Por si acaso tanta celebración trouxo algunha desfeita pra as dentaduras dos meus lectores, recomendareivos uns bos profesionais.
No sei o motivo, pero Ourense nunha etapa da historia, comezos do seculo XX, contou con moi bos profesionales da odontologia, de origen exotico pra o que era habitual naqueles tempos.
Algunha vez, (e volvera a aprecer no blog), falamos do cidadan Turco, (de Constantinopla) Cheriguain, e neste caso presentovos o Sr. Dainow, se non me equivoco, de procedencia centroeuropea, penso que ruso. Estes dous señores xunto co Doutor Villar, encargaronse durante bastantes anos, de coidar os dentes dos nosos devanceiros.
Tiveron a consulta na Praza Maior como vedes, e coido que un tempo tamén viviron nese enderezo, posteriormente pasarón a un piso na rúa Santa Eufemia, esquina Arcediagos, encima de onde hoxe esta o Miudiño (Antiga "La Reconquista")
Do seu fillo, (ou neto), Mario Dainow, tristemente falecido fai non moito tempo, xa falamos nalgunha ocasión, por ser un gran afeccionado a musica.
Esta entrada esta xustificada polo medo que teño a que algun se lle desencaixara a mandibula o leer a entrada de onte.
Esta entrada esta xustificada polo medo que teño a que algun se lle desencaixara a mandibula o leer a entrada de onte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario