Fai xa un tempo que non poñemos fontes no blog, e penso que algunhas merecen figurar nel.
Nos últimos anos da decada dos 50, construironse moitas, nas vilas da provincia, realmente era unha necesidade, dotar dese servicio os habitantes do rural, xa que as que tiñan, eran practicamente regatos cun chorriño pequeno.
Nas imaxes tedes duas que a parte de dar o servizo, contribuiron a embelecer o pobo; supoño que coincidiredes conmigo, en que teñen un aspecto imponente, incluso lembran a nosa Burga.
Como eu ando pouco pola provincia, se algún de vos pode confirmar que seguen en pé, agradeceriallo, e incluso se ainda existen e me facilitades unha actual, publicareina ecantado, como fixen ca de Cenlle.
As fotografías sairon publicadas no libro "Avance de la Provincia de Orense" 1960
No hay comentarios:
Publicar un comentario