
Igrexia da nosa señora da Misericordia de Vista Fermosa
Seminario Menor Ourense
Mandada construir por el obispo Dr Jose de la Cuesta y Maroto (1866-1871), no seu exterior, mostraba unha fermosisima estampa, o seu adro, ornado ca presenza de varias figuras de bela execución, (penso que daquelas eran trece), daba un aspecto magnifico a sua fachada de estilo gotico, hoxe despois de varias reformas, as do seu lateral esquerdo, desapareceron, e si ben continua a ter un fermoso aspecto, non ten comparanza co que foi.
Por ver a A igrexia en sí, xa paga a pena dar un paseo cara esa zona, pero e que a maiores teredes oportunidad de ollar unhas fermosisimas vistas da cidade.
Se revisades o blog, veredes as outras duas fotografías que teño desta Igrexia; pra os que non teñen tempo pra andar paseando polo blog, eiqui tedes o acceso direito a unha mala montaxe que fixen das duas, no que se ve os fundadores do colexio Maristas, posando diante do adro (1908).
O seu interior non podo describilo, xa que nin teño imaxes, nin e posible visitala; e de uso exclusivo da familia seminarista, polo que teño entendido.
Se queredes ter mais datos, podedes acceder a páxina web do Seminario Menor, onde falan con mais detalle da historia da construcción do Seminario, e un pouquiño da sua igrexia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario