Consejos y avisos

22/12/10

Reedición do libro de David Simón II

Iba ser a primeira vez que saira unha entrada duplicada no blog, xa saiu o sabado, pero o final vai ter algunha diferencia. David Simón (que nos últimos días sae en todalas entradas), confirmoume que esta reedición, esta revisada, co cal aporta novos e interesantes datos historicos.
Idesme permitir que por primeira vez no blog, unha entrada saia duas veces, sen ter nada novo.
Pero penso que hoxe en día conseguir que un libro se reedite non e sinxelo, e si ainda encima quen o logra e un socio do Arquivo visual Ourensán, loxicamente conta co apoio incondicional deste blog. Por elo, hoxe e o día 22 esta sera a entrada; pra que non digades que non o sabiades.
O libro xa o poiden disfrutar, pero e que non se me malinterprete, foi cun exemplar prestado; a propiedade ainda non a conseguin, (a ver si nesta edición teño mais sorte, mal sera....).
O amigo David, reedicions aparte, ten xa uns cantos traballos circulando por ahí, e dende o meu humilde punto de vista, hoxe e o millor especialista en historia medica da nosa Provincia, (na outra profesión penso que tamén o e, - e medico psiquiatra- pero non ven o caso).
Recomendovos que vaiades a presentación deste libro, que vai pagar a pena, ademais seica ten entre mans algún proxecto mais, e verse acompañado o día 23 pode ser o empurrón definitivo pra que se poña na tarefa de rematalo.
Por certo o libro de "Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975)”, tamén da sua autoria, non o dou atopado nas librerias tampouco, asi es que o millor, tamén merece unha reedición, despois decimas que a xente lee pouco, e resulta que non son poucas as obras que non e sinxelo atopar.
Tedes mais información e articulos do doutor David Simón, no seu blog Diario de un medico de guardia
Felicidades David.
Eu non poderei estar, teño que ir a capital do reino, buscar un paquetiño (ten que voltar a casa polo Nadal), pero se díra chegado non dubides que paserei polo Liceo.

No hay comentarios: