Consejos y avisos

3/4/11

No coche polo Museo

Levaba feita esta entrada, case que una sema, e cousa que non me gusta facer, onte borreina e refixena enteiriña, supoño que a causa e o cabreo que teño, explicovolo:
O venres como cada vez menos afortunados, tiven que traballar, (por chamarlle dalgun xeito o que eu fago); pois lembraredes que facia un dia primaveral, fermosisimo; incluso o vento que alguen tildou de desagradable, penso que colaborou a que as temperaturas foran mais soportables; pois ben, onte que xa tiña plans o ceo cubrese, e caen algunhas "gotiñas", eso si espalladas, pero que ..... igual.
Con esto e o outro, ala se foron os meus plans o .. "roble", (ia poñer "carballo", pero por si algun rapaz lee esto, hai que ter coidado co vocabulario).
Pra que o entendades millor, contovos os meus plans; o amigo Arcadio Vila (foto Arcadio Monforte de Lemos), deixounos pra exposición, que imos presentar o mercores día 6 as oito da tarde no Museo Municipal (rúa Lepanto, zoa viños. Por si non o sabiades hai un Museo nos viños),  este fermoso e potente descapotable, e pra ver que tal ia, pensei dar unha voltiña ata Allariz, e si quedaban ganas, intentar chegar a unhas poblacions que non coñezo, pero que estan nesa dirección, Mingarabeiza, e Chaguazoso, das que un amigo meu tenme falado maravillas, e ainda non tiven oportunidade de visitar.
Pero que se lle vai facer cando non se pode non se pode, entenderedes que non me puiden arriscar a que se mollara o flamante automovil; como o iamos poñer logo ca tapiceria mollada no Museo. O non poder probalo, non podo asegurar se arrancara, de todolos xeito alí vai estar agardando por si o queredes ver, incluso se queredes deixaremovos sacar unas fotiños dentro del.
Veña maña xa se tera pasado o meu cabreo, e voltarei a normalidade.
Hoxe perdoade polas tonterias, a entrada e de coña, pero e que coche tamén o é.

No hay comentarios: