Fai unhos días, pra mostraros unha imaxe que non tivera ningún cambio ca actual, tiven que acudir a vidreira da catedral, nunha fotografía de Thomas.
Pra mostraros o caso contrario; que non queden rastros do antiguo estado, sirven moitisimas das fotografías que teño no arquivo.
Eiqui tedes a modo de exemplo, esta fotografía de Xosé Augusto Pacheco, feita na rúa de Ervedelo, a finais dos sesenta, ainda que quedarialle case que unha decada con ese aspecto; logo comezou o frenesí constructivo do que nos fala o amigo Manolo Dominguez nos seus planos do desenrolo da cidade, (ver a sua web http://www.canedo.eu/ ), e o aspecto actual tedelo eiqui abaixo, neste caso coido que non temos ningún reproche que facer, as perdas son perfectamente asumibles, e a calidade de vida gañou moitos enteiros. O progreso ven levado non esta nada mal.
Nalguna conversa con amigos, ten saido o comentario, que poderia ser a rúa un pouco mais ancha, pra millorar a circulación, dos vehiculos na saida da cidade, eu penso que non era nin e preciso, aumentar o numero de vehiculos faria moi incomoda a vida no barrio, e tampouco son tan graves as molestias que se orixinan algun que outro venres, como pra protestar, o que quera ver colas de coches que vaia pra Madrid, que alí tenas de verdade, as deiqui non son colas, son rabiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario