Unha folla do Catalogo do CSIC. 1915 |
Falábavos fai uns días, das fotografías que publicou no seu día a revísta Vida Galega; e comentábavos que en contra da miña crenza de que eran traballos encargados de forma ex profesa para a revista, tratábase na maioría dos casos de copias remitidas polos colaboradores, que estes á súa vez difundían pola súa conta aos posibles interesados; por certo non esquezades que estou buscando máis orixinais, seguide buscando nos vosos álbums, eu intentarei publicar algún exemplo nestes días.
Pero ese non é o tema da entrada de hoxe; do mesma xeito que é fácil atopar en diversos medios e formatos as fotografías popularizadas por Vida Galega; estou dándome conta de que pasa o mesmo, coas fotografías que no seu momento encargou a Comisión Provincial de monumentos histórico e Artísticos da Provincia de Orense. (Calquera día empezarei a chamarlle soamente Comisión, non?..), das que creo que xa vos falei (teño que confirmalo), e cuxa autoría debeuse a Martino.
A amiga Pilar Núñez en febreiro do ano pasado, dábanos todos os datos ao estudar o álbum para a Peza do Mes. Para refrescarvos o tema, recórdovos que a Comisión, xa en 1884 decidiu que sería interesante ter unha colección fotográfica dos monumentos, ou polo menos dos máis significativos da provincia de Ourense, pero non puido ser ata o ano 1895 que ese álbum vise a luz, (o diñeiro adoita ser un gran inimigo da cultura). Posteriormente sabemos que se lle encargo a José Pacheco a realización dunhas copias dese material fotográfico, e na actualidade, (e este é o motivo da entrada), podo confirmar que estas mesmas imaxes, foron utilizadas para algún traballo mais, e obtivéronse máis copias xa naquelas datas, das que inicialmente pensabamos.
Por iso a miña "teoría", é a de que ante a necesidade de imaxes da provincia naqueles anos, a Comisión "tiraba de álbum", ou o que é o mesmo colaboraba con todo aquel que o precisaba, pero debido ao limitado dos medios, o material que facilitaba era sempre o mesmo.
Nalgún caso non ter en conta esta posibilidade de repetición de imaxes, conduce a erros en canto á súa catalogación. Para que o entendades mellor: o álbum do C.S.I.C., (fáleivos del fai uns dez días), publicado en 1915, con material supostamente obtido nesa contorna temporal, 1914-1915; contén imaxes deste álbum, como moito obtidas en 1895.
Portada album da Comision 1895 |
Os poucos estan a aparecer gran cantidad de vellas copias destes exemplares, os que temos que sumar as aparecidas en prensa: ABC 1909, La Esfera 1915, (mostréivola a semana pasada, ruínas de San Francisco), e A Ilustración Española e Americana.
Agas das que pouco a pouco van aparecendo nas mans de institucions e particulares, que nalgun caso conto polo de agora caseque 10 copias orixinais (de epoca); Museo Arqueoloxico, Biblioteca Deputacion, Arquivo Historico, algun particular, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario