Consejos y avisos

15/11/11

A Fonte do Outeiro


Como vos prometín onte, continuo coa vista de 1906 (aprox.).
Nesta ocasión, para ensinarvos unha fonte que eu descoñecía totalmente, polo menos nesta situación. Comento o da situación, porque a estrutura desta fonte, aínda que polo tamaño da imaxen é complicado facer ningunha afirmación. Correspóndese con outras xa coñecidas, a que estivo na Praza de San Cosme e Damían, e unha das versións que tivemos da Fonte Nova, na praza do Trigo. Como sabedes estas fontes ao igual que a maioría das ourensanas, tiveron unha vida moi viaxada, coñecendo varias zonas da cidade.
Á espera de conseguir máis información; e á vista desta imaxe, podemos afirmar que no que se chamaba campo do Outeiro, (pequeno espazo verde que aínda se conserva ao lado do edificio do antigo cárcere, na fotografía apréciase que era bastante máis grande) estivo situada unha fonte; o cal non e dificil de xustificar, auga na zona non era escasa precisamente, e ainda hoxe non falta. Ahí estaban as Termas do Outeiro, e a casa de baños La Moderna un pouco mais abaixo.
A presenza desa fonte, xa xustifica a entrada, pero se vos fixades na imaxe veredes outros dous detalles polo menos de certo interese, para comprender o modo de vida da nosa cidade naqueles tempos. Por un lado, considerei necesario, poñer o nome, á rúa Progreso. Creo que se fai difícil entender como o que aparece como un camiño de terra, era a principal arteria da cidade. E por outro lado un detalle que eu considero simpático, como é ver un paisano ao lado da fonte co que parece un grupo de galiñas, ou outro tipo de ave.
Intentaremos ampliar a imaxe para ver se conseguimos apreciar e mostrarvos mellor as imaxes.

No hay comentarios: