Consejos y avisos

31/10/10

ἐκεῖνος - Ekeinos - Ese

Deixando o marxe, o obituario (por desgraza inevitable, por cuestions de respeto, e admiración en moitos casos), iste blog, sabedes que non se caracteriza precisamente por seguir a actualidade, hoxe non sei o motivo, decidín facer esta, pra moitos "rara" entrada.
Pode ser que a celebración estes días da F.I.T.O. por certo, cada ano millor. Fixerame lembrar dunha obra de teatro que vín fai un pouquiño mais dun mes; foi na capital do Reino, no teatro Maria Guerrero, e o actor era un tipo con pinta de tolo, destes que ves pola rúa e pensas que vai sacar en calquera momento, o brik do San Simón, (que crueles somos as veces, e que rapido poñemos etiquetas, e non somos quen de aprender dos nosos erros, que son moitos), ou o millor se o pensas e te fixas ben, ten un aire así como de xenio...; bo deixareime de parvadas.
Falo dun dos millores actores, (e digoó así pra evitar discusions), que temos na actualidade, Rafael Alvarez "El Brujo";  inclinome pola segunda opción das apuntadas; é un xenio, quen sino seria capaz de facer una obra de teatro, ou chamalle monologo, (que esta agora tan de moda), como "El Evangelio de San Juan". 
Espectaculo puro, no senso de "espectacular", e douvos datos, o guión sinxelo, reconocible (que che soe coñecido como queremos os que soo buscamos evasión no arte), a quen non lle soan os pasaxes da Biblia, (eso si cunha perspectiva diferente, de seguro que algún poderia decir que incluso irreverente, non o comparto, pero admitiriao), pois decideme unha cousa: como consigues falar case que duas horas da Biblia, e que a xente pense que non pasaron siquera dez minutos. O escenario, unha mesa, unha cadeira e un cabalete, pouco mais. A musica; non sei como expresar a musica, e os efectos musicais que catro señores, (os que xa confeso qué lles teño envexa, por poder ver a diario a representación), fan durante a representación con Voz, Percusión, Corda e Saxo, (o orden penso que e o que gardan no escenario), e un autentico pracer, non debia, pero vouno dicir, a voz e a percusión, ainda que xa fai mais dun mes, sigo a lembralas con deleite.
Penso que o miñor tamén ten algo que ver pra que decidira facer esta entrada, que estes días escoitei a unha actriz, decir, se tes un bo guión e facíl facer un bo papel. Coido que actores como Rafael Álvarez conseguirian que un mal guión dera un bo papel.
Non se si, se notara moito, que o 16 de decembro ven ca sua representación a Vigo, e gustariame volver velo, se poidera ser pola "patilla" millor, pero senón, irei igual. Como diria Doña Lola, "se me queredes irse", a vela, non a perdades. E de paso a ver se alguen trae algunha das suas obras, que ten un par delas pra escoller, e que as podamos gozar eiqui en Auria.  Pra entender o titulo da entrada, teredes que ir ver a obra, senon quedaredevos sen entendelo sintoó.

No hay comentarios: