Que porta vai ser, por que este tolo enche o titulo de signos de interrogación?.
Moi ben da cachola os me coñecedes xa sabedes que non estou, pero como decian os vellos do lugar, (e algún mais), "non ai tolo sin idea".
Son os restos da "Porta da Aira", quen o dubida, eu non dende logo, ou si.
Vale, deixemos as tonterias pra outro día, que o asunto require atención.
De sempre, pensei que o nome da porta, era relativo a unha posible Aira, (lugar onde se mallan ou secan os cereais), que estivera na zona do Posío; e xa me servia así, a mín e a mais xente; e un nome sonoro e agradable, de feito unha fantastica publicación cultural leva ese nome, e un local con encanto e ovos con patacas "fretidas", tamén, (perdón pola fusion destes dous elementos, pero o fin e o cabo cada un no seu campo, os dous son moi bos).
A devantita porta, deu nome a toda unha rua que tiña nela un dos seus limites, a Rúa da porta da Aira, logo chamouse Reina Victoria, e hoxe Xullo Prieto Nespereira. Pois ben, neste punto xurde o lio; que moitos dos padrós de habitantes da Cidade, recollan a rúa como "Puerta del Aire", non e de ter en conta, non sei se xa vos falei nalgunha ocasión do iluminado que propuso castellanizar os nomes de Mariñamansa, e Salto do Can entre outros, (aproveito pra que algún me diga que nomes queria poñerlle?). E tamén esta o tema de que os axentes que confeccionaban esa documentación, as veces, non eran precisamente sobrados de coñecemento, haberia de todo.
O verdadeiro problema, aparece cando diarios como "El Avisador Orensano", o "El Heraldo Gallego", publican anuncios, dando esa denominación a devandita rúa, aparece como "Puerta de Aire", o "Puerta del Aire", penso que Don Valentín Lamas Carvajal, non e sospeitoso de falta de coñecemento.
Co cal non se me ocurre, mais que pensar que Don Valentín, non podia pasar o control de calidade final os seus periodicos, ou que nalgún momento na cidade utilizouse ese nome pra esa rúa.
Se podedes botar luz sobre o tema, agradeceriavolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario