Fotografías do Arquivo familiar de Don Antonio Rodriguez Martin
Non pensedes que lle vou empezar a facer a competencia, o blog amigo Historia das nosas Mulleres ourensás, que Rosa Cid Galante, con tanta xenerosidade, nos regala. Tedes un enlace fixo no lateral do blog, pero se queredes facede click, e disfrutade del.eiqui
Hoxe e o día do Pilar, patrona de España, e de sempre eu asociei esta festa, como unha festa das mulleres, por eso, e de paso darlle unhos datos a amiga Rosa, poñovos esta fotografía.
A sociedade por fortuna, deixou de considerar as mulleres, como de segunda fila, pode que a igualdade total ainda non se conseguira, pero un salto sustancial, si que temos vivido nos últimos tempos. Eu de feito teño a sensación que xente da miña xeneración, os dos sesenta, xa o vivimos dun xeito moito mais natural e loxico; como dato, (e non quero entrar en mais profundidades), as miñas compañeiras do bachiller no Instituto, nun porcentaxe altisimo, remataron carreira universitaria, Maria José, Salome, Maria Holanda, Angelica, Pia, etc. a quenes aproveito pra enviarlle un agarimoso saudo, (e casualidade que todas exerzan a Mediciña).
O certo e que non sempre foi así, no blog da amiga Rosa Cid, podedes comprobar que as Ourensans que conseguiron rematar unha carreira, eran case como unhas heroes, e ainda encima non pensedes que por ter obtido o titulo, xa o tiñan todo feito, despois ainda tiñan que seguir a demostrar, que eran bos profesionais.
A fotografía de hoxe mostra unha xeración intermedia, entre as primeiras universitarias, e as da miña xeración; e a promocion do 44-51 do I.n.e.m.o. (instituto nacional de enseñanza media de Orense), hoxe Otero Pedrayo, o problema e que quen ma presta, (teño que preguntarlle se me deixa por seu nome), soo ten recoñecidas a tres das mulleres, Olimpia Grande Gago, Marilo Rodriguez Perez e Mercedes Fuentes.
Gustariame que entre todos intentaramos recoñecer a todas, e xa postos si a amiga Rosa nos pode aportar algún dato sobre elas millor.
O titulo que tedes abaixo, era dunha desas mulleres, que naqueles anos non e que tiveran moitas opcions nin facilidades pra estudiar, o de Perito Mercantil, era xunto co de Maestra, as principais opcions que se lle daban.
De paso PARABENS pra todas as Pilares
No hay comentarios:
Publicar un comentario