O amigo Javier Torres, tenme deixado autenticas maravillas fotograficas, (por certo a que onte ia de primeira e da sua colección, que esquecin decilo). Unha delas, e a que hoxe vos mostro, e que me fai sentir, duas sensacions ben distintas.
Por unha banda lembro a primeira entrada que fixen ala polo ano 2008, falando deste solar, na que todo eran dubidas, e por outra alegrome xa que gracias os amigos, hoxe temos no arquivo vistas deste vello edificio, dende todolos angulos posibles.
Espallados plo blog andan datos que falan da Cooperativa Civico Militar, dos seus fundadores, do servicio que daba, e algunha cousa mais. Pero hoxe prefiro que disfrutes da fotografia, sin liarvos con datos. Tempo teremos de recopilalos todos, e facer unha entrada en condicions.
No hay comentarios:
Publicar un comentario