Xa vos advertín, que iste ano o Nadal, a pesar de todo, ia contar cunha maior relevancia no blog.
Xa vos falei do Belén dos Maristas, e hoxe traivos o que a Asociación de Belenistas da cidade, fai todolos anos; polo que eu sei, antes encargabase do de Baltar na catedral, e dende fai uns anos, coincidindo co traslado de este a sua nova (e iste ano novisima) ubicación; encarganse de montar o do Liceo. Estas fotografías son unha pequena mostra do traballo destes namorados do Arte de facer Belens.


Unha idea pode ser, facer hoxe un paseo pola cidade, (si o tempo acompaña mellor), levando os nenos visitar os belens, tedes o dos Maristas, o do Liceo, o de Baltar, (na praza de San Cosme), o da Catedral, e supoño que ainda que non o sei, algún colexio mais de seguro que tamen monta o seu. (outro ano procurarei enterarme); se tedes tempo e podedes, intentade visitar tamen o que don Jeronimo de Vicente, fai na sua casa todolos anos. (neste caso tedes que chamar, pra concertar a visita 98822868).
Felicidades e grazas polo seu traballo a todos os que decoran o Nadal, dos ourensáns.
Unha aperta e Feliz Nadal os amigos Natalio e Patricia do AVO, que nesto dos belens teñen algo que ver
No hay comentarios:
Publicar un comentario