A fotografía escolar, e unha das mais "gustosas" de ver co paso do tempo. Si son de grupo, porque nelas recoñeces amigos, que as veces a vida levou por outros derroteros, e fai tempo que non ves; as historicas porque permiten ver unha imaxen diferente de bisavós, avós, e mesmo persoeiros da cidade, que como non, tamen tiveron a sua etapa de rapaces.
As individuais como a que hoxe vos mostro, tentaban facer que o retratado estivera rodeado de cultura, mapas, libros, diccionarios, as veces biblias, e todos os obxetos precisos pra facer do rapaz unha "persoa de proveito".
Recompilar este tipo de fotografías, permite obter moitisimos datos, da historia que eu chamo pequena; pequena, porque trata de detalles aparentemente sin importancia, pero que ben pensado, ilustran perfectamente o devenir da sociedade. Comparade senon unha fotografía dos rapaces de Loñoa (que anda polo blog), nos anos trinta, con algunha das dos colexios da cidade de comezos do século pasado, (tedes varias no blog), veredes que ainda que pareza extrano o vestuario non era tan diferente; loxicamente esto precisaria de algunha explicación, como o detalle de que no rural moitos rapaces, as mas das veces os mais necesitados, non ian a escola, por ter que axudar na casa; e moitas mais posibilidades, que nunha entrada seria complicado resumir.
A fotografía de hoxe que nos deixou a amiga Angeles Mojón, e dun neno (vouno deixar no "economato", perdón anonimato), que no curso 68 - 69, senon me trabuco, no colexio Sueiro con dona Pacita, tiña cara de bo rapaz, hoxe non sei que dicir....
Gracias José
No hay comentarios:
Publicar un comentario