
Falaba onte do Jorulo, e mencionaba, o tema da carencia de instalacións deportivas; pois anos máis tarde, podedes ver que o problema non é que se solucionara, (aínda hoxe a pesar de Monterrey as carencias son manifestas), pero polo menos si que mellorara substancialmente; construíse o pavillón dos Remedios, utilizábanse as instalacións dos Salesianos, o Xardín do Posío, en máis dunha ocasión prestou servizos de estadio atlético; cando se dispuña de orzamento, podiamos usar as pistas dos Milagres, e en plan luxo, na cidade ocasionalmente, o Estadio do Couto ata permitía ao público que acudía a ver aos seus figuras, fixéseo comodamente no seu asento; non me esquezo do desaparecido campo dos Maristas, pero é, que se dedicaba caseque exclusivamente ao fútbol.
Centrándonos nas fotografías, corresponden ao ano 71 (teño que confirmalo, esquezín anotar o dato correctamente), e trátase dun torneo provincial, poida que o precursor do que hoxe é a Copa Deputación; ademais de atletismo, disputábase competición en bastantes disciplinas deportivas.
A proba como xa recoñeceriades, celebrábase nas Lagoas, (non mencionei esta localización como instalación deportiva, pero ben se podería facer; recordo cando se fixo a urbanización, antes de comezar a construción dos edificios, que eran moitos os deportistas que aproveitaban aquel terreo para adestrar, que llo pregunten aos xogadores do Club Carreira; poida que o blog amigo http://fotofutbolourense.blogspot.com teña máis datos.)

No hay comentarios:
Publicar un comentario