O venres, tiven a fortuna de asistir a presentación dunha nova publicación, da profesora Dª Maria Victoria Carballo-Calero Ramos; para facer o traballo, contou ca colaboración do equipo de investigación AH2; Susana Cendán Caaveiro, Roberto Vazquez Rozas, Jorge Varela Barrio, Angel Dominguez Lopez, Mercedes Bangueses Vazquez, Marta Lopoz Lopez e Jose Luis Martinez Orge.
O libro encuadrase dentro dun proxecto de investigación auspiciado polo Ministerio de Ciencia e Innovacion, (ano 2008), que se complementa ca Web Ilustración en Galicia que podedes visitar neste enlace clic aqui .
Na presentación contaron ca presencia de dous dos principais estudosos do tema a nivel nacional, como son Andres Trapiello, e Juan Manuel Bonet.
A publicación dalgun xeito ven continuar o traballo que a profesora comezou fai anos ca publicación de La ilustración en la Revista Nós (1983), ainda que nesta ocasión abarca a practica totalidade das publicacions feitas en Galicia ata o ano 36. Casualmente unha das publicacions recollidas no libro, e a Revista Céltiga, da que tedes desde fai dous días o numero 1 de agasallo no blog.
En definitiva un traballo moi ben feito, tanto a publicación como a Web, que se constituen como de consulta obligada pra profundizar no tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario