Que Galicia é moi bela, escoitámolo con frecuencia; o que non está claro é que saibamos gozalo, e conservalo. Dende moi novo, coñecín as pozas de Melón; un ano achegámonos de excursión a outras que eu chamo de San Fis, (non sei se é o seu nome real), alá por Montederramo; e un pouco máis preto, en Punxin está a do Barbantiño; tamén encontrei na rede unhas imaxes doutra que está en Castro Caldelas, e se coñece como Fervenza do Cachón; e hoxe xa todos coñecemos as populares de Outariz e Muiño dá Veiga.
O estraño, é que esta poza que grazas a Pacheco podemos recordar con toda a súa beleza, aínda que a busquei, non a dou atopado. Na zona do Polvorín é posible que algún veciño a lembre, pero o seu aspecto non era este seguramente.
O poeta e escritor Heraclio Pérez Placer, contábanos a triste historia que deu nome ao Puzo dá Sila, e ao Puzo do Inferno.
E a min, vendo esta imaxe ocorréuseme recomendarvos, que nunha destas tardes de verán, busquedes unha boa sombra, se é posible preto dun regato ou fonte onde corra a auga, e leades algún texto de don Heraclio, ou de Álvarez de Novoa, ou de Alberto García Ferreiro, seguro que vos gustase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario