Consejos y avisos

1/3/10

Ponte "Bella", madereiras, e a cuadratura do Arco

Foron uns cantos os mails, que me teñen preguntado por unhas montoneiras de madera que nalgunha imaxe, podense ollar preto da Ponte Nova, polo de agora eu ainda non colguei ningunha nas que se ven, pero fareinno en breve; tratase das industrias madereiras que houbo na cidade, de feito non fai moito que traballaba unha na Avda. de Portugal, e outra no final da rúa Marcelo Macías, incluso ainda que non dentro da cidade, queda unha na carretera de Madrid.
Teño moi pouquiños datos das antigas, e ese e o motivo de que non pusera as imaxes.
No caso da de hoxe, e que sa botei fora a toalla, (ou panho), e non son quen de conseguir información, por eso deixovos a vos as pesquisas; que grande empresa madereira estivo no Ribeiriño???.
E xa que falamos da nosa Ponte Bella, ensinovos tamén esta outra imaxen; non se trata de que a xente do Ribeiro decidira facer unha demostracción agricola o pé da Ponte.
Esta era a nosa Ponte Maior, cando vivir da agricultura, era posible, cando as terras pagaba a pena cultivalas, e non botarlle hormigon enriba; cando ninguen pensaba en atravesarlle un ollo por culpa dunhos "abscesos" a Galicia.
Por si es caso, e non entendedes esto último, e que volvín ver estes días o proxecto que se fixo, (por sorte somentes no papel), pra cuadricularlle un dos arcos, e que queredes que vos diga, pareceme surrealista que alguen poidera plantexar algo dese calibre.

No hay comentarios: