Construccion do Estadio do Couto no 1952 (fotografia cedida por Patricia Fernandez) |
As entradas desta semana van ser de poucas palabras o que semella.
Trabuqueime no titulo, o que están a facer e o estadio
para facer deporte, debe ser a necesidade que teño de facer exercicio, que xa
me lía as neuronas.
Aproveitando case que todo o solar que ocupaba o
campo Burgas no Couto, e supoño que organizando a zona que estaba a crecer moitísimo
ca construción das diversas fases de vivenda “populares”, nos anos cincuenta
(52) decidiuse preparar o térreno do actual estadio; na fotografía podedes
observar como se tomou preocupación por facerlle un bo drenaxe, de repente aínda
e o que ten hoxe; o que si que mudou foi
o resto do que daquelas se fixo, as gradas de madeira, e as casetas de vestiario
e marcador, (hoxe están aí as oficinas do club).
No hay comentarios:
Publicar un comentario