Consejos y avisos

21/3/12

O novo proxecto de M. A. Martinez Coello

Frain

   Esta semana as entradas están a ser todas de novas adquisicións para o arquivo; e a de hoxe aínda que noutro estilo, pero tamén vai de algo novo.

   Coñecín recentemente este artista dos pinceis, e confeso que a súa obra encaixa directamente no grupo de "me gusta"; (non se trata dunha copia do sistema feisbu, os que me seguen, saben que só me atrevo a valorar a arte desa forma, me gusta, non me gusta). Pero non vou falarvos do seu estilo, iso non é o meu; o que se quero contarvos, e de paso pedirvos a vosa colaboración se o desexades, é o ilusionante proxecto que Miguel esta desenvolvendo, e para o cal pide a miña colaboración, que dende logo xa ten.

Marcos Valcarcel
  En varias entradas faleivos deses personaxes centrañables, que pasearon pola nosa Auria, e dalgún xeito deixaron a súa pegada nos ourensanos, xentes con mais ou menos fortuna, con mais ou menos graza, pero boa xente en fin; nomes como Frain, La Negra, El Medallas, Popotito, Pepiño, El Peixe, Os Pandegos etc., se unen a algúns actuais, (que non vou citar sen o seu permiso), para conformar esa intrahistoria local repleta de anécdotas case sempre simpáticas.
   A idea de Miguel, é retomar as relacións que dende o seu nacemento tiveron a pintura e a fotografía, e realizar sobre a base de fotografías deses personaxes, cadros cheos de cor, que dalgún xeito lles fagan volver á cidade.                     As fotografías ponas o A.v.O., (ben, se tedes algunha tamén agradeceriámosvos que nolas prestásedes), a arte Miguel, e necesitamos que vós nos acheguedes datos, anécdotas, e mesmo nos presentedes a algún deles, loxicamente a todos non os coñecemos, (somos novos).
Haberá que seguir traballando no tema porque o proxecto quere enlazar tamén cos personaxes do mundo da cultura; pero pouco a pouco; de momento intentade buscar recordos e imaxes destes ourensanos, e entre todos lle daremos forma á idea de Miguel.
   Gozade destes tres traballos que hoxe vos presento, froito dos pinceis de Martínez Coello; se buscades polo blog, poderedes ver as fotografías das que tomou o modelo.

A terceira, a Beleza de Auria, forma parte doutro proxecto do que xa vos falarei.

Beleza de Auria

No hay comentarios: