A intención do Arquivo visual Ourensán, é os poucos, ir xuntando todas esas imaxes, que por separado, teñen sen dubida un valor, pero que no conxunto que poden formar, recollen toda a nosa Historia desde os anos 40 do século XIX, ata hoxe en día.
A nosa busqueda non se limita, as imaxes de persoeiros da nosa historia, senon tamén as dos cidadans que non chegaron a figurar nos "papeis", pero que tiveron un "papel", igual de importante que os outros, o fin e o cabo, todos eran Ourensáns.
En canto os edificios, e rúas pensamos do mesmo xeito, interesanos tanto o edificio representativo, Concello, Hotel Roma, Delegacion de Defensa etc, como o Forno do pan, ou a Tahona onde se tomaba o viño do Ribeiro, (ou da cidade, que tamén era bo), ca sua tapita.
Recoñezemos que posiblemente pequemos dun pouco de avaricia, pero gustarianos ver todas esas vellas imaxes, que tedes nos vosos albums, somentes, pra que todos os Ourensáns as poidan disfrutar.
Noutra entrada vos falarei de como podedes facer pra que non teñades que preocuparvos de nada, nos encargaremonos de escanear ou copiar esas xoias, e devolverllas aos seus donos, que son quen as teñen que seguir disfrutando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario