Consejos y avisos

25/10/10

O Chalet dos.... Taboada?

Antes que nada, agradecervos a vosa colaboración, 38 de vos, molestaronse en dar o seu comentario, sobre a fotografía do luns pasado.
Non coincidiron todas, pero si a gran maioria, incluso algun de vos aporta datos penso que concluintes; o mais significativo, facilitao o amigo Paco Espino, quen me dí que o seu bisavoo, foi quen se encargou da construcción, co cal no quedan posibles dubidas.
Imos afirmar logo que este chalet, estaba no cruce da rua Garcia Mosquera ca rúa Progreso, frente por fronte en García Mosquera, ca fabrica dos chocolates Los Remedios.
Algún de vos tamén so tomou a molestia, de darme datos dos habitantes e usos desa fermosa casa. Así me falades de un apelido Ourensán, os Taboada, nun mail, comentades a posibilidade de Carlos Taboada, e noutro dicenme Taboada Tundidor, poderian ser os dous certos perfectamente, xa que Carlos Taboada Tundidor, foi un respetable ourensán, irmán dun alcalde da cidade, facilitadesme tamén unha posible relación con Don José Perez Davila (Pepito), e outro de vos aproximaa mais, afirmando, que Don Carlos casado en segundas nupcias con dona Carmen Galan, era o pai da esposa de don José Perez Davila, un dos mais recoñecidos avogados da cidade.
E tamén me comentades, que os últimos anos desta edificacion antes de "caer", foi utilizado coma fonda ou cafetaria, e que o pe da palmera, estabase moi a gusto falando cos amigos e tomando un bo viño, ca atenta vixilancia dos Garda civiles que aseguraban o edificio do Carcere, co cal a tranquilidade na terraza estaba garantida.
Xa pra rematar tamén me facilitades o dato, de que na casa do lado por Garcia Mosquera, vivia dona Paz, cuxo marido era pintor, e profesor da escola de artes e oficios. (magoa que non lembren o nome do profesor).
Dos 38 mails recibidos, 32 coinciden nesa ubicación, somentes 6 non a lembran, (eu sinceramente tampouco, co cal somos 7, os que non podemos presumir dese recordo), tres de vos, situadelo fora da cidade, en vilas da provincia, un, pero penso que o millor estaba influenciada por un comentario que lle fixera eu, ubicao na confluencia de Bedoya co Parque de San Lazaro, (descartado), outro, un pouco mais arriba, no cruce de Bedoya, ca avda. de Bos Aires (penso que e complicado), e o último apunta a Praza de San Cosme e Damián, a casa dos Encinas, como posible ubicación; lembro esa casa perfectamente, incluso fai pouco estaba alí unha amiga, no baixo, e podo asegurar que non era esa, a casa da fotografía.
Hoxe mostrovos o outra fachada da casa; a da rúa García Mosquera, e deixaremos o exercicio pra maña.
Sinceramente, volvo darvos as grazas pola vosa colaboración. GRAZAS.  

No hay comentarios: