Consejos y avisos

8/9/10

A Romaría da "Virxe dos Remedios"

Este ano, o día Dos Remedios, non vai manter a alegría de anos pasados; a devoción do pobo Ourensán pola súa Virxe, continua intacto, non así por desgraza, o seu santuario á beira do Miño; ao que como xa sabedes o incendio que sufriu no pasado mes de xullo, deixo totalmente calcinado no seu interior.

Pasados estes días de festa, e espero que contando coa colaboración de don Francisco Méndez, intentar facer algunha entrada para que podades recordar o santuario no seu estado orixinal.

Hoxe é o día da Virxe, así que imos intentar non pensar en temas desagradables, e gocemos da romaría.

Aquí tedes para o recordo, a imaxe da Virxe, nunha fotografía tomada no ano 1990; e debaixo o programa de actos, tanto relixiosos como lúdicos, que se desenvolvían nestas datas, alá polo ano de 1861. (Procedentes do arquivo persoal de Don Francisco Méndez).

É curioso ver que un dos actos lúdicos, era a solta dun globo aerostático, fai bastantes anos (que eu saiba polo menos), que se deixou de facer na cidade, pero segue sendo un dos actos principais nas festas maiores da vila de Celanova.

No hay comentarios: