Consejos y avisos

15/12/10

O Hospital do San Roque

Xa sei que esta xoia que me enviaron, merece unha entrada con datos que fagan mais interesante a sua visión, pero vos non tedes culpa de que eu ande liado, e merecedes ver unha imaxen deste interese, (dende logo, pra mín teno); non puiden comprobar se era o recorte dunha postal, xa coñecida, pero dende logo o que o fixo, conseguiu que viramos perfectamente o edificio do San Roque.
Pra os despistados, hoxe ocupando practicamente o mesmo espazo, esta o edificio de Correos na Alameda.
Agardo antes de que remate o ano darvos mais datos.
Foi lastima que non me chegara esta fotografía, antes de enviar a que salirá no proximo numero do periodico "Ourense por Barrios"

No hay comentarios: