O 20 de novembro de 1911, falecía o profesor Eduardo Moreno López; con motivo desta efemérides, un grupo de ourensanos, leva tempo preparando os actos que permitan recuperar o seu recordo.
Gaditano de nacemento, soubo introducirse na sociedade ourensana, e ser merecedor do respecto dos seus coetáneos. O mellor que se pode dicir del, e non é frase miña, é que foi todo un Mestre.
Verdadeiramente debeu selo, á vista do que os seus discípulos, entre os que se encontraban Cuevillas, Risco e Otero entre outros, dicían del.
Precisamente Don Ramón é o que en máis ocasións se ocupou en eloxiar o personaxe, xa nas palabras escritas con motivo do primeiro aniversario do seu falecemento, como posteriormente noutros textos e conferencias, se percibía no ton de Don Ramón, xa non só o respecto ao mestre, se non admiración e mesmo cariño. Non en van os consellos de Moreno López, influíron na decisión de Don Ramón de retomar os seus estudos en Madrid, en lugar de Salamanca, onde inicialmente pensaba acudir, logo do seu insatisfactorio paso por Santiago.
Pero deixémolo aquí; en poucos días, poderedes ler un texto dedicado á figura do Mestre, e creo que se a economía o permite se fará unha exposición no Instituto no que desenvolveo o seu traballo, o Otero Pedrayo.
A imaxe inferior, é dun dos libros de ensino por él escritos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario