Os amigos de A Bela Auria, quiseron este ano xuntar a sua festa cos actos do aniversario de Nós, e ofrecennos un programa digno de aproveitar. Estas son as suas intencions e a sua programación.
Animadevos e participar.
Como Ciceron, en A Bela Auria, tamén cremos que é imprescindible coidar a memoria. Especialmente nestes tempos escuros que gardan tantos paralelismos co final dos anos 20. Dispostos como estamos a non ser golpeados por unha crise que se ceba na cultura, aínda que sexa a falta desta a que a provoca, presentámosvos o programa de A Bela Auria que aínda que sen orzamento adecuado e coa merma do número de organizadores non quixemos que se dividise, que perdese ou que permacese igual. Quixemos que esta segunda se multiplicase por dous con máis días e novas perspectivas para as actividades. Uníndonos á celebración do aniversario de Nós e intentando manter o espírito.Por iso, a deshora, probablemente non coas mellores formas, á maneira imperiosa que soen dictar as circunstancias, dirixímosnos a vos para pedir, humildemente, a vosa participación nesta A Bela Auria x2. Aquí vos deixamos un resumo do programa acompañado do programa da celebración do Aniversario da publicación da revista Nós.
A Bela Auria x 2 (programa de A Bela Auria e de Nós adxunto)
Do 24 ao 28 de Outubro. conferencias de historia contemporánea no Liceo de Ourense (organiza Alehou e colabora A Bela Auria)
29 de Outubro. Café Cantante no Liceo21. 00 O Home Mosca de Harold Lloyd musicado a piano por Irma Fernández22.30 Concerto de All Latin Jazz24.00 Actuación de Dillei Royalti musica anos 20 e 3030 de Outubro. A romaría dos nenos no Xardín12.30 Banda Municipal e cabezudos da Esmorga13.30 Xantar con polbeira16.30-20.00 obradoiros gratuítos de esgrima, arqueoloxía, xogos tradicionais, xoguetes tradicionais12.30-20.00 exposición o século dos nenos
No hay comentarios:
Publicar un comentario