Fai tempo que quería mostrar algunha das fotografías que o meu amigo Gonzalo, prestoume, e non encontraba o momento.
|
local nos baixos da Casa dos Temes |
Por iso en vez dunha entrada farei duas en desagravio e agradecemento ao mesmo tempo pola fermosa e abundante colección de fotografías e postais que me prestou.
Hoxe veremos dúas das fotografías que mostran unha praza do ferro, xa coñecida por todos nós, pero que segue chamando a atención cada vez que se encontran imaxes. Trátase de fotografías obtidas nos anos (50-60?) en que se decidiu nivelar a praza, e eliminar os chanzos da fonte; posiblemente a intención fose boa, pero a min non se me ocorren máis que pegas arquitectónicas para que quedase ben, se non, buscade polo blog*, e veredes como quedaba o remate co que eran os soportais da ferraxaría Blanco Vega, o que hoxe é o Duque, certo é que os xubilados da época encontraronlle utilidade rapidamente e converteron ese falso banco en punto de reunión; pero as protestas de comerciantes e veciños conseguiron finalmente que se repuxese a praza ao seu estado orixinal; á fin e ao cabo as prazas en Ourense por tradición teñen que ser en pendente non????.
*Pra que non teñades que revisar todo o blog na busca da foto, eiqui deixovos o enlace Detalle do escalón
|
Praza do Ferro Augusto Pacheco 1960 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario