Consejos y avisos

19/3/10

Día do Pai

Non me trabuquei o subir as fotografías; pensei que o loxico no día do pai, seria ver os rapazes, senon fora por eles, non haberia pais, dito esto que penso queda ben, e o que algun listillo tentara sacarlle proveito, agardo que cando podiades ler esta entrada, a maioria estedes disfrutando do agasallo dos fillos; no meu caso, e ainda que eles non rematan de crelo, prefiro que sigan mantendo a costume de facer algo persoalmente, eses dibuxiños, que me traian de pequeniños, aquela pinza cunha volvoreta de papel, o cubo cas suas caras pintadas co retrato de toda a familia, ou nos ultimos tempos as composicions fotograficas feitas ca axuda do ordenador.
As fotografías non corresponden cos meus fillos, son moi novos pra sair neste blogue, (ainda que alguna excepción pode haber). Pertencen a fabulosa colección fotografíca que o Etnoloxico de Ribadavia, posee do estudio Foto Chao; e sairon publicadas no V Albúm para o reencontro Ribadavia e os Ribadavienses, e datan do ano 25 unha, e dun ano ou dous despois a outra.
Aproveito pra recomendarvos que visitedes os blogs que dona Matilde Chao descendente destes fotografos, ten na rede, (si entrades no blog http://ribadaviafotosdelcajondelosrecuerdos.blogspot.com/ teredes acceso os outros dous que ten,e xa postos a navegar pola rede podedes botar un ollo o fantastico blog do amigo Julio Freijido http://maquians.blogspot.com/ ).
Feliz día do Pai

No hay comentarios: