Non sei o que opinaredes vos o rematar de leer esta entrada, pero a mín gustoume facela, e espero que os implicados me digan se e do seu agrado, ou incluso se queren que a retire do blog, cousa que de ser preciso farei de xeito inmediato.
Comezarei por decir que non vou personalizar, xa que no texto podense reflexar moitos dos industriais que marcaron una época na nosa cidade, Mazaira, Moretón, Eire, Villanueva, Cuevas, Tabares, apelidos que supoño a ninguen lle van soar extranos.
A millora das comunicacions, efectiva en Auria, a partires de finais do século XIX (1865....), foi un argumento mais que suficiente, pra que homes emprendedores, viran as posibilidades de negocio, que esa apertura de carreteras, e vias abria o Progreso. Houbo un feito que rematou por abrir as expectativas, i ese foi o aumento das vias do ferrocarril. (non vou falar agora das estacions da cidade, nin das aperturas de novas liñas, eso deixollo os amigos de Carrileiros, a quenes aproveito por felicitar polas milloras que ultimamente estan a ter nas suas xa multiples instalacions. Mereciannas.).
A Ourense, chegaron estes homes, ca clara idea de mellorar as suas vidas, e con elo facer crecer os que os rodeaban; cada un tivo mais ou menos fortuna, pero todos eles traballaron arreo, pra que a vida na nosa cidade fose mais comoda.
O entorno de Canedo, e a rúa do Progreso, foron os lugares escollidos, pra a sua instalación, ou o que e o mesmo, a Carretera ou o Ferrocarril, marcaban o lugar, as mercancias tiñan que chegar o mais rapido posible, o seu almacenaxe requeria de moita man de obra, e o seu reparto mais do mismo, co cal o traballo daquelas habiao; as condicion laborais, non eran certamente as millores, pero ainda así supuseron un avance moi importante, no desenrolo do que era unha cidade "agricola", como a nosa.
Non contaron inicialmente co beneplacito de todolos ourensans; o propio Don Ramón, referiase a algun deles con no moito cariño precisamente; non deixaban de ser intermediarios, co que eso ten de especulación; pero teremos que recoñecer que daquelas era posiblemente a forma de progresar, ou pra non entrar en discusions, foi a que tivemos.
O marxe dos temas de clase e negocio; o que a mí mais me gusta lembrar, son as partes agradables das "hestoreas", e neste caso o punto estrela, foi o nacemento da "Tarxeta de credito de estraza". Xa esta este tolo con outra das suas; eso non existe. Pois non, de xeito oficial non existe nin existiu, pero eu ainda na miña etapa de "estudo", tiven que utilizala, (as copas non as fiaban, e o pan e o leite na tenda do barrio, si, Grazas Eloy). O fiado personal, non o bancario, que eso xa e outra cousa mais sesuda; foi a solución pra moitos dos ourensans. O recoller o froito das terras, todo era abundancia, pero co paso dos meses iase acabando a fartura, e comer habia que comer igual, co cal era moi habitual, achegarse o almacen do ...., e deixalo a conta.
Vouno deixar por hoxe, que me estou a alargar moito, e non quero aburrir demasiado.
A fotografía que e o millor da entrada, e unha autentica xoia, que lle agradezo o meu amigo ....., (que me diga el si quere que lle poña nome, faria moi sinxelo recoñecer a familia). Poderia ser perfectamente a portada dun libro que falara de todos eses Maragatos, Zamoranos, Vallisoletanos etc, que axudaron a construir o que hoxe e a nosa cidade. Nela podemos ver un deles, preparado pra comezar o viaxe de Tiedra a Ourense, co mulo ben cargado de provisions, e sobre todo de moitas ilusions.
No hay comentarios:
Publicar un comentario