Sabedes que por decisión voluntaria, decidín manter o blog á marxe da política; e creo que de momento o conseguín.
O día de hoxe, está considerado como xornada de reflexión, e se ben xa aconteceu noutras ocasións ao longo da vida deste blog; esta vez, debido á precaria situación na que se encontra o país, esixinme, se cabe ser máis escrupuloso co tema.
Hei de recoñecer, que non é doado; a ver se vai ter razón, algún amigo que sempre me di, "todo é política". Como vos digo, nesta ocasión me propuxen ser máis esixente, evitando ese tipo de contido, e podo dicirvos que do meu arquivo se foron caendo unha tras outra, a gran maioría das imaxes; unhas porque o personaxe ou personaxes, se poidan identificar dalgún xeito pola súa ideoloxía, outras porque o nome da rúa ou praza, tamén supuxese un encadre, ou mesmo pola existencia nalgún momento da historia dalgunha sede política entre os seus edificios. A maioría dos negocios, dos que se coñece o propietario, tampouco porque esa persoa podería relacionarse tamén coa súa ideoloxía (nalgúns casos penso que descoñecida, ou que non tivo relevancia nas súas actuacións, pero por se acaso...); coa mesma xustificación descarto os deportistas, eu descoñezo da gran maioría a súa adscrición, pero pode ser que algún dos meus lectores a recorde.
Que arrevesadas pódense facer as cousas cando se quere, verdade?
Ao final o problema creo que o solucionei, grazas a estes anuncios, de prensa (non vou citar o diario, xa que iso tamén podería mal interpretarse, a prensa sempre tivo relación con....).
Pero fixarvos que me tiven que ir a finais do século XIX, buscando negocios cuxo propietario non é sinxelo de identificar, e a actividade era do máis corrente; unha Peiteadora de Madrid, unha Academia de Caligrafía, un Remendador de asentos e un Vendedor de carbón e pementos mondongueros.
Se que algún posiblemente encontre algunha pega coa elección, pero por favor non lle deades moitas voltas, non as ten; limitarvos a pensar hoxe que é o mellor que podedes facer mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario