O amigo Javier Torres, non para de buscar xoias do noso Ourense; e déixome estes días unhas fotografías de Augusto Pacheco.
Xa el deuse conta, de que tiñan un pequeno problema: trátase dunhas copias feitas dos orixinais, (supoño que dos negativos), e o que realizou as copias, por descoido fíxoas ao revés, polo menos algunha delas.
Ao revisalas, dásche conta de que ás veces é moi difícil distinguir o erro; ver o edificio do INSS, onde esperas ver a Torre, evidentemente chama a atención e é un erro fácil de detectar. Con todo, outras das imaxes non cho pon tan fácil, e se non fose pola pista do posible fallo en todas as copias, ben puidese pasar desapercibido o erro.
Bo, ao que imos. Logo de escanear as fotografías, devolvinllas a Javier, empecei a viralas, pero nun descoido borrei algunhas, da primeira copia que adoito facer, en definitiva agora non se cal é a escaneada, e cal a virada.
A ver se me podedes botar unha man e axudádesme a identificar a correcta, non me atrevo a facer comentarios da fotografía, (dos anos sesenta?), sin saber poñela ben.
Respostas ao mail ourensenotempo@hotmail.com
Se cadra non estou a contar toda a verdade, pero é que se achega outro período de vacacións pra o blog, e gustaríame que empezásedes a afacervos aos exercicios que adoito pór durante eses días de lecer pra vos e pra mín, pra suplir a escaseza e entradas.
Xa vos adianto que este ano desde aproximadamente o 20 de xullo e o 30 de Agosto, como moito farei dúas entradas semanais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario