Acaban de rematar as vacacións escolares, ou nalgún caso queda moi pouquiño, co cal é bo momento para retomar as entradas dos colexios.
Os que seguides o blog, xa sabedes que os primeiros en permitirme utilizar o seu arquivo, foron os Maristas, e iso desde logo é de agradecer. Debido a esa deferencia, esta semana sairán varias entradas referentes á comunidade Marista en Ourense.
Os Maristas en Carballiño
Fai máis dun ano, intentando reconstruír os primeiros anos de estancia dos irmáns en Ourense, comprobei que á marxe da súa instalación na cidade, tiveron tamén durante un curto período, colexio en Ribadavia, (de feito algunha fotografía xa está no blog). Atopei tamén algunha referencia, que indicaba a súa presenza na vila de Carballiño, pero non fun capaz de conseguir datos nin confirmación, e podo dicirvos que contactei co Concello, e xente de certa idade; o caso é que cando xa o tiña esquezido; dispúñame a gozar do último libro da serie "Ráigame", dedicado, á Vila do Arenteiro, e pra miña sorpresa, vexo nalgún pé de foto, a lenda Maristas ano ...
Xa intentei contactar co coordinador da obra, (por certo estupenda como todas as da serie Xinzo, Celanova, Rizo etc.), Xosé Manoel Rodríguez González , pero o verán non é bo momento, para eses mesteres.
Aquí déixovos a portada do libro, e unha das fotografías que aparecen dos Maristas en Carballiño, (a calidade non é boa, pero creo que serve para ilustrar o comentario), se algún de vós ten datos da estancia dos irmáns nesa localización, agradeceríavos facilitásedesmos.
Grazas por anticipado. E mañan seguiremos co tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario