Consejos y avisos

22/5/12

Imos Ourense

   O habitual é que este blog, escape das noticias de actualidade, por diversas razóns; a principal é evitar dar as miñas impresións sobre moitos dos feitos que sufrimos; xa que nalgúns casos poden non ser coincidentes coas dos lectores, e non me gustaría caer na ditadura do que controla o medio.
   Nesta ocasión ídesme a permitir romper a miña norma, para dar ánimos ao equipo de futbol da cidade; Clube Deportivo Ourense, atópase en condicións de regresar a 2ª B, non é que iso sexa a solución a ningún dos nosos problemas, pero polo menos pode axudar a pasar un intre entretido os domingos no campo do Couto aos afeccionados.

   Como dicía o meu pai, os domingos hai que ir ao "Campo", a respirar aire PURO, en referencia aos caliqueños que a parroquia prendía con motivo do evento deportivo dominical, creo recordar que tamén se ía a insultar ao árbitro para relaxar tensións, pero iso é outra historia, e ademais ese costume sería mellor deixala caer no esquecemento.

   Aquí déixovos dúas fotografías históricas do equipo, que corresponden a dous ascensos; do primeiro non podo dicirvos nada, eu aínda non nacera (1958-59); con todo do segundo, durante moito tempo sóubenme de corrido a aliñación, aínda hoxe en día recordo a moitos deles , é posible que fose porque tiña dez anos daquelas, e na cidade tíñaselles como a heroes (na propia foto, que é un poster do As Color, utilizouse tamen nunha coleccion de cromos , tedes os nomes desa mítica aliñación).
Imos Ourense

Aproveito pra darlle as grazas o Sr. Montenegro, que nos últimos tempos deixoume unhas cantas fotografias por medio do amigo Javier Torres.

No hay comentarios: