Consejos y avisos

23/12/10

B.B.V.A. en Ourense


Non tiña pensado facer estes días unha entrada con esta tematica, pero penso que a iniciativa do BBVA. mereceo; esoutro día recomendeivos que forades o Colexio (ver o belen dos Maristas), e hoxe digovos que deberiades ir o Banco. Non pra sacar cartos, que estes días e millor no sacalos de paseo, senon pra visitar unha exposición que na sucursal do Progreso presenta o Arquivo Historico do BBVA.
Ten tres partes diferenciadas, e todas son digna de botarlle un ollo, e levar os rapaces pra que vexan como eran estas cousas, antes da era do computador. Tedes por un lado unha fermosa representación do que era un despacho daquelas, con instrumentos, ainda que recoñecibles na actualidad, non carentes de certa rareza, e orixinalidad, como exemplo, sirva un reloxo dos de "fichar", que xa daquelas habia quen se "escaqueaba". Unha boa representación, do que eran as maquinas de escribir da epoca, algunha vaivos resultar extrana; e as bellas alcancias, ou pra ser mais precisos o baul dos cartos, que gardaba a bo recaudo o Sr. Director, que daquelas obligatoriamente levaba o Don. 
Por outra banda, presentan unha boa coleción de billetes dende o ano 1798, ata o fin da nosa añorada peseta. Cantos suspiros escoitanse estes días chorando polo seu regreso (eu non son quen de opinar do tema). E como remate un pequeno percorrido pola historia da entidade na nosa cidade.
Neste punto, tamen podedes botar unha ollada, no blog a vellas entradas, nas que se fala desta entidade, ainda que non o pareza. se facedes clic neste enlace, veredes a oficiña do Banco da Coruña no Paseo, que foi o antecesor da sucursal da esquina da Chevrolet. Banco da Coruña e si mirades a fotografía que vos poño eiqui, teredes unha visión diferente do antecedente desa sucursal na sua ubicación actual, se vos fixades daquelas, estaba ahí o Garaxe Hispano Americano.
Ide por alí, que de seguro que vos gusta, e pode ser unha forma de achegar os rapaces o aforro, (pasan os anos, e continuo a ser un iluso, que lle vou facer....)

No hay comentarios: