Penso non errar, o recomendarvos que este sabado e domingo, busquedes un oco nas vosas axendas, e pasedes un rato estupendo, facendo unha visita a lo menos a duas salas de exposición da cidade.
Pouco teñen que ver unha ca outra. Na fantastica mostra da colección Zanchi, teredes oportunidade de disfrutar da beleza, da armonia, en fin de obras maestras, do arte, que por fortuna podemos gozar sin ter que ir a Roma, Madrid, Paris etc. A ver si cunde o exemplo, e os nosos rapaces empezan a ver se xeito frecuente, obras deste estilo, que a ben seguro seran un perfecto complemento na sua educación.
A outra e unha "cousa", diferente, pero penso que agradable e moi apropiada pra visitar en familia, refirome por si non o sabedes a Exposición que presentaron os amigos do Arquivo visual Ourensán estes días. (perdón, onte dixen que ia deixar o tema, pero e que me esquecin de dar as grazas o amigo, Fernando del Rio, e seria inxusto, non agradecerlle os seus desvelos, e a gran axuda, que a mín de xeito persoal, e o A.v.O. como asociación, nos ten prestado. Grazas Fernando e un pracer terte como amigo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario