemplar que nos mostra, podedes ver que a data é significativa, 31 de decembro, (puidese ser que esta reflexión que se nos mostra, sexa un propósito para comezar o ano 1923), lelo con calma, trátase da segunda parte do artigo, supoño que a primeira sairía publicada no número anterior do semanario; aínda así por se só é moi interesante. (por sorte algo melloramos).



Certo é que o problema da falta de escolarización hoxe afortunadamente case se erradicou, pero non podemos pensar que con iso está todo solucionado, a nosa obriga é a de seguir avanzando, e lograr que os nosos fillos non sexan uns Gossip Girls, nin uns émulos dos personaxes da popular "Sen tetas non hai Paraíso".

25/4/09

3º Conto de Xulio Borrajo (1930)

Por falta de tempo, levo unha tempada con ganas de achegarvos a terceira entrega dos contos deste entrañable artista Ourensán , pero non foi posible, hoxe por non atrasalo máis, decidín mostrárvolo directamente do libro que teño das súas anécdotas, facede clic por riba del e poderedes lelo con máis comodidade.


24/4/09

A fonte da praza de San Cosme e Damián

Sinto que a calidade da fotografía, non poda ser un pouquiño millor, pero e a unica que teño desta fonte, que esta no clube das voadoras.
Como se ve perfectamente na imaxe, estaba situada fronte a Capela dos Santos Cosme e Damián, na Praza do mesmo nome, e un bo día foise, non sei cara onde, unhos cantos anos a Praza estivo en silencio (sen o discurrir da auga), e fai outros poucos anos alguen decidiu colocar a que temos hoxe, (non vou falar dela).
Mentres que non atopei esta fotografía, pensei que a fonte poderia ser doutro xeito, a miña ignorancia, fixome deducir que a localización da Praza da Fonte Arcada, teria sentido que fora esta, hoxe penso, e sei, que non e posible, segun do me dixeron, a fonte Arcada estaba mais preto do Turco.
A mín recordame un pouco a que vos ensinei na praza da feira, cando esta era o carón do pavillón dos Remedios.
Calquera día atoparei datos.

23/4/09

Olimpiadas Maristas Ourense V

Fotografías propiedade de Don Jose Luis Fernandez Ojea
Como remate das entradas de hoxe, eiqui vos traio una imaxen dos primeiros rapaces que cursaron os seus estudos no colexio novo, según conta algún deles, as veces ainda botaron unha man os obreiros que andaban a rematar o colexio, sabedes que no comenzo non había mais que o edificio da rúa Cabanillas, o de Bedoia foise facendo xa co colexio operativo. Esta e caseque o mesmo grupo que na outra, pero anos despois, poñovos os nomes dos que o coñozo, se algún sabe mais, xa sabe o meu mail no perfil do blogue.
Ribera - x - Carlos Aragón-Jose Luis Fernandez Ojea- x- Vide- Andres Hidalgo- x - x- x
x - Rafa (Tatino)- x - Carlos Conde-x - x
x- Antonio Chacon - x - x- Mendez - x - Leopoldo Marquina - Coronas
x-x- Arean- Severino-x-x-x

Olimpiadas Maristas Ourense IV


Este home sempre con notiñas, coido que esa notiña tivo que pagala el, e inda a paga hoxe.
Neste caso, non vou poñer de quen se trata, e una señora que xunto co seu home leva anos soportando os caprichos de todolos rapaces de Maristas, e a verdade e que sempre cunha paciencia infinita, os que os recoñezan, teñen unha piruleta gratis, decidelle que ma poñan na miña conta.

Olimpiada Maristas Ourense III

Fotografía propiedade de Fernando Sierra.
Estas si que eran festas e deporte, nos 70 celebrabase una gymkana ciclista no colexio co gallo das festas na honra do San Marcelino, (daquelas ainda Beato).

Olimpiada Maristas Ourense II

Fotografía propiedade de Fernando Sierra
Aliñación lexendaria do colexio Maristas.
Baixo a batuta do añorado irmán Victor, estes fieras arrasaban nos escolares, a fotografía ten tamen o detalle de mostrar a Torre, daquelas viase dende o colexio, hoxe non, e mira que e ben alta, pero.....
Doulle as grazas a Fernando Sierra por deixarme uns cantos dos seus recordos.

Olimpiadas Maristas Ourense

Hoxe ten lugar a inauguración dos xogos olímpicos Maristas, co galo do centenario, este ano adxudicouselle ao colexio de Ourense a súa organización. Como colaboración nese evento, dende este blogue, vou colgar durante a xornada, varias fotografías, que agardo que vos gusten.
Saúdos e sorte a todos os integrantes da comunidade escolar Marista, en especial aos competidores, recordade o importante e participar, e neste caso, tamén pasalo ben. (deculpas quisen dicir, o importante e pasalo ben, e neste caso tamén participar).
Esta primeira imaxe, vai dedicada o irmán Vázquez, discutinlle a localización da fotografía da primeira comunidade Marista Ourensa, (fotografía que xa está no blogue fai tempo, buscádea), e teño que recoñecer que a razón era súa, no meu descargo, pero non por "discorrer", o vulto, se o ides a ver hoxe veredes que no fermoso atrio da Igrexa do Seminario Menor, subiron o ceo, (ou Deus sabe onde andarán), unhas cantas das figuras que alí estaban, das trece que viron os irmáns Pothius e compañía, soamente quedan cinco ou seis.

22/4/09

Los Posters II

Teño a impresión de que non os coñecedes moito, xa que non sodes quen de darme datos, poñovos, una imaxen dunha das suas actuacions en Ourense, a ver si así resultan mais recoñecibles. Certo e que a sua andaina no panorama musical foi curta, pero algo saberedes deles.

O Marcador do Estadio

Os aguerridos xogadores, xa son vellos coñecidos do blog, ahí tedes a Marcial entre eles co cal falamos de finais dos cincoenta comezos dos 60.
Hoxe voulles quitar o protagonismo a eles, para darllo o fantastico marcador de última tecnoloxia, que tedes na traseira.
Teño unha dubida, non son quen de decatarme cal era a finalidade de tantos numeros, o que o saiba que mo diga, (coido que tantos goles non se marcarian, vai ti saber se era polos partidos de baloncesto que se xogaban preto de eiqui).

21/4/09

O Rouco

Fotografía propiedade de Don Avelino Vázquez
Se alguén quere coñecer anécdotas do transporte de viaxeiros en Ourense, non ten máis que achegarse a tomar algo ao Bar Gómez en Doutor Fleming, (isto non é publicidade, só unha información verídica); cada vez que me deixo caer por alí, facilítanme entre Avelino e os seus fregueses, algunha entrada, nalgunha ocasión ata con material grafico.
Coa consumición do domingo, no canto dunhas patatillas de acompañamento, servíronme unha ración do Rouco, (non o pidades para mollar no café, que para iso non valía o bo do home).
O Rouco era un daqueles empresarios do transporte de viaxeiros, que sobre os seus ombreiros e nas súas mans levaba todolos cargos da empresa, era o chofer, o revisor, o mozo de maletas, o mecánico, e o amigo; a súa era unha concesión pequena, pero de moita utilización, cubría a liña de Macendo, Puga, Ourense etc; tiña moitas máis paradas no seu percorrido, pero sería longo de relatar, case tan longo como o seu percorrido matutino, cóntanme que saía ás sete da mañá para comezar a liña, e en ocasións recalaba nesta cidade a iso da unha, (a verdade é que as estradas non eran as de hoxe, pero el tampouco era un Alonso da vida).
Tiña a sua administraccíon, (que el mesmo xestionaba), na barra do Bar Lobera, (daquelas Bar Lugo, rexentado polo "Patachica", corrección feito por Don Francisco Amaro Castro, "Paco da farmacia"), no barrio do Couto, (hoxe en día dirixe tan magno negocio Don Cándido, un barcelonista de pro que se ve moi feliz este ano, ¡que o goce!), e contan as malas linguas que alí e en moitas das obrigatorias paradas que tiña no seu percorrido, afacía pedir duas chiquitas, unha para el e outra para o coche, que non era cuestión de empiparse, e así rendía mais o gasoil, (bo se nalgunha ocasión tiña moitas paradas, non había problema, tiñao claro que se vía tres estradas, collendo pola do medio, non se equivocaría).
Para rematar, cóntovos un detalle, para subir ao seu autocar non era preciso ter diñeiro, era moi normal, sobre todo nos meses anteriores á vendima, escoitar aos usuarios, "Rouco "hoxe ponseme mal", e a resposta era "ti pasa que xa veremos".

Ervedelo e a casa da Marquesa da Atalaya Bermeja

Fai uns días, remitinlle a unha amiga que está escribindo un libro sobre a súa familia, unha fotografía que espero sexalle de utilidade, non a publicarei, para que se a utiliza, goce de mais orixinalidade, (en certo xeito poderíase dicir que ela e a súa familia teñen ata dereitos de imaxe sobre esa ímaxe).
A que si vos mostro é esta complementaria á outra dunha vista que eu (actualizada), gozo diariamente, unha parecida xa estivo nestas páxinas, pero esta ofrece moita máis información. Podedes ver toda a fachada do castelo de Dona Angelita Varela, e a única edificación que lle facía compañía nesa beirarrúa nos seus principios, unha parte dos talleres e almacéns da Fundición do Sr. Don Manuel Malingre Parmentier, a Fundición en si e a outra parte dos talleres estaban na beirarrúa de en fronte, coa famosa Cheminea "cadrada".

20/4/09

A parada do Carrito

Fotografia Pacheco (Propiedade do Arquivo Municipal)
Fai moito tempo que caeu nas miñas mans esta imaxe, pero en ningún momento aproximeime a situala na nosa cidade; as opcións eran variadas dado os escasos datos que ela ofrece.
Fai uns días Paco Espino Arquiveiro Municipal, deume a información precisa, e agora paréceme incrible non habela recoñecido, (pero xa se sabe cando coñeces a resposta, todo é obvio).
A señora co crío no colo, e os infantes do seu redor, facilmente poderían estar agardando a chegada do autobús da residencia, (se neses anos circulase o devandito autobús), o propio era a golpe de chancas, achegarse onde a necesidade impuxese.
Non o atraso mais, eses personaxes están onde hoxe se sitúa a parada do autobús da traseira da "Delegación do Goberno", (Goberno Civil), e esas casiñas que ven, sen sabelo xa estiveron no blogue en máis dunha ocasión, sen ir máis lonxe na entrada titulada "Clube de Tenis"
Nestes anos (comenzos do seculo xx), aquí celebrábase a feira, un pouco máis arriba estaba o Outeiro dá Forca, (Campo de San Lázaro), e na esquina superior dereita deste, O Lazareto da cidade.
Algún amigo di que esta zona era o Finís-Auriense, xunto ao Campo do Desafío (Remedios), e o Posío.

O Carrito


Comeza a semana coa visita deste personaxe que prefire gardar a súa intimidade, pero non ten inconveniente é deixarnos gozar do espectacular vehículo que conducía de novo.
Eran os anos corenta e ao fixarse na fotografía, vemos claramente que estes vehículos impulsados por "tracción maternal" causaban furor na Alameda.
A fotografía é outra máis das que facia o amigo Rizo, (en calquera momento mostrareivos outro grupo das súas instantáneas).
Grazas á miña amiga Veva polo fantástico préstamo que me fixo, e que vos ensinarei en próximas entradas. (Grazas tamén a Aloysus pola súa intermediación)

19/4/09

Los Posters

Da colección de Don Lisardo Mazaira
Caratula do seu disco, ano 67, deixovos a vos a busqueda de información.

18/4/09

A Ponte das Lagoas

Eiqui tedes a fotografía completa.
A ponte das Lagoas, daquelas estaba soliña, non tiña edificios o redor, e daba paso, a unha zoa, na que en tempos practicabanse todo tipo de actividades ludicas.
O marxen do Campo Loña (que tamen andaba preto), por estes terreos, estivo o segundo campo de futbol da cidade, este, e o primeiro, eran sen cerrar, (non sei se xa vos comentei que o primeiro foi o Campo de Aragón , (a explanada que esta no Cuartel de San Francisco)), tamen se montou en algunha ocasión a Praza de Toros portatil que tanto lles gostaba os nosos devanceiros, foi tamen o lugar escollido en varias ocasions para facer o grandioso espectaculo que era o Festival do Miño, e incluso (e iste e recordo propio), por ahi entrenaba o clube Carrera de fútbol, no meu caso baixo as directrices do gran Fachetti, certo e que daquelas, poucos pero algun edificio xa empezaba a xurdir da terra.

Maria auxiliadora nos 50-60

Fotografía cedida por Raul Rois.
Preciosa fotografía dos rapaces do colexio Salesianos, o que non sei e si eran monaguillos, ou iban facer a sua Primeira Comunión.

O Escudo (Arquivo Municipal de Ourense)

Fago esta entrada con arrepentimento, e ao mesmo tempo con ledicia, hoxe tiven o pracer de coñecer ao persoal que temos no Arquivo Municipal, Paco Espino e outros "sufridores" da Historia, o de sufridores é suficiente con que vos acheguedes, (se o atopades) ao edificio que ocupan na Cuña, para que o comprendades.
Espero coa axuda destes señores, podervos achegar máis datos interesantes da nosa cidade.

Foto Pacheco (Propiedade do Arquivo Municipal de Ourense)
O arrepentimento está motivado, en que durante a miña visita ao arquivo, informáronme de que moitas das fotografías de Pacheco que eu tiña, (obtidas de forma licita), son propiedade por compra dunha copia das placas, dese Arquivo; xa manifestei en varias ocasións, o meu desexo de dar a coñecer en todos os casos en que eu o saiba, o dato de quen é o propietario do material, a fin de que se alguén o quere utilizar con fins lucrativos, saiba a quen dirixirse, por ese motivo revisarei todalas entradas, e porei no pé de foto a propiedade de cada unha delas, veredes que son bastantes das publicadas ata agora do fotógrafo Don José Pacheco.
Xa que logo será habitual ver no pé de foto, ou se eles pídenmo, en forma de marca de auga na propia fotografía, a lenda: "Propiedade do Arquivo Municipal Ourensan".
Gracias de novo a todo o persoal dese organismo.
Podedes ampliar información do escudo neste enderezo.

17/4/09

Un exercicio faciliño

Estou afeccionándome a facervos traballar, pero mentres atope colaboración e resposta seguirei.
Hoxe preséntovos unha ponte moi coñecida, pero pouco recoñecido, a súa misión a día de hoxe é primordial, se os plans continúan polos camiños actuais, é posible que se reduza ou desapareza a súa utilidade, recoñecédelo?.

Recórdovos o meu mail por se me queredes facer algún comentario.
Rafasalgado586@hotmail.com

O sábado á tarde poreivos a fotografía completa para os que non o recoñecestes, (poucos serán).

16/4/09

Galicia Aberta


Esta entrada realmente é informativa, no portal Galicia Aberta da Xunta de Galicia, (punto de referencia para a emigración Galega), inaugurouse unha sección que vai pasar a formar parte dos enláces deste blogue.
Trátase dunha recompilación dos activos patrimoniais, das Casas e Agrupacións Galegas no Mundo, nela podedes atopar cadros, esculturas, documentación, fotografías, e material diverso que de seguro vos gustara, nalgún caso será causa de lembranza.
Parte dese material procurarei ensinárvolo no blogue, sobre todo o relacionado directamente coa nosa Provincia.
Hoxe ensínovos este San Roque, un dos patronos da cidade, (non é o de Xan dá Coba, se vos fixades o can aínda que delgado, non desapareceu), que regalou a Xunta no ano 1990 ao Centro Galego de Bos Aires.
No lateral dereito teredes en breve un enlace directo á sección de patrimonio da emigración.

Profesores Maristas

Fotografía do Arquivo dos Irmans Maristas
Xa visitaron o blogue moitos dos alumnos do colexio, e víronse fotografías do edificio, pero faltaba unha parte imprescindible nun centro educativo, Os Profesores.
Aquí tedes dúas imaxes nas que aparecen algúns dos profesores do colexio, en distintas épocas, na primeira podedes ver entre outros a un xoven Irmán Vázquez, coas súas inconfundibles lentes, (se me autoriza poreivos unha fotografía súa deste ano no entroido que vos sorprenderá), ao seu lado estaba Don Miguel Ángel González García (actualmente Cóengo Arquiveiro e alma mater da Revista "Diversarum Rerum", da que onte vos falei), identificar ao resto é cousa vosa.
A outra fotografía é un pouco máis selectiva, no sentido de que non sodes moitos os que recordaredes aos irmáns que nela aparecen, se non me informaron mal, foi obtida na galería do colexio cando estaba na Avenida de Pontevedra, de todos os xeitos algún lembrarase.

Fotografía do arquivo dos Irmans Maristas

15/4/09

E de Cenlle ou do Barco?

Esta fonte que eiqui vos traio, sei que se fixo nos 50 nun dos programas de desenrolo rural do Rexime Franquista, o que non sei e si esta en Cenlle, ou no Barco de Valdeorras, entre outras causas, porque non sei siquera si ainda existe.
Algunha boa persona residente ou coñecedora desas zoas, poderia darnos o dato, seria de agradecer.

Diversarum Rerum


Xa vai polo seu terceiro número, e eu acabo de decatarme da súa existencia, grazas ao meu amigo Manolo, dilixente traballador da Deputación Provincial.
Sería por descoido meu, ou por pouca difusión da súa existencia nos medios de comunicación, sexa cal for a causa do descoido, o caso é que aquí a tedes.

O seu apelido é o de "Revista dos arquivos Catedralicio e diocesano de Ourense", pero polo seu deseño e contido, ben pode dárselle a categoría de libro, baixo a coordinación do Cóengo Arquiveiro M. I. Sr. D. Miguel Ángel González García, (que ao mesmo tempo, móstranos algún dos seus excelentes traballos de investigación), podemos ler traballos de gran calidade de varios autores como Don Clodio González Pérez, Don Manuel Arias Martínez, Don Ernesto Zaragoza Pascual, ou Don Ernesto Iglesias Almeida entre outros.
Publícase grazas á colaboración do Fundación Caixa Galicia.

14/4/09

Refugio do Sagrado Corazón


Aproveitarei esta entrada, para dar as grazas a algún dos meus lectores, que ao mesmo tempo, son colaboradores, (nalgún caso descoñecidos, pero noutros amigos).
Esta fotografía, é froito desa colaboración, segundo parece publícoa o diario "La Región", (que eu saiba nas coleccións de laminas non foi, xa que se é así faltame algunha), e corresponde ao edificio do Refuxio do Sagrado Corazón, nos seus últimos anos, (non vou repetir a historia dese solar, tedes outras imaxes do polo Blogue), o que si é certo, é que nesta se ve con claridade, o Taller Moisés e a Perfumería Suevia.
Grazas de novo aos que me enviades material por mail; por certo comentáronme que existe unha fotografía na que se ve a construción da esquina da "Pastelería Ramos", tampouco teño ningunha vista frontal do "Chalé Losada", animo e esperemos que apareza.

Clube de Atletismo Orense

Fotografía propiedade de Don Marcial Feijoo.
Ano 47, cando toda a mocidade, só tiña ollos para o fútbol, algúns ourensáns, dos que son por natureza deportistas, (e nalgún caso un autentico Dandy, seguirei mostrándovos fotografías de Marcial Feijoo, e coincidiredes comigo), esforzábanse para que a cidade tivese representación nos campionatos doutros deportes, neste caso o Atletismo.
O equipo formábano Outeiriño, Ulloa, Marcial, Rios e Ruiz, a ubicación era no estadio de Riazor na Coruña.

13/4/09

O Salto dos Peares (Tres Rios)

En novembro do 45, declarouse de "Absoluta necesidade nacional", a construción pola empresa Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), do salto dos Peares, pero aínda houbo que agardar tres anos máis para vela culminada; tan magna obra que habería de xerar riqueza a ese bello enclave da provincia, segue en pé, e xerando, ao mesmo tempo que enerxía eléctrica, grandes beneficios aos seus propietarios, estase falando moito estes días do canon eléctrico, pois esperemos que se se fai algo, neste caso si que reverta en beneficio dos habitantes de Tres Ríos, e de Galicia en xeral.
Situada a 1300 metros augas arriba da confluencia dos Ríos Miño, Sil e Bubal.
Os seus datos técnicos, son:

Cuenca da vertente 4442 km2
Capacidade do encoro 240.000.000 m3
Altura sobre a canle 90 m
Volume da presa 400000 m3

12/4/09

A Banda de Rivela

Cando me deixou esta fotografía o amigo Mazaira, xa me comentou, que non tiña a seguridade de que fora a banda de Rivela, pero polos papeis que tiña preto dela, deberia ser asi, se algún de vos ten algun dato destes señores, que mos comunique.
A fotografía cedida por Mazaira, debe ser dos anos 30 ou 40.

11/4/09

Manuel Vazquez Gonzalez (Parte I)



Ultimamente, todos os noticiarios e gacetas, fanse eco da "Lei da Memoria Histórica".
Vouvos achegar a este humilde blogue a historia dun Ourensán, que con 19 anos segundo parece cometeu o grave delito de facilitar roupa e comida a uns bandoleiros, (que casualmente a propia sentenza recoñece que tiñan como filiación política a de Comunistas).
Hoxe limítome a presentar a transcrición realizada polo Xulgado militar, que o sentencio a 25 anos, dos cales cumpriu 10, grazas a amnistías e redencións.
A fin de que sexades vós os que vos fagades unha idea dos feitos, aquí déixovos os documentos. (Chama a atención a confusa redacción da documentación, pero haberá que xustificalo en que posiblemente o escrito sexa obra dun escribiente de reemplazo).
Todos os nomes e datos que podían identificar ao resto de procesados e ao persoal que interveu no xuízo ocultáronse, por carecer da autorización pertinente para a súa publicación, o único nome que aparece, é o de don Manuel, por petición expresa do seu sobriño.
Don Manuel e a sua Dona na rúa da Estrela

10/4/09

Feria de Abril Ourense

Poucos sábeno, pero en Ourense celébranse unhas das mellores Feiras, (de abril ou de calquera mes, que aquí somos "mu chulos", para demostralo aquí tráiovos unha fotografía da caseta que se montaba no colexio das Irmás Carmelitas, era o ano 1966, e faralaes, peites e garbo estaban de "derroche", como é preceptivo, a feira sen touros nin é feira nin é ná, e se rebulides polo blogue, atoparedes a mestres da arte, que participaban tamén nos festexos, o que era escaso eran os cabalos, pero nesta cidade sempre suplimos esa carencia con cabaleiros, que diso se imos "sembraos".
Bromas aparte, os que teñan pensado lucirse polo real, xa saben que comeza o 28 a Feira de Abril en Sevilla.