Recorte da vista xeral do 1906?, propiedade de Candido Ventim |
Comeza o mes con biografias, e non e por casualidade; algunha mais aparecera nestes días polo blog, a de hoxe e froito do traballo do amigo Fernando, quen nos presenta a un "descoñecido" Rosendo Varela; e con el deixovos.
“Ao home bravo a fortuna dalle a mao”. Digo “mao” e non “man”, e fágoo de forma consciente, porque son de Ourense, e, cando a ocasión o permite, xáctome delo, e tamén, porque, este refrán, coa peculiaridade dialectal incluida, serve para condensar a actividade dun ousado industrial, dos que hoxe precisaríamos uns cantos, que “agasallou” con novedosos servizos a un Ourense de principios do século XX, que, camiñaba cara á modernidade. Falo de Rosendo Varela. Posiblemente, o nome nos diga pouco, pero, se nos referimos á Casa de Baños “La Moderna” ou a “La Regidora” a cousa cambia.
O bravo industrial
nado no veciño Concello de Coles en 1885, probará fortuna ao lado da súa dona Ramona, instalando un
figón no baixo do número 16 da rúa Arcedianos de Ourense. Por aquel tempo, nesta
rúa abundaban este tipo de establecementos, que, ofertaban comidas con
fundamento a prezos populares, como Marcial Guerra, no número 8, Ángel Dopazo, no 18, ou Lisardo Gómez, no 21.
A prosperidade
do local, fixo medrar as espectativas de negocio da familia, que culminarán coa
inauguración, o 6 de xuño de 1933, do hotel-restaurante “La Regidora”, sito na
rúa do Progreso, no lugar onde se emprazara a Audiencia Provincial,
O triunfo
do establecemento radicaba na cociña de Ramona Nóvoa, descrita na prensa local como
a “mellor cociñeira de Galicia”. O luminoso comedor, estaba flanqueado por ventanais que daban ao Progreso e á
Alameda. No salón, de sinxela decoración, podíase degustar unha ampla carta que
incluía pratos “dos de verdade”,
entre os que estaban: o polo con guisantes, a merluza con maionesa, cabrito
asado, troitas, anguías,…, e, a mellor repostería entre á que destacaban as
tradicionais filloas.
As fermosas
fillas do matrimonio, de nomes Conchita e Maruja ,auxiliaban aos seus país no
negocio, e, en ocasións sinaladas, a primeira delas interpretaba, de xeito
maxistral, multitude de composicións ao piano. As modernas e ventiladas
habitacións daban caché a un hotel situado nunha zona privilexada.
Coa idea de
diversificar as inversións, e repartir o risco, D. Rosendo adquire a Casa de
Baños “La Moderna”, próxima a “La Regidora, e coñecida tamén por “Do inválido”,
de “San Roque”, de “Santa Lucía” ou de “San Lázaro”. Solo este singular lugar
ocuparía gran cantidade dun espazo do que non dispoño,.., tal vez noutra
ocasión porque con tanto falar de manduca espertou o meu apetito, marcho comer,
.., antes lavarei as “maos”.
O comedor nos últimos anos con Xosé Ramón lendo o periodico nos dominios de Rosiña. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario