Consejos y avisos

11/4/11

Ourense por Barrios

Na entrada de onte, daba as grazas o diario La Región, pola sua colaboración durante a exposición que o A.v.O. mostra no Museo Municipal.
O caso e que seria unha inxusticia, non dar as grazas tamén, o periodico mensual Ourense por Barrios, que nos últimos meses, tamén esta a colaborar con nos.
Aproveitando que o mes pasado, por error envieille un arquivo equivocado, co cal faltaba caseque todo o texto, (pido desculpas porque xa o comprobei e foi un erro meu), poñovos eiqui a que iba ser a entrada do Ourense por Barrios do mes de Marzo. O primeiro parrafo foi o unico que saiu.

"A maioria das fotografías antigas as que se lle da interés, son as que mostran rúas ou edificios xa desaparecidos. No Arquivo visual Ourensán, pensamos, que e preciso, conservar todas as que existen, dado que todas aportan algún dato para a Historia; ao marxe da beleza que se atopa nesas imaxes de tonos sepia, e marcas do inexorable paso do tempo. Existen moitos datos que se poden extraer delas.

Advertindo que non somos profesionais, senón meros afeccionados. Gustaríanos ir suxerindo métodos para poder identificar aos profesionais, as datas e os lugares onde se obtiveron esas imaxes.
O primeiro que nos gustaría resaltar, é que sempre que sexa posible, debemos prestar moita atención aos bordos, e a traseira das fotografías, nelas aparece a maior parte das veces, mais información que na propia imaxe.
A fotografía que hoxe vos propomos, móstranos un ramallete de belezas ourensás durante o que supomos é unha batalla de flores. Á marxe da posible identificación dalgún dos personaxes, que seria de gran axuda; datos como o vestiario son moi importantes, (nesta ocasión poderían inducir a equivoco, dado que poderían ser disfraces). A contorna tamén sería interesante; fixarvos no cartel do H. La Barcelonesa.
Hoxe non queremos que vos fixedes na fotografía, senón no soporte. O passe-partout empregado polo fotógrafo, xa nos confirma que é un traballo do estudo Pacheco; a dirección que se nos achega do estudo, Alba 9, permite acoutar as datas, entre aprox. o ano 1899 en que Don José abriu o seu estudo nese emprazamento, e o ano 1915 en que Don Luís Espada Guntin foi nomeado ministro de Fomento, (causa pola cal dedicouselle a rúa en que residía coa súa familia no edificio número 2).
Para non deixarvos coas dúbidas, dirémosvos que a fotografía obtívose aprox. contorna a 1910, na rúa Progreso actual número 127 (H. Barcelonesa), o autor é Don José Pacheco (José de Sousa Guedes Pacheco)."

Moitas Grazas a Ourense por Barrios, a La Región, e teñen a porta aberta todolos medios de comunicación Ourensanos. Entre todos poderemos facer ese arquivo visual da nosa cidade, (e si podemos da Provincia), que nos gustaria "ter". Millor dito "ver".

No hay comentarios: