Non imos descubrir hoxe a este intelectual e politico Ourensán; o motivo da sua presenza no blog, e que esta noite, poderemos dar unha volta pola cidade percorrendo os espazos relacionados ca sua biografía na nosa cidade, facendo unha homaxe a este Home que deu a sua vida por Galicia .
Pra que non vos despistedes, xa que supoño que como a mín os teran chegado estes dous tripticos, o acto sera a noite de hoxe, (do venres o sabado), dende as doce da noite, atá mais ou menos as duas. O comezo sera na Plaza de Don Bosco preto do colexio dos Salesianos, e o remate diante da casa natal na rúa da Barreira.
Neste segundo triptico, non vos fixedes na fotografia que aparece do Goberno Civil, xa que por un erro puseron o edificio actual, cando penso que querian poñer o edificio da Deputación, onde naqueles anos estaban estes dous organismos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario