Páginas

8/5/12

Rosendo Varela (Fernando Valcarcel)

Recorte da vista xeral do 1906?, propiedade de Candido Ventim

Comeza o mes con biografias, e non e por casualidade; algunha mais aparecera nestes días polo blog, a de hoxe e froito do traballo do amigo Fernando, quen nos presenta a un "descoñecido" Rosendo Varela; e con el  deixovos.


    “Ao home bravo  a fortuna  dalle a mao”. Digo “mao” e non “man”, e fágoo de forma consciente, porque son de Ourense, e, cando a ocasión o permite, xáctome delo,  e tamén, porque, este refrán, coa peculiaridade dialectal incluida, serve para condensar a actividade dun ousado industrial, dos que hoxe precisaríamos uns cantos, que “agasallou” con novedosos servizos a un Ourense de principios do século XX, que, camiñaba cara á modernidade. Falo de Rosendo Varela. Posiblemente, o nome nos diga pouco, pero, se nos referimos á Casa de Baños “La Moderna” ou a “La Regidora” a cousa cambia.


O bravo industrial nado no veciño Concello de Coles en 1885, probará fortuna  ao lado da súa dona Ramona, instalando un figón no baixo do número 16 da rúa Arcedianos de Ourense. Por aquel tempo, nesta rúa abundaban este tipo de establecementos, que, ofertaban comidas con fundamento a prezos populares, como Marcial Guerra, no número 8, Ángel Dopazo, no 18, ou Lisardo Gómez, no 21.
A prosperidade do local, fixo medrar as espectativas de negocio da familia, que culminarán coa inauguración, o 6 de xuño de 1933, do hotel-restaurante “La Regidora”, sito na rúa do Progreso, no lugar onde se emprazara a Audiencia Provincial,
O triunfo do establecemento radicaba na cociña de Ramona Nóvoa, descrita na prensa local como a “mellor cociñeira de Galicia”. O luminoso comedor, estaba flanqueado  por ventanais que daban ao Progreso e á Alameda. No salón, de sinxela decoración, podíase degustar unha ampla carta que incluía pratos “dos de verdade”, entre os que estaban: o polo con guisantes, a merluza con maionesa, cabrito asado, troitas, anguías,…, e, a mellor repostería entre á que destacaban as tradicionais filloas.
As fermosas fillas do matrimonio, de nomes Conchita e Maruja ,auxiliaban aos seus país no negocio, e, en ocasións sinaladas, a primeira delas interpretaba, de xeito maxistral, multitude de composicións ao piano. As modernas e ventiladas habitacións daban caché a un hotel situado nunha zona privilexada.
Coa idea de diversificar as inversións, e repartir o risco, D. Rosendo adquire a Casa de Baños “La Moderna”, próxima a “La Regidora, e coñecida tamén por “Do inválido”, de “San Roque”, de “Santa Lucía” ou de “San Lázaro”. Solo este singular lugar ocuparía gran cantidade dun espazo do que non dispoño,.., tal vez noutra ocasión porque con tanto falar de manduca espertou o meu apetito, marcho comer, .., antes lavarei as “maos”.

O comedor nos últimos anos con Xosé Ramón lendo o periodico nos dominios de Rosiña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias